Tesouro lingüístico dos nosos pais e avós (1): incina

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Tesouro lingüístico dos nosos pais e avós (1): incina

Mensagempor casdeiro » segunda, 16 ago 2004, 18:36

Gustaríame abrir un fío ou unha serie de fíos acerca dese tesouro lingüístico que gardan en si os nosos maiores.

¿Non vos ten pasado que lles escoitades palabras que non veñen no diccionario galego?

A min pasoume decote...

Sería unha boa idea compartirmos cada un as palabras ou construccións gramaticais máis curiosas que lles temos escoitado aos nosos pais, avós, tíos... Quizáis algún filólogo se anime despois a lles dar unha explicación ou un lexicógrafo ás recoller nalgunha escolma da fala galega que gardaron os emigrantes.

Presento como primeira contribución miña neste sentido unha das últimas palabras que lle teño escoitado a miña nai. Debe ser propia daz zonas centrais de Galiza xa que a que a dixo foi unha tía miña nada en Sobrado e miña nai quen ma trasmitiu, tamén séndolle coñecida a ela, que procede de Boimorto:

A escrita da palabra provócame moitas dúbidas xa que non fun capaz de interpretar a diferencia entre as "e" e as "i" (xa sabedes que en galego a "e" pode ter unha pronuncia moi próxima á da "i", a chamada "e" pechada ou curta), pero sería algo como:

incinar/encinar/incenar/encenar en alguén

O significado é algo así como malmeter, predispoñer a unha persoa contra outra. Eu non creo que sexa unha deformar de "incitar", por unha parte porque a trasformación de "t" a "n" paréceme moi pouco probable. Por outra, porque a preposición coa que usan "en" non tería sentido con "incitar".

Exemplo de uso: "Xan estivo incinando en Carmiña para que non fose con Xosé á festa".

¿Podería derivarse de inquina????

Espero as vosas opinións. ¿Coñeciades a expresión? ¿Podédela atopar nalgún diccionario (eu non fun capaz en ningunha das súas variantes nin en diccionarios portugueses nin latinos)?

< Manuel Casal Lodeiro "Casdeiro" >
Xestor da Comunidade Virtual
F I L L O S D E G A L I C I A
~~~~~ http://www.fillos.org ~~~~~~~
Última edição por casdeiro em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

esteirana
Mensagens: 238
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

Tesouro lingüístico dos nosos pais e avós (1): incina

Mensagempor esteirana » terça, 04 jan 2005, 01:27

Non coñecía esta expresión tal e como a escribes ti, pero coñezo outra moi semellante:

encirillar ou incirillar a alguén

O significado é o mesmo: malmeter ou tamén o teño escoitado para referirse a alterar o bo estado de ánimo de alguén. Escoitase na zona do Barbanza.

Inés
Última edição por esteirana em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

beltram
Mensagens: 58
Registado: domingo, 19 dez 2004, 00:00

Tesouro lingüístico dos nosos pais e avós (1): incina

Mensagempor beltram » quarta, 05 jan 2005, 16:30

Um amigo meu comenta que pola zona da Galiza exterior que pertence administrativamente a Asturias pero na que se fala galego (Eo-Navia)empregase "encirrar" pra o mesmo significado. De todas maneiras esta palavra está bastante extendida.

Saude.
Última edição por beltram em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

chono2008
Mensagens: 25
Registado: sábado, 16 jun 2007, 10:04

Tesouro lingüístico dos nosos pais e avós (1): incina

Mensagempor chono2008 » domingo, 28 out 2007, 21:44

Enzinzar,zinza,zinceiro son vervas relacionadas,en castelan "cizañar"


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 4 visitantes