Consultorio dos nomes e apelidos galegos 26/2/05

Información sobre os apelidos e nomes galegos, orixe e significado.
mdieguez
Mensagens: 91
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

Consultorio dos nomes e apelidos galegos 26/2/05

Mensagempor mdieguez » domingo, 06 mar 2005, 21:39

Ai Aniña que me deixas o corazón mais leviño.
Non só a maleza mais sim o distinguido que é. :-)

Graciñas polo traballo que vens realizando con os irmãns de Fillos.
Mais um servicio de utilidade de Fillos.

Bicos
Marcia
Última edição por mdieguez em sábado, 08 nov 2014, 20:40, editado 1 vez no total.

mary556
Mensagens: 287
Registado: quinta, 20 fev 2003, 00:00

Consultorio dos nomes e apelidos galegos 26/2/05

Mensagempor mary556 » sábado, 24 set 2005, 17:06

Anamp Escribeu:Sábado, 26 de febrero de 2005
* X.L.MÉNDEZ FERRÍN
C O N S U LTORIO DOS NOMES E DOS APELIDOS GALEGOS

Do galeguismo de Cervantes
Uns amigos da porción dos Ancares que cae na Galicia Exterior pregúntame polo galeguismo dos apelidos do autor do Quixote. E ben, Cervantes e Saavedra, transmitidos polo pai do escritor, son apelidos galegos, como o era o Cortiña, ou Cortina, que levaba a súa nai.
O famosísimo autor, nembargantes, non debeu de coñecer moito do País dos seus antecesores posto que Galicia está fóra da súa obra poética, dramática e de ficción, por moito que lle dedicase a segunda parte do Quixote e Los Trabajos de Persiles y Sigismunda a
un Conde de Lemos alleo a Galicia (non sendo no referente ás infinitas rendas que lle fornecían os seus sofridos labregos) e residente na arredada Nápoles.
É certo que no Quixote o autor confundiu arrieiros yangüeses con
arrieiros galegos nunha daquelas típicas equivocacións cervantinas
que tanto nos adivirten e que tan ben nos serven para desacralizar a
lectura dun clásico máis ben momificado polo españolismo que outra cousa. Mais os que defendemos hoxe o noso cabalo autóctono estamos orgullosos de que esta sexa a única raza equina mencionada no Quixote, onde aparece como faco galiciano moi claramente e non de forma xenérica tal é o caso das ?hacaneas? ou sexa simples eguas de viaxe. En canto a Rocinante, ese cabalo non ten raza no Quixote.
O apelido Cervantes é toponímico. Procede dun territorio así chamado que na administración eclesiástica se recoñece como arciprestado mentres no plano civil se organiza nun concello que leva o nome de Cervantes. Para Moralejo Laso este topónimo fai parte dun grupo deles con significación colectiva no que se encontran Arantes, Barbantes, Barrantes, Cesantes, Serantes, Nantes, Ourantes e outros. Para aquel filólogo que foi noso profesor, este continxente de topónimos terminados en ?antes (algúns pasados a antropónimos, nos que se inclúe Cervantes) está integrado por nomes que indican unha procedencia ?étnica?. Algunha tribu ou gens de nome iniciado por cerv? que vivía naquela zona dos Ancares perpetuouse no topónimo e apelido Cervantes. Ter tense relacionado este topónimo co latín cervus, que diu lugar ao galego cervo. Pro a avoenza viríalle de máis atrás: do indoeuropeo KER-ÉS, no que se percibe o senso de ?cabeza, testa? e tamén o de ?corno?. Mediante o grego keros produciríase o cervus latino. Ao mellor, a tribo dos de Cervantes era, nunha lingua galaica, xente de cabeza dura ou grande ou que se adornaba con cornos. Calquera sabe.
En canto a Saavedra, el é apelido galego e moi interesante. Trátase
dun apelido que pode provir de calquera dos topónimos varios que aínda hoxe están vixentes. Saavedra é formado por un sustantivo de orixe xermánica (sal ?espazo amplo ou casa principal?) e un adxectivo latino (vetera ?antiga?). A formación deste nome lévanos a
tempos moi recuados, seguramente anteriores ao ano 711, nos que existía como nome común saa e era vivo un adxectivo vedra que logo sería sustituído polo seu sinónimo vella ou vedraia. De maneira que Saavedra sería algo así como ?espazo acoutado ou construcción señorial vedraia ou antiga?.
Semella ser que a nai de Miguel de Cervantes Saavedra era Leonor
de Cortiña ou Cortina, apelido tamén galego e que ten orixe nun nome común. Cortiña aparece nos diccionarios galegos co significado de ?eido xeralmente valado e frecuentemente achegado á casa?. Corominas prescribe para o seu étimo un latín tardío cortina, que derivaría do sentido orixinario de cohors -tis ?recinto fechado?,
relacionado con hortus ?horta?. Familiares de cortiña son, pois, corte e máis cortello. Un antepasado calquera da nai de Miguel de
Cervantes poido ser un galego incógnito chamado Fulano da Cortiña,
e daí o apelido.
Os amigos ancaraos seguramente non ficarán satisfeitos, mais isto é todo o que podo decerlles.

Barciela, os estratos derradeiros
A X. Vila-Coia direille que Barciela, que usaba un seu bisavó, é
apelido procedente dun dos sete topónimos homónimos que rexistra o Nomenclátor oficial ou mesmo dalgún outro non recolleito alí. É diminutivo de Barcia, topónimo que no mesmo repertorio oficial aparece trinta e sete veces, ás que hai que sumar as variantes
Barxa e Várzea/Varja (así ortografadas nun Portugal galaico que tradicionalmente non coñece a pronuncia do v labiodental sonoro)
cos seus diminutivos tamén moi extendidos (Barcelos, Barcela, Barxiña, mesmo Varzelinha). Toda esta fartura toponímica lévanos,
por súa vez, a un nome común barcia (variante, barxa) que vagamente significa ?pequeno chan ou val achandado?. Nos documentos medievais son notorios, que eu saiba desde o ano 897, lugares ou persoas co nome relatinizado en Varzena e seu diminutivo en Varzenella. Esta Barcia, e o diminutivo Barciela, é considerada palabra pre-céltica e pre-indoeuropea, isto é: anterior seguramente aos séculos VI ou V a. de C. Relaciónase co vasco ibar, que significa aproximadamente o mesmo que barcia. A palabra vasca explícase a través dun hipotético ibark-ina por medio dun bargina non menos deducido. Como mo contaron llelo conto. En Barciela, Barcia, Barxa e semellantes encontrámonos cun verdadeiro fósil lingüístico (igual que veiga) e quen leve tal nos documentos pode ben gabarse da antigüidade do seu apelido.

Malvido e os campos floridos
O apelido Malvido tamén é toponímico e, dado que a maior parte das persoas que o usan proceden do Morrazo, eu supoño que o seu epicentro será o lugar así chamado que se encontra na fregesía de Ardán (Marín). Baixo a forma Malvedo aparece en Coles, pé da cidade de Ourense. Outros nomes de lugar aparentados con Malvido, e algúns tamén convertidos en apeli do, son Malveiros, Malvares, Malvas. O apelido Malvar, procedente dalgún topónimo, é frecuente e famoso porque o levou o arcebispo do século XVIII que fixo a carrilana de Pontevedra a Santiago, da cal fican aínda algunhas indicacións de leguas (unha con reloxio de Sol) moi ben talladas en pedra á beira da actual estrada. Á súa vez, na orixe de Malvido está o nome común malva, que designa a herba medicinal que leva o nome científico de malva silvestris, coido que L. A esta malva axuntaríanlle os devanceiros o sufixo ?ido, que indica abundancia, moitas veces de determinado vexetal, nun siti o, e quedaría Malvido. E canto a Malvedo, este formaríase coa variante do mesmo sufixo que é ?edo. Ao pronunciarmos Malvido ou Malvedo compre distraer a vista e evocar un campo ou mesmo unha barciela florida de malvas coa súa cor rosa roxenta. A presencia en Galicia de tantos nomes derivados de malva indícanos que esta planta ten sido moi aprezada na nosa cultura tradicional debido ás súas virtudes curativas. Estas son as explicacións que podo ofrecerlle a M.ª Victoria Malvido Izquierdo, de Vigo.

*Todos os lectores e lectoras que sintan curiosidade polas orixes do seu nome de pía ou dos seus apelidos poden consultar esta sección.
Escriban por correo ordinario a X.L. Méndez Ferrín, F A RO DE VIGO, Rúa de Colón, 30. Apartado de Correos 91. VIGO. Sección: Consultorio dos Nomes e dos Apelidos Galegos.


Ola, Aniña!
Soy Mary, coruñesa de nacimiento, que vive en Argentina desde que tenía tres años.
Quisiera saber el origen de los apellidos de mis abuelos.
Los paternos son : Barreiro Becerra (mi abuelo) y Quintás Rivadulla(mi abuela). Eran de A Coruña.
Mi abuela materna, se apellidaba Rodríguez Cerdeiriña. Era ourensana.
Mi abuelo materno, era andaluz, por lo que no creo que pueda rastrear los suyos : Rincón Benzalá.
Te agradecería que pudieras responderme.
Unha aperta
Mary
P/D No hablo galego, pero lo entiendo bien.
Última edição por mary556 em sábado, 08 nov 2014, 20:40, editado 1 vez no total.

theo
Mensagens: 29
Registado: sexta, 28 out 2005, 17:18

Consultorio dos nomes e apelidos galegos 26/2/05

Mensagempor theo » sábado, 10 dez 2005, 15:01

X-D X-D Alguno de Uds. podría informarme a qué página debo dirigirme para averiguar en profundidad sobre el exacto origen del apellido NOVOA. Dispongo de bastante material al respecto, sin embargo mi interés está centrado en poder conocer si nace en épocas del imperio romano o con los visigodos.

Entiendo que, en aquéllas épocas, algunas familias adquirían -lo que luego se transformó en apellidos- del lugar donde vivían.

Apreciaré toda información que puedan Uds. brindarme al respecto. Muchas gracias. THEO.
Última edição por theo em sábado, 08 nov 2014, 20:40, editado 1 vez no total.

mary556
Mensagens: 287
Registado: quinta, 20 fev 2003, 00:00

Consultorio dos nomes e apelidos galegos 26/2/05

Mensagempor mary556 » domingo, 11 dez 2005, 01:16

Hola, Theo!
Yo soy Mary, quien preguntó en este mismo tópico por sus apellidos
paternos y maternos.
Como el apellido Novoa también figura en mi familia, te agradecería si me pasaras la información que dices poseer sobre el mismo.
Te envío un afectuoso saludo
Mary
Última edição por mary556 em sábado, 08 nov 2014, 20:40, editado 1 vez no total.

anamp
Mensagens: 141
Registado: segunda, 07 jun 2004, 23:00

Consultorio dos nomes e apelidos galegos 26/2/05

Mensagempor anamp » quarta, 14 dez 2005, 00:48

Ola a todos!
Estiven varios meses fóra de Fillos, e non sei cando poderei poñerme ao día con isto do consultorio. De todos os xeitos, debo dicirvos que o único que eu fago é transcribir os artigos que Ferrín publica cada sábado no Faro de Vigo, e escribirlle a el coas vosas consultas. Se el contesta ou non por medio destes artigos, é algo que se escapa ao meu control. Non sei cando poderei volver a poñerme con este tema, pero en cando poida, escribireille de novo con todas as vosas consultas.
Unha aperta!
Ana
Última edição por anamp em sábado, 08 nov 2014, 20:40, editado 1 vez no total.

neleta
Mensagens: 15
Registado: terça, 21 jun 2005, 18:44

Consultorio dos nomes e apelidos galegos 26/2/05

Mensagempor neleta » quinta, 05 jan 2006, 10:56

O meu apelido tamén é Nóvoa.
A súa orixe ven da parroquia de Nóvoa en Ribadavia e como veredes o orixinal leva til. Teño investigado sobre o meu apelido e nestes momentos non atopo tódalas informacións que recollín pero pode que algunha destas vos de unha idea da orixe do noso apelido:

Orixe: Gallego. Das cercanías de Ourense. Alguns, afirman que ven do infante Davilo; fillo de Teodorico.

Outros sosteñen como tronco ao cónsul romano Cayo Novoario. Trátase dunha linaxe das máis antigas de España.

Descripción do Escudo de Armas: En campo de azur, unha torre redonda de pedra, superada de un águia volante de sable, picada y membrada de gules.

Outros traen: Escudo en jirón: 1º de gules con un águia de ouro. 2º de prata cun león de gules. 3º de ouro cun pazo de gules.

Tamén: En campo de gules unha águila de sable e partido de prata, un león de gules y un pazo á súa cor

NOVOA: Tiene su tronco en Galicia y, según una tradición, es de la sangre real de aquel Reino Algunos, entre ellos el obispo don Servando, afirman que viene del infante Davilo; hijo de Teodorico.

ARMAS: Escudo cortinado: 1º, en campo de gules, un águila de oro; 2º, en campo de plata un león de gules, y 3º en campo de oro, un castillo de gules.
Gallego. De las cercanías de Orense. Algunos, afirman que viene del infante Dávilo; hijo de Teodorico. Otros sostienen como tronco al cónsul romano Cayo Novoario. Se trata de un linaje de los más antiguos de España.

Apelido NOVOA

Este apelido vencéllase coa antiga xurisdicción da Terra de Nóvoa, en Ribadavia (Ourense),veciña do Ribeiro de Avia, por máis que se mudara o acento neste caso ou, coma noutros, que se cambiase o v polo b (Noboa).

Segundo Gonzalo Navaza,"a forma xenuína é esdrúxula, Nóvoa, pois corresponde a un diminutivo latino NÓVULA( é unha derivación de "Novo"e provén do latín "NOVUS,-A,-UM",que quere dicir "Novo"), polo que podemos dicir que a pronuncia grave Novoa revela certa eiva na transmisión do apelido, aínda que realmente non se trate dunha deturpación castelanizante".

Etimoloxicamente Novoa significa "poboación nova", respecto,por omisión, ó núcleo urbano antigo.

Linaje de origen Gallego, de Orense y, según una tradición, es de la sangre real de aquel Reino. Algunos, entre ellos el obispo don Servando, afirman que viene del infante Davilo; hijo de Teodorico. Otros sostienen como tronco al cónsul romano Cayo Novoario. Se trata de un linaje de los más antiguos de España. Don Pedro Yáñez de Novoa, fue Maestre de la Orden de Calatrava en tiempos del rey don Fernando III. Se trata de un linaje de los más antiguos de España. Una rama pasó a Guayaquil (Ecuador).

Blason de Armas: Escudo cortinado: 1º, en campo de gules, un águila de oro; 2º, en campo de plata un león de gules, y 3º en campo de oro, un castillo de gules

Como vedes tódalas informacións coinciden bastante. O que si está claro que a súa orixe está na Terra de Nóvoa en Ribadavia (Ourense).

Saúdiños X-D
Última edição por neleta em sábado, 08 nov 2014, 20:40, editado 1 vez no total.

neleta
Mensagens: 15
Registado: terça, 21 jun 2005, 18:44

Consultorio dos nomes e apelidos galegos 26/2/05

Mensagempor neleta » quinta, 05 jan 2006, 11:23

Máis sobre a historia do noso apelido:

XOÁN IÁÑEZ DE NÓVOA, SEÑOR DA CASA DE MACEDA, no 500 aniversario do seu pasamento


Faleceu este cabaleiro da liñaxe dos Nóvoas no ano 1504 na casa-forte de Maceda. Está soterrado ao pé dela, nun coidado sartego con estatua xacente de estilo prateresco, na banda esquerda da Igrexa Parroquial de San Pedro, xunto coa súa dona Xoana Díaz de Cadórniga, vencellada a unha das potentadas familias nobiliarias de Ourense que se enfrontou con severidade aos poderes fácticos (prelados e xudeus) da súa época.



Naquela fortaleza medieval viviron Xoán Iáñez de Nóvoa e os seus dende comezos do século XIII. Orixinarios do primitivo solar de Santo Estevo de Nóvoa -no actual concello de Carballeda de Avia- decidiron afincarse noutro lugar, logo da concesión de Fernando II (1157-1188), rei de Galiza e León, á citania agrícola de Ribadavia do Foro de Reguengo no 1164, que protexía aos emerxentes burgueses fronte aos Nóvoas que se excedían contra eles e os campesiños, na procura dos seus privilexios. Cando tiveron serios problemas na contorna do Ribeiro, algúns achegáronse á Terra de Maceda, xa que logo fóralle doada a torre primixenia a María Fernández de Traba como asignación real, polo seu -segundo- matrimonio co nobre Xoán Arias de Nóvoa.

Polo 1207 posuía a tenencia de Maceda (a concesión beneficiaria daquelas terras feita polo rei) Gonzalo Eanes de Nóvoa, un dos primeiros colonos do apelido que se asentou alí, cando os señores de Ambía anceiaban aquelas herdanzas. Logo virían outros Nóvoas con proxección no bispado que acadarían a cadeira mitral dende a penúltima década do século XIII até a metade do XIV, cando as institucións eclesiásticas se amosaban hexemónicas. Os bispos vencellados á casa nobiliaria de Maceda tentaron perpetuarse como clan no poder. O prelado Pedro Iáñez de Nóvoa (bispo Pero Eanes nos textos que escaneamos en galego medieval; Petrus Iohannis Episcopus Auriensis nos documentos en latín exhumados por Duro Peña e Doroteo Calonge) gobernou despoticamente dende a súa atalaia episcopal dende 1286 até 1308 aínda que no 1276 xa fora nomeado bispo electo por presións dos seus.

Acusado de pirómano e sacrílego, mandara aos subalternos -abandeirados polo castellano Gonzalo Gómez e o chantre Gonzalo Núñez-, prendesen lume á igrexa e convento primixenio dos franciscanos situado na -actual- Praza do Correxidor. Morreran varias persoas carbonizadas no interior. Outras -consonte versións- foran acoiteladas. Os enfrontamentos entre as xentes do concello que aspiraban ao señorío rexio e o exército do bispo, xermolaran con maior intensidade entre 1293 e 1295, aínda que os encontronazos xa viñan dende mediados daquel século. (En 1256 o rei Afonso X -tamén vencellado a Maceda- recibira unha homenaxe das xentes do concello: os poderes eclesiásticos ourensáns interpretárano como unha provocación). O bispo Iáñez de Nóvoa non dispuxo dun día de tranquilidade nos case trinta anos nos que estivo en primeira liña. Houbo queixas e denuncias reiteradas perante o rei por parte do concello, cabido e outras comunidades. O prelado, o chantre, o mercenario castellano, o arcediano e o mestre-escola foron considerados inductores, executores e cómplices daquel feito que varios autores datan entre finais de 1294 e o primeiro trimestre de 1295. Condenado polos tribunais reais, o bispo solicitou varias veces o perdón. Foi indultado por Fernando IV (1285-1312) coa chegada do novo século.

Orabén, paralelamente o papa Bonifacio VIII (1294-1303) reclamouno para que, na curia pontificia, expuxese o sucedido. As fontes máis fiábeis indícannos que non comparecera. Demorouse o proceso eclesiástico até 1308, ano no que o papa Clemente V (1305-1314) mandou instruír un novo sumario contra o prelado e os seus parceiros. Os franciscanos colleríanlle teima de por vida. Xa en 1289 o papa Nicolás IV (1285-1312), nunha bula fechada o 27 de agosto de 1289 (Tomo IV, pxna. 99 do Bullarium Franciscanum), menciona algunhas das vexacións do bispo á orde mendicante dos franciscanos que foran moi ben acollidos na cidade, cunha mensaxe pastoral renovada e aberta á sociedade do seu tempo. Ademais predicaban en galego e non en latín, o que os facía máis accesíbeis. O bispo impedira o enterramento no camposanto dos frades a persoas que así o deixaran consignado nas derradeiras vontades. Prohibira a celebración de culto na igrexa conventual. Tamén se opuxera -inicialmente- á fundación do mosteiro de Santa Clara de Allariz, xa que logo as monxas clarisas tiñan aos franciscanos como directores espirituais.

As tensións e o deterioro das relacións sociais en Ourense agraváranse coa chegada dos nobres eclesiásticos vencellados á casa de Maceda que anceiaban agrandar o seu poder. A potentada familia Nóvoa tivo que construír outro mosteiro na aba de Montealegre, extra muros da cidade medieval, que se rematou arredor do 1330 (algúns investigadores lévano até o 1350). Hoxe consérvase a sala capitular e o estilizado claustro: o mellor románico-oxival evolucionado de Galiza (Monumento Nacional Histórico Artístico, 1923). Tamén permanece o templo de San Francisco (Ben de Interese Cultural, 1985), desprazado pedra a pedra, nunha decisión aberrante, ao corazón da cidade moderna entre 1927 e 1929 e que hogano se tenta reparar. Nesta igrexa -afogada polo cemento dos edificios colaterais do Parque de San Lázaro- atópanse soterrados varios nobres da casa de Maceda e consortes: Xoán de Nóvoa, a súa nai Elvira de Nóvoa -esposa de Alonso López de Lemos-, Gonzalo Puga, a súa dona Teresa de Nóvoa e outros do apelido en sepulcros cegados.

Sobre Pedro Iáñez de Nóvoa verteuse moita literatura nos séculos XIX e XX. Situou estratéxicamente no cabido a varios parentes para que, cando el finase, acadasen a cadeira mitral controlando todo o poder eclesiástico e civil. Gonzalo Núñez Daza e Osorio (1311-1319) tivo un fillo (Álvaro Núñez). Á súa amante Mayor Fernández -encuberta como criada- nomeouna herdeira de parte da súa fortuna. Gonzalo Pérez de Nóvoa (1320-1332) gravou con máis impostos aos súbditos. Foille rexeitada a herdanza por parte do cabido que se negou a ser o seu albacea. Álvaro Pérez de Biezma (1343-1351) loitou polos foros eclesiásticos. Tivo constantes altercados cos fidalgos, burgueses e demais persoeiros ourensáns. Mesmamente o concello prendeu a varios familiares do bispo polo 1343.

Mitra e casco ían da man con demasiada frecuencia naquela época. Os bispos facíanse ás armas e obraban como soldados (Muñoz de la Cueva). O clan intervincallado coa casa nobiliaria de Maceda ocupouse, en verbas máis que docificadas de Vicente Risco, dos seus privilexios e dereitos señoriais, mirando sen contemplacións aos súbditos. Otero Pedrayo alcumounos xenerosamente como bispos enérxicos. Manuel Murguía tiña ao prelado pirómano por persoa nada recomendábel: “altivo e aborrecíbel, como todos os seus”. O bispo Muñoz de la Cueva (1717-1728) en Memorias Históricas da Santa Igrexa de Ourense (1726) -aínda que fai corporativismo haxiográfico- refírese a el como pleiteante autoridade polo seu ardente e dominante xenio.

No mundo laico aparecen varios homónimos que dignifican o apelido. Xoán Pérez de Nóvoa defendeu infructuosamente a Ponte Romana de Ourense en 1366 no reinado de Pedro I o Cruel (1350-1369). Posteriormente no de Xoán I (1379-1390), outro cabaleiro vencellado á casa de Maceda -Xoán de Nóvoa- fixo o mesmo en 1386 contra John of Gaunt, duque de Lancaster (1361-1399) -pretendente á coroa de castela- e o seu parceiro João I de Portugal (1385-1433). Desembarcara na Coruña, pasara por Compostela e logo, ao remate daquel verán, establecera a súa corte en Ourense coa conivencia de relevantes nobres locais aínda que, pouco despois, tivera que retirarse cara Portugal.

Sobrancea João da Nova (ca. 1450-1509/1510), alcaide de Lisboa, navegante e descubridor das illas Trindade, Juan de Nova Island, Ceilán, Santa Helena e Ascensión entre 1501 e 1506. O seu vencello ao apelido nobiliario de Maceda é inequívoco. O seu papel como protagonista, co buque insignia da mariña portuguesa, a nao Frol de la Mar na Batalla Naval de Diu (1509) foi transcendental para os intereses económicos e xeoestratéxicos de Portugal en Oriente. É, con moito, o máis salientábel da súa dilatada estirpe; o galego máis relevante de comezos do século XVI do que todos deberiamos fachendear.

Un familiar del foi o nobre macedán que finou en 1504 e do que agora se cumpren cincocentos anos do pasamento. Xoán Iáñez de Nóvoa descansa na Igrexa de San Pedro, que se erixíu nos albores do séc. XVI cando a freguesía non ía moito máis aló dos corenta veciños. Nas dúas inscripcións superiores do fermoso sartego podemos ler, cinceladas en letras maiúsculas: “Esta sepultura mandouna facer Xoán Iáñez de Nóvoa, señor da casa de Maceda, fillo de Xoán de Nóvoa e de Mencía López Mosquera que se mandou eiquí sepultar”. Na da dereita reza: “Así mesmo está eiquí sepultada Xoana Díaz de Cadórniga, muller de Xoán Iáñez de Nóvoa, filla de A. Díaz de Cadórniga”. Debaixo do sarcófago, con letras minúsculas, engádese noutras dúas inscripcións: “máis mando que esta casa de Maceda non a herdase senón persoa que se chamase dos Nóvoas e que donase a esta capela dez fanegas de pan e un porco, situadas nesta aldea de Chaioso, para que lle diga unha misa de Nosa Señora os sábados e que o señor da casa de Maceda faga / título dela, cada vez que descanse e non sexa clérigo nin capelán desta igrexa de San Pedro de Maceda, senón outro de fóra, pra que veña dicir dita misa cada sábado e nas festas de Nosa Señora, e se houbese algún parente clérigo dos Nóvoa que non sexa capelán nin clérigo de dita igrexa, que antes llo den a el que a outro”.

O sartego -un dos mellores vestixios sepulcrais do noso patrimonio xunto co do inquisidor soterrado na Igrexa de Asadur- merece unha visita. Resiste ben o paso do tempo. Tamén os dos seus familiares eclesiásticos inhumados na Catedral de Ourense e os civís que descansan na Igrexa de San Francisco. Maceda rememora neste cincocentos aniversario a un dos seus devanceiros; un dos poucos nobres que hogano fican no condado e ao que se lle vai dedicar a festa medieval deste 2004, que se celebrará ao abeiro do castelo no que vivíu (BIC, 1994) e do templo que escolleu para o descanso derradeiro.



Santiago Prol 2005

Saúdos X-D
Última edição por neleta em sábado, 08 nov 2014, 20:40, editado 1 vez no total.

franestevez
Mensagens: 1
Registado: domingo, 30 nov 2003, 00:00

Consultorio dos nomes e apelidos galegos 26/2/05

Mensagempor franestevez » quinta, 04 jan 2007, 17:41

Buenas tardes, amigos:

Entré para preguntar por mi apellido, Estévez, o más bien para confirmar su origen, que según tengo entendido está en el Valle de Quiroga, Lugo; y me he encontrado con el segundo apellido de mi abuelo, Novoa ... aunque siempre lo habíamos pronunciado como "Novoá" y veo que en realidad es "Nóvoa". En todo caso, agradezco la información de Neleta y me doy cuenta de que los orígenes del apellido no salen de la provincia de la que procedo, Ourense, de la zona arraiana do Couto Misto.

Ya que entro, y saludo, me encantaría recibir información de mis restantes apellidos galegos. Lo normal es que en su origen se entremezcle Galicia con Portugal, pues suele suceder en zonas fronterizas y, de hecho, conozco las variantes portuguesas de Coello (Coelho) y Antúnez (Antunes). Pero será estupendo conocer detalles con exactitud.

Un abrazo muy fuerte desde Madrid, de este Fillo de Galicia.
Última edição por franestevez em sábado, 08 nov 2014, 20:40, editado 1 vez no total.

fagol
Mensagens: 15
Registado: sexta, 26 ago 2005, 16:49

Consultorio dos nomes e apelidos galegos 26/2/05

Mensagempor fagol » segunda, 02 abr 2007, 14:32

Hola, si es posible quisiera saber el significado del apellido:

Rochela

Es mi primer apellido y que lo trajo mi abuelo (gallego) paterno a Cuba.
Última edição por fagol em sábado, 08 nov 2014, 20:40, editado 1 vez no total.

rebecarocharuas
Mensagens: 9
Registado: sexta, 13 abr 2007, 10:39

Consultorio dos nomes e apelidos galegos 26/2/05

Mensagempor rebecarocharuas » sexta, 13 abr 2007, 10:52

Hola a todos!!! Mi abuelo era de apellido RUAS de Ouerense, y quisiera saber si alguien sabe sobre el origen de este apellido. Muchas gracias!!!!!!!!!!!!!!!!!
Última edição por rebecarocharuas em sábado, 08 nov 2014, 20:40, editado 1 vez no total.


Voltar para “Apelidos”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 0 visitante