Apellido ABALO

Información sobre os apelidos e nomes galegos, orixe e significado.
mosareta
Mensagens: 8
Registado: segunda, 21 fev 2005, 00:00

Apellido ABALO

Mensagempor mosareta » quinta, 03 mar 2005, 10:43

Gustaríame que alguén me contara algo sobre este apellido ou topónimo.
Algo sobre o seu significado de calquer orixe. Por agora sei que Abalo é un arbusto para os canarios, un terremoto para os portugueses, a subida da marea para os galegos...

Si alguén me pode axudar que escriba.

Gracias en adianto.


Ángel M Abalo
Última edição por mosareta em sábado, 08 nov 2014, 20:40, editado 1 vez no total.

anamp
Mensagens: 141
Registado: segunda, 07 jun 2004, 23:00

Apellido ABALO

Mensagempor anamp » quinta, 03 mar 2005, 14:22

Ola, Ángel!
Eu de apelidos non che sei ren, pero, paréceche se inclúo a túa consulta na próxima carta para o consultorio de Méndez Ferrín, a ver que nos di?
Saúdos,
Ana
Última edição por anamp em sábado, 08 nov 2014, 20:40, editado 1 vez no total.

mosareta
Mensagens: 8
Registado: segunda, 21 fev 2005, 00:00

Apellido ABALO

Mensagempor mosareta » sexta, 04 mar 2005, 08:55

Ana, quero darche xa as gracias de antemán polo xesto que presentas. Levo moitos anos buscando ós meus antergos pero metinme nun mar sin fondo porque intento buscar tódalas ramas, non só a paterna porque coido que esta é a menos fiábel.
Levo tempo, igualmente, tratando de averiguar algo sobre o apellido Abalo e o que escoitei até o de agora foron andrómedas de reis, de heroes, etc, sin relación algunha ca realidade.
Entón, se unha persoa coma Mendez Ferrin pode decir algo sobre este apellido, para min sería maravillos.

Ana, gracias de novo, e unha forte apreta.

Ángel M Abalo Hermo
Última edição por mosareta em sábado, 08 nov 2014, 20:40, editado 1 vez no total.

neleta
Mensagens: 15
Registado: terça, 21 jun 2005, 18:44

Apellido ABALO

Mensagempor neleta » sexta, 06 jan 2006, 13:46

Tratase, presumibelmente, dun apelido galego de natureza toponímica que ten a súa orixe no concello de Catoira.

Teño un amigo que se apelida Abalo. O seu pai era oriundo de Vilanova de Arousa. Outras informacións tamén apuntan a que ese apelido é moi común na zona de Arousa.

Non sei se che serve de algo pero é toda a información que puiden recoller.

Saúdos
Última edição por neleta em sábado, 08 nov 2014, 20:40, editado 1 vez no total.

mosareta
Mensagens: 8
Registado: segunda, 21 fev 2005, 00:00

Apellido ABALO

Mensagempor mosareta » terça, 10 jan 2006, 07:55

Hola Neleta. Supoño que si, que é de orixe toponímico, polo menos os que vivims ou estamos ligados a estas terras. O que pretendía coñocer era a sua orixe. Despois de moitas enquisas, cheguei á conclusión de que debe ser un apellido derivado da voz celta ablu. Este término dou lugar a outras moitas extendidas polos dominios celtas que perduran até hoxe en Irlanda, Normandía, Gales, etc. na voz aple, ou mesmo aval (en Irlanda) ou avalon.
Todas elas referidas a lugares poboados de maceiras. Avalon (a mítica illa das mazáns). Entonces, o topónimo de Abalo, en Catoira, sería algo así como o lugar donde hai árbores de mazáns. Aínda que se cree que os romanos trouxeron as mazáns á península, a verdade é que xa se coñece a existencia antes da súa chegada.

Ben, seguirei buscando.

Gracias.
Última edição por mosareta em sábado, 08 nov 2014, 20:40, editado 1 vez no total.

alven
Mensagens: 32
Registado: terça, 14 fev 2006, 23:02

Apellido ABALO

Mensagempor alven » terça, 09 mai 2006, 23:47

Hola Angel y todos:

Luego de la lectura de tus mensajes, con relación a los origenes del apelido Abalo y su significado y habiendo efectuado una busqueda en los Archivos del Reino de Galicia y en el Archivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela, pongo a tu disposición algunas de las referencias encontradas:
LOS VECINOS DE LA FELIGRESÍA DE SANTA MARÍA DE JANZA Y SAN MAMED DE ABALO CON LA JUSTICIA DE CORDEIRO, SOBRE ELECCIÓN DE PROCURADOR GENERAL.

LOS VECINOS DE LA FELIGRESÍA DE SAN MAMED DE ABALO Y JOSÉ DE OTERO, CON LOS VECINOS DEL LUGAR DE CORES, SOBRE POSESIÓN DEL MONTE LLAMADO VÍAS TRAVESAS.

DON JUAN ANTONIO PAIZAL, VECINO DE PADRÓN, ARRENDATARIO DE LAS RENTAS DEL MAYORDOMAZGO DE PADRÓN, CON FRANCISCO DE ABALO Y OTROS VECINOS DE SAN MIGUEL DE VALGA, SOBRE EL PAGO DE LA RENTA DEL LUGAR DE ARMENTAL

DON ROSENDO ÁNGEL MONTERO, PROCURADOR SÍNDICO GENERAL DE LA VILLA DE PADRÓN Y SU JURISDICCIÓN, CON PEDRO ANTONIO DE ABALO, VECINO DE SANTA MARÍA DE CHANZA, JURISDICCIÓN DE CORDEIRO, ARRENDATARIO DE LAS RENTAS DEL MAYORDOMAZGO DE ESTA VILLA, SOBRE EL PAGO DEL VOTO.

JOSE MANUEL ABALO MARIÑO DE LOBERA, PRESBITERO, CONTRA EL JUEZ ECLESIASTICO DE LA CIUDAD DE SANTIAGO. SOBRE FUERZA ECLESIASTICA

PEDRO ANTONIO ABALO, CURA DE CUIÑA, CON EL CONVENTO DE SANTO DOMINGO DE BETANZOS. AUTO ORDINARIO SOBRE PAGO DEL DIEZMO DE LA ESTIVADA QUE PRODUCE LA CERRADURA DE SORRIBAS.

. XEROME, INFORMACIONES_COL,S.H.447,P.2,Exp.1/Bugallo Longa, Domingo
"Información de limpieza de sangre de Domigo Bugallo Longa, natural de San Xes de Bamio........."
1707-1708
Abuelos paternos Domingo Bugallo y María de Abalo


EXPEDIENTES PERSONALES, Leg. 2, Exp. 28/Universidade: Vida Académica
1865-1876
Expediente de Abalo Abalo, José alumno de Farmacia

EXPEDIENTES PERSONALES, Caja 4.730, Exp. 2/Leyes y Cánones: Vida Académica
1826-1829
Expediente de Abalo Porrua, José Ramón Teología


Cordialmente desde Lomas de Zamora, Argentina
Alven
Última edição por alven em sábado, 08 nov 2014, 20:40, editado 1 vez no total.

mosareta
Mensagens: 8
Registado: segunda, 21 fev 2005, 00:00

Apellido ABALO

Mensagempor mosareta » terça, 16 mai 2006, 07:09

Xa habíamos consultado fai moito tempo os archivos do Reino de Galicia, e outros archivos similares aínda máis antergoss. O que quería saber é a etimoloxía do apelido, non a súa frecuencia poboacional, posto que hai abalos de raíz celta, de raíz vasca, de raíz poruguesa...

Grazas de tódolos xeitos.


Voltar para “Apelidos”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes