Proposta de anti-premio

Lugar para debatir ideas, facer propostas e falar do funcionamento de Fillos de Galicia.
Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Proposta de anti-premio

Mensagempor xestor » terça, 06 mar 2007, 11:23

No a raíz da nova da proclamación da , guindaron a idea do premio Leiriñas, sobre o que vos copio, a ver que opinades:

Mensaxe para Casdeiro: Meu prezado irmán da Terra, que dicía Pepe Velo, o emigrante que secuestrou o buque Santa María, para liberar a Galiza do fascismo, como vexo que tes unha enorme dedicación a este asunto do internet, e manéxaste moi ben, quixera facerche unha proposta, que toma a idea da nosa paisana María Xoana.
Pon un concurso nas paxinas que manexas para elixir ao ?LEIRIÑAS DO ANO?, para que os galegos e galegas poidamos votar para a súa elección. Con esto ?premiariamos? a aquela persoa que se destaque pola súa fobia contra da emigración, como desgraciadamente ben pasando cada certo tempo, si se nos acumulan os candidatos incluso podemos facelo en varias mencións, por exemplo ?LEIRIÑAS DO ANO, MENCION IGNORANTE?, ou ?LEIRIÑAS DO ANO, MENCIÓN FEIXISTA?, ... podes empezar convocando que che manden os nomes e declaración destas eminencias, como por exemplo Méndez Romeu, Álvarez Corvacho, Igor Lugrís, e outro especimenes semellantes.

Graciñas por tomar en consideración as miñas palabras, pareceme moi ben o tema do concurso, pero eu penso que ao Méndez Romeu debemos darlle un titulo honorifico especial e perenne, algo ai como o "LEIRIÑAS ABSOLUTO" ou "O PAI DE TODOS OS LEIRIÑAS". En fin algo creativo para que siga a ser o ideal a imitar polo castrexo e outros semellantes

Pareceme moi ben o do concurso, buscade as declaración do personaxe, distribuideas polo tecido asocitivo da emigración e vamos a promovelo como ENEMIGO DO POBO GALEGO, pois queira que non a emigración é pobo galego, e se contamos fillos e netos, ampliamente maioritario.

;-)

antas
Mensagens: 175
Registado: terça, 18 nov 2003, 00:00

Proposta de anti-premio

Mensagempor antas » terça, 06 mar 2007, 21:00

Pois a min pouco me chista a idea esa dos anti-premios.

Considero pouco axeitado meternos neses bimbios, xa que estimo que fomenta moi malos rollos nos ambientes cercanos ó "agraciado" e non construe nada para os otorgantes.

ccdlugo
Mensagens: 71
Registado: segunda, 31 jul 2006, 10:14

Proposta de anti-premio

Mensagempor ccdlugo » quarta, 07 mar 2007, 08:54

Totalmente de acordo contigo, antas.

A min paréceme unha forma de politizar a páxina. Penso que este é un lugar de encontro dos galeg@s, non me gustaría q fose un lugar de polémica.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Proposta de anti-premio

Mensagempor xestor » quarta, 07 mar 2007, 09:59

Politizados xa estamos ccdlugo. Que é senón o que reclamamos nos nosos manifestos, a defensa do dereito á nacionalidade dos netos, etc. etc? Non comprendo por que ese tabú da política!!! Político é todo o que implica a colaboración de diversas vontades para un obxectivo común.

ccdlugo
Mensagens: 71
Registado: segunda, 31 jul 2006, 10:14

Proposta de anti-premio

Mensagempor ccdlugo » quarta, 07 mar 2007, 11:14

Tabú ningún! Eu nin estou de acordo nin colaborarei nese obxectivo.

edreira
Mensagens: 106
Registado: domingo, 30 jun 2002, 23:00

Proposta de anti-premio

Mensagempor edreira » quarta, 07 mar 2007, 18:58

Vou darlle a volta a historia, en vez de traballar en negativo, en positivo. Co tempo deberiamos ir pensando en dar un premio anual, aínda que só sexa unha testemuña, a xente que o longo da súa vida fixera moito pola emigración.
Non teño ningún medo a facer o que dicides, pero isto vai adiante.....somos Fillos de Galicia....somos o futuro....loitemos polo futuro, pola nosa xente, pola nosa cultura é a mellor forma de facer Galicia, de facérllela sentir a xente que val a pena.
Non quero facer medrar a ningún leiriñas a costa do meu traballo, o tempo e a xente pon a cada un no seu sitio, se acaso coma o seu sentimento e tan probe poden sentir envexa de xente que si loita polos seus e se lle recoñece.

Saúdos.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Proposta de anti-premio

Mensagempor xestor » quinta, 08 mar 2007, 11:55

ccdlugo Escribeu:Tabú ningún! Eu nin estou de acordo nin colaborarei nese obxectivo.

Ese obxectivo? De cal falas? Eu xa me perdín! :?

fridamarga
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 87
Registado: sábado, 13 ago 2005, 11:23

Proposta de anti-premio

Mensagempor fridamarga » quinta, 08 mar 2007, 12:34

edreira Escribeu:
Non teño ningún medo a facer o que dicides, pero isto vai adiante.....somos Fillos de Galicia....somos o futuro....loitemos polo futuro, pola nosa xente, pola nosa cultura é a mellor forma de facer Galicia, de facérllela sentir a xente que val a pena.
Non quero facer medrar a ningún leiriñas a costa do meu traballo, o tempo e a xente pon a cada un no seu sitio, se acaso coma o seu sentimento e tan probe poden sentir envexa de xente que si loita polos seus e se lle recoñece.

Concordo inteiramente com Daniel.

Devemos afirmarmos pela positiva!

Por exemplo: hoje, 8 de Março, dia internacional da mulher, em Bos Aires, Argentina, são homenageadas duas MULHERES galegas da diáspora. Uma delas Sócia de FILLOS--ROSA IGLESIAS; outra, DIONISIA LÓPEZ AMADO, Mãe da Praça de Maio.
A votação para as nomeações esteve acessível a FILLOS.org desde 25 de Fevereiro: qual terá sido o nosso nível de participação num acto tão nobre e enaltecedor para a Galiza?????

ccdlugo
Mensagens: 71
Registado: segunda, 31 jul 2006, 10:14

Proposta de anti-premio

Mensagempor ccdlugo » quinta, 08 mar 2007, 13:00

Admin Escribeu:

Ese obxectivo? De cal falas? Eu xa me perdín! :?

Pois de q estamos falando? Do anti-premio ;-)


Voltar para “A nosa Comunidade Virtual”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes