Durme meu neno, durme,
sen máis pranto,
que o tempo de chorare,
vai pasando.
Que a terra na que vives,
no que bágoas,
precisa homes inteiros,
pra liberala.
Durme meu neno, durme,
colle forzas,
que a vida que che agarda,
pide loita.
Recollera-lo froito
sementado,
no inverno escuro e frio,
no que estamos.
Semente feita en sangue
por un pobo
que xurde dende a hestoria,
dende o sono,
un sono cheo de aldraxe
e miserento,
un sono de inxusticias
e silencio.
Mira a língoa que falo,
despreciada,
por ser língoa de probes,
língoa escrava,
son o orgullo que temos,
língoa de probes.
Só neles hai verdade
e máis honores.
Durme meu neno, durme,
niste colo,
que esta terrra de escravos
non tén odio.
Tén séculos de espranza,
agardada,
que pón hoxe nos fillos que amamanta

(Fuxan os Ventos)

Fonte: Arquivo de “Fillos de Galicia” publicado por Xavier Pardiñas