Entries tagged with “narrativa”.


Baixaran os lobos pola noite fria para bater contra as portas das cabanas. As ovellas xuntaran as cabezas para protexer-se e os brados partiron dos cortellos contra a neve azul e contra a lua.

(máis…)

Era un hombe escuro; como vivira morreu iñorado pol-os seus viciños, que oito dias dempois de que o meteran n-a focha, nin xiquera o lembraban.
¡Quó fará hoxe, dempois de pasaren setenta anos!

(máis…)

Non foi un personaxe, pr’o ten relembranza e xusta fama n-a nosa terra. É conecido d’oubidas comotodol-os héroes antigos. A non ser pol-o seu zapateiro, a vila de Cangas faría esquecida com’outras moitas que gardan recordos históricos, tradiciôs groriosas, e cinsas de xenios ilustres, sin que por eso teñan lembradía. (máis…)

Escolma, Xovinián Primeiro contra ídem. I
I

(No río e no monte) (máis…)

Cun ollo aberto e outro sen cerrar

Antes de comezar…

Ós nenos e nenas de Preescolar na casa

… quérovos falar de Minia, que é unha nena de cabelos loiros, delgadiña e bonita, que vivía dentro dun televisor na sala de estar do quinto andar dun edificio de cimento, nunha cidade onde hai moitos nenos que viven así… (máis…)

Purpurina era unha pinga de auga que vivía, xunto con moitísimas outras compañeiras, nunha nube.
Purpurina era moi inquieta e non facía máis que dicir que se quería ir. (máis…)

A Celso Emilio Ferreiro

A xente envexosa decía que o pai do Ferrador prestárase a ferrar todo un escadrón de cabaleiría do mariscal Soult por unha saca de ouro roubada polos franceses no mosteiro de Melón, e que dempóis escondéu o diñeiro até que o Ferrador, sendo mozo, o topóu. A historia é distinta. (máis…)

Damián é un rapaz traste onde os haxa. Non hai trasnada que a el non se lle ocorra. Desde que se ergue da cama está a matinar nas cousas que pode facer. É coma se pasase a noite dándolle voltas á cabeza para artellar a maneira de que ninguén teña paz con el. (máis…)