Segundo disco de Ataque Escampe

Para falarmos sobre a música galega (tradicional e moderna), os grupos, artistas, compositores... Tamén sobre as películas feitas en Galicia, sobre os actores e directores galegos, etc. Incluimos neste foro tamén as conversas sobre teatro galego.
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Segundo disco de Ataque Escampe

Mensagempor pilarmabel » quarta, 27 mai 2009, 14:44

Xa se pode descargar n'A Regueifa
Ataque Escampe consegue 'A grande evasión'


Redacción . "Porque existe o mundo e pode ser de todas"... Despois de 'Galicia es una mierda', Ataque Escampe emprende, neste seu segundo disco, a aventura de construír unha epopea: fuxir da prisión para regresar novamente a ela. A partir dunhas palabras de Steve McQueen, arrinca o segundo LP do grupo que naceu ao abeiro da Facultade de Filoloxía en Compostela e dos viños polo barrio de Vista Alegre.



Este álbum "é unha antítese do anterior", sinalan nunha entrevista en Vieiros, en que apuntan ao novo sentido que tomou o título do seu disco anterior, Galicia es una mierda, despois do 1 de marzo. Xogaban coa ironía para propor unha conciencia antiesencialista de construción nacional. Agora, a través de 19 cancións, foxen da prisión para despois volver a ela no seu último tema, "Alcatraz".

Ataque Escampe son de novo o vocalista Álex Charlón, Marco Gelpi á guitarra eléctrica, Miguel Mosqueira coas guitarras, o baixo, coros, e voz, Samuel Solleiro no banjo, guitarras, slide, xilófono e coros, e Roi Vidal á batería electrónica, kazoo, e coros, e únense tamén Xoán Lois G. Carlín no piano, teclados, e sintetizadores, e Francesc "Paq" Esteve ao acordeón. Tamén contan coas colaboracións especiais de Luís Garrido (saxo alto en "No estómago dun crocodilo"), Roi Do forno (violín en "Europa e o ballet"), Manu Payno (trompeta en "Non hai lúa"). Da gravación e mesturas encargáronse Marcos Payno e Tomás Axeitos.

Explican que os acompañaron nesta grande excursión (sen sabelo) John Sturges, María do Cebreiro, Don Siegel, John Huston, Walter Winser, Lonnie Chatron, Antonio Molina, The Mamas & the Papas, Koji Kondo, María Lado, Lee Marvin, The Beatles, Raoul Walsh, Amélie Nothomb, David Lean, Neil Young, Andrés Do barro, The Shadows e Jacques Cousteau. "Elas e eles saberán disimular. A propiedade intelectual é un roubo".

Coma os seus traballos anteriores, Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos, Galicia es una mierda e Galicia es una fiesta, onde Marcos Payno lles facía arranxos a varios temas de Galicia es una mierda en clave discotequeira, pódese descargar de balde n'A Regueifa plataforma. Amais, podemos ver tamén en Youtube o videoclip de "Criptozooloxía aplicada", gravado por Alba Viñas, e realizado por Rafa Pazos.




Fuente:http://www.anosaterra.org


Un saludo
Pilar

Voltar para “Música, cinema e teatro galegos”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 0 visitante