Manuel Rivas, membro da Real Academia Galega

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Manuel Rivas, membro da Real Academia Galega

Mensagempor cachafeiro » segunda, 03 ago 2009, 00:10

Na vacante de Camilo González Suárez-Llanos

Manuel Rivas, membro da Real Academia Galega

O Plenario da Real Academia Galega (RAG), reunido onte en sesión ordinaria, acordou nomear membro electo a Manuel Rivas para ocupar a vacante que se produciu tras o falecemento do académico numerario Camilo González Suárez-Llanos.

01.08.2009

O escritor Manuel Rivas (A Coruña, 1957) converteuse onte en académico electo da RAG, logo de que así o decidise o Plenario da institución na sesión ordinaria celebrada onte. Rivas ocupará a praza vacante de Camilo González Suárez-Llanos.

Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, comezou a súa carreira como xornalista moito antes de licenciarse, aos 15 anos, como meritorio en El Ideal Gallego. Foi colaborador en diversos medios de comunicación galegos: El Ideal Gallego, La Voz de Galicia. Tamén colaborou nas revistas Teima e Man Común, desenvolveu unha sección fixa en A Nosa Terra, e foi cofundador e director da revista cultural Luzes de Galiza. Na actualidade mantén unha columna semanal no xornal El País.

Traxectoria literaria

No campo da creación literaria, deuse a coñecer como cofundador do grupo poético Loia e na revista co mesmo nome apareceron as súas primeiras composicións poéticas en 1977.

A partir de 1980 a obra literaria de Manolo Rivas introdúcese con audacia en todos os xéneros literarios: na poesía (Libro do entroido, Mohicania, Balada nas praias do Oeste), na novela (Os comedores de patacas, En salvaxe compaña, O lapis do carpinteiro, A man dos paíños, Os libros arden mal), no relato (Un millón de vacas, Que me queres amor?, As chamadas perdidas), no teatro (O heroe), na novela infantil e xuvenil (Todo ben, Bala perdida) ou no xornalismo literario (Toxos e frores, Muller no baño, Os grouchos).

Moitas destas obras foron levadas ao cine (A lingua das bolboretas, A rosa de pedra) e ao teatro (O lapis do carpinteiro, A man dos paíños).
A súa obra literaria foi avalada por numerosos premios (Premio de Poesía Nova de O Facho (1979), Premio Leliadoura (1989), Torrente Ballester de Narrativa (1995), Premio Nacional de Narrativa (1996), Premio da Crítica Española, Premio da Crítica de Galicia, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega (1998), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente (1998), Premio ONCE - Galicia á Solidariedade, entre outros.

http://www.anosaterra.org/nova/manuel-r ... lega-.html


Alexandra Cachafeiro Camiña

yagui
Mensagens: 81
Registado: segunda, 13 set 2004, 23:00

Manuel Rivas, membro da Real Academia Galega

Mensagempor yagui » quinta, 13 ago 2009, 21:26

Sempre que lexo algo de Manuel Rivas lémbrome de seu fillo, Martiño Rivas, actor o home...que mudou o seu nome de Martiño a Martín, porque segundo di..en Madrid "no lo entendían y no sabían pronunciarlo". Ahi tedes: auto-odio galego 100%

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Manuel Rivas, membro da Real Academia Galega

Mensagempor cachafeiro » sexta, 14 ago 2009, 14:47

?ENTREVISTA A MARTIN 18/1/08
Sendo fillo de quen es, deu moito que falar o teu cambio de nome. Deixaches de ser Martiño para ser Martín.

?
A Michael Caine, de mozo, chamouno o seu representante para pedirlle un apelido comercial que substituíra ao seu, que non era doado de dicir. Nese momento proxectaban nos cines O motín de Caine e el dixo que Caine. Agora di que menos mal que non se lle ocorreu dicir motín. En realidade, a principal motivación foi que o meu nome ten unha letra difícil e cando vivín en Londres todo o mundo me chamaba Martinou e aquilo soaba fatal. E como cada vez se abren máis as fronteiras e se fan máis coproducións e como son un inxenuo e aspiro a traballar fóra e non descartar ningún papel polo feito de non saber inglés ou polo idioma, decidín cambiar o nome agora que estou empezando e non despois de 20 anos. Foi unha cuestión meramente artística. Pero é ridículo dicir que mudei de nome porque non o entendían nun comercio de Madrid. Non creo que ninguén na súa cabeza poida cambiar de nome porque non o entendan nun café.

E na casa, ¿como se tomou a castelanización de Martiño?

Non foi castelanización, foi un cambio. ¿Onde está a polémica? O meu pai a verdade é que non lle deu importancia. Eu son autónomo nas miñas decisións, non houbo debate previo. E se lle pareceu mal dende logo a min non mo dixo. El está contento porque eu estou contento, como faría calquera pai.

Bo Yagui, non sempre os fillos son o reflexo dos seus pais.
Xa tratamos o tema de auto-odio moitas veces aqui, e coincido contigo en que este é un caso puro, pois é moi probe argumento que a Ñ é unha letra dificil, se temos en conta que existen no mundo 600 millóns de hispanos falantes e que despois do Chinés Mandarin é a segunda lingua mais falada no mundo, non creo que a haxa un que non poida pronunciala.
Entón chegamos a dous tristes concluciones, ou que o rapaciño teñe a moi curta ambición de só transcender en paises de fala inglesa, ou que realmente non lle gustaba o seu nome galego.
E mira que querer compararse con Michael Caine..., chámalle burro ao cabalo.

Apertas!!!

Alexandra Cachafeiro Camiña

yagui
Mensagens: 81
Registado: segunda, 13 set 2004, 23:00

Manuel Rivas, membro da Real Academia Galega

Mensagempor yagui » sábado, 15 ago 2009, 03:27

Home claro...se é unha excusa barata. Houbese mudado o nome para Martin en lugar de Martín. Suxirolle Martin Banks ou Martin Riversides. Non é pasalo ao inglés..! "é un cambio"


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 4 visitantes