CAMPAÑA "QUE CHE GUSTARÍA FACER EN FILLOS?"
Na última asemblea de socios celebrada pola nosa Asociación Cultural, e na procura de novas instancias de participación para os máis de 6.000 membros da nosa Comunidade Virtual decidimos dar un enfoque dinamizador máis inclusivo a esa imprescindible participación na construción da nosa común obra.
Así é que no marco da celebración do noso XII aniversario, queremos invitarvos a expresar qué sería aquilo que máis vos motivaría facer dentro dos diversos proxectos e labores de Fillos.
Para todos os que xa están apuntados como voluntarios da Comunidade pero que aínda non atoparon entre os pedidos de colaboración algo no que axudaren, así como para os membros que ata o de agora non se decidiran a ter un papel máis activo na contrución do proxecto, abrimos con esta mensaxe a posibilidade de que nos envíen as súas ideas, as tarefas que pensan que poden facer e que contribuirían a desenvolver todo o potencial dunha rede social mundial de máis de 6 mil galegos!
Como propoñernos as vosas colaboracións? Moi doado:
Quen queira pode simplemente publicar como resposta a esta mensaxe do Taboleiro o seu ofrecemento. Tamén podedes simplemente
Cóntanos que posibilidades ves de axudar á Comunidade Virtual, en que temas, áreas ou proxectos che resultaría máis gratificante participar. Hai tantas posibilidades!! Axudar a atopar familiares, redactar artigos, compilar noticias, reseñar libros, enviar noticias, deseñar gráficos, botar unha man coa programación, difundir a existencia de Fillos, captar fondos para proxectos, enviar e responder mensaxes... e mil cousas máis que seguro que se che ocorriron algunha vez que serían interesantes en http://www.Fillos.org, http://www.PlanetaGalego.info, http://www.Atopadoiro.org, http://www.Galeguidade.net, http://www.Etiquetal.com, http://www.Nomes-Galegos.info, http://www.Parcelaria.com, http://www.RedeGalega.org, etc. etc.
Para facilitar a re-organización do voluntariado resultante deste chamamento temos que poñer unha data tope para recibir as vosas mensaxes: o día 30 de Abril (ACTUALIZADO: amplíase o prazo ate o 8 de maio). Así comezaremos o verán celta cun anovado Fillos, onde máis xente atope un lugar interesante para contribuír, para achegar o seu tempo, as súas ideas, os seus coñecementos... o que lle preste!
Facemos extenstivo este chamamento a todos os galegos do mundo, de Galicia e da Diáspora, para que xuntos neste lugar de encontro, fagan súas as nosas actividades e o noso futuro.
Ademais agora, toda participación voluntaria, toda achega activa a Fillos e aos seus proxectos será recompensada por medio dun pagamento en galeuros a nosa moeda pangalaica! (Máis información en http://www.galeuros.com ). É unha maneira de recoñecer o valor do voso tempo á vez que vos axudamos modestamente a dispoñer de recursos cos que afrontar a crise. Tes tempo e gañas de axudar? Pois agora iso permíteche aumentar o teu saldo en galeuros, que che servirá para adquirir diversos produtos e servizos ofrecidos por cada vez máis xente, empresas e organizacións. Se te decides a participar, desde a Xunta Directiva hanche explicar como, cando e canto ingresarás por cada achega.

Estamos nun momento decisivo da nosa evolución e non podemos avanzar sen ti! Contamos co teu interese?
