Falta de compromiso de los miembros con FILLOS

Lugar para debatir ideas, facer propostas e falar do funcionamento de Fillos de Galicia.
Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Falta de compromiso de los miembros con FILLOS

Mensagempor rubi » sexta, 23 jan 2009, 12:36

Queridos amigos: a veces tengo sentimientos contrapuestos con respecto a Fillos.
La mayoría de las veces me encuentro muy a gusto aqui, porque he hallado un lugar que me acerca a la tierra de mis ancestros.
Pero en ocasiones, como por ejemplo cuando leo la respuesta de Casdeiro a mi amiga Alejandra Cachafeiro, me siento mal....
Ella es una persona que participa mucho, que siempre está tratando de buscar temas de interés para debatir en el Foro, con inteligencia y respeto por las opiniones de los demás.
Por eso no comprendo que se la maltrate por no entender su sentido del humor, que se le reponda de una forma tan fria e impersonal cuando ya se conoce su carácter sincero y frontal, pero amable y respetuoso. Creo que se debe suavizar el tono al dirigirse a una persona que siempre ha demostrado su buena educación y sobre todo, su amor por Galicia y por esta Comunidad en particular.
Espero que este año que recién ha comenzado nos encuentre a todos los hermanos de Fillos, más unidos, demostrando así el cariño fraternal que tratamos de imponer en este "nuestro lugar".
Un abrazo para todos....

Rubí
Buenos Aires-Argentina

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

Falta de compromiso de los miembros con FILLOS

Mensagempor bershky » sexta, 23 jan 2009, 16:42

U-la a descortesía? Que xeito tan diplomático de nomearnos pailáns. E digo chamarnos, porque tamén a min se me amoestou noutrora pola miña maneira de expresarme tan bruta.

Bershky

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Falta de compromiso de los miembros con FILLOS

Mensagempor cachafeiro » sexta, 23 jan 2009, 18:26

Diccionario da Real Academia Galega:

descortesías.f. Mala educación, falta de delicadeza e de respecto no trato con outras persoas e acción ou conxunto de palabras en que se pon de manifesto. Pareceume unha descortesía non lle responder ó seu saúdo. CF. desconsideración.



pailán -anaadx. pex. Que ten modais rústicos e non se sabe conducir no trato social. Non sexas pailán. Tamén s. É un pailán. SIN. badoco, paifoco, pailaroco, paiolo.


Que costume de poñer palabras que non corresponden ou non foron ditas, só para crear un conflito que non existe.


Alexandra Cachafeiro Camiña

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

Falta de compromiso de los miembros con FILLOS

Mensagempor bershky » sexta, 23 jan 2009, 18:44

Pódelle ser que lle veño do muiño. Deus lle lo pague Srta. mestra pola achega. Pois non lle sei... a min parecélleme o mesmo

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Falta de compromiso de los miembros con FILLOS

Mensagempor casdeiro » sexta, 23 jan 2009, 19:29

Que mágoa que no canto de estarmos achegando ideas para mellorar Fillos, para aumentar o compromiso dos membros, para facer cousas neste novo periodo que comeza, esteamos encerellados en non sei moi ben que díxenche-díxomes... Eu podo adicar o meu tempo a axudar a mellorar este proxecto pero non a interpretar textos como se estivésemos na escola. Se cadra se tivésemos un responsable de área lingüística... O que digo, escrito queda. E penso que non me debo explicar tan mal cando a maior parte da xente me comprende a maior parte do tempo. Calquera interpretación baseada non nas miñas palabras senón en presuncións, lecturas entre liñas, "tonos" ¿¿??, etc. é libre de facela quen queira. E polo tanto non penso responder a cuestións que non se baseen nas miñas palabras. Punto.

Estou canso de diálogos dese tipo que non achegan nada aos obxectivos de Fillos e non penso adicarlles o meu tempo. Alexandra, se queres facerte socia, faite. Iso é o que importa, digo eu. Se sabes que hai algunha razón pola cal os membros non se asocian, comunícalla ao presidente da asociación. Se ves fallos en calquera outro aspecto de Fillos, comunícallo ao xestor. Eu estou para o que estou, e non estou para xustificar unhas palabras que din o que din e máis nada, nin para espantar pantasmas que só vedes algúns/algunhas. Ese xa non é o meu traballo nin a miña función neste colectivo, no que se cadra, che apeteza contribuír dalgunha das maneiras que o colectivo -e a nosa xente- precisa.

Avatar do Utilizador
crisanto
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 211
Registado: sexta, 29 fev 2008, 11:11

Falta de compromiso de los miembros con FILLOS

Mensagempor crisanto » domingo, 25 jan 2009, 11:41

Ola a todos os contendentes neste debate:
Por favor deixemos de tirarnos as verbas a cabeza, esto non debe seguir así. Pido a todos que fagamos táboa rasa e pidamos desculpas polo dito ata o de agora.
Quero facer unha pequena reflexión sobre a forma de relacionarnos en fillos.
Ben certo é que as verbas escritas, teñen a vantaxe de que se poden cambiar en calquera momento antes de enviar as mensaxes, pero ten unha eiva moi importante como é que non se pode expresar os xestos, as miradas, a expresión do corpo, o sono real das verbas e poder así ver a verdadeira intencionalidade das mesma.
Rogo a todos en prol da paz e da concordia que deixemos estas loitas e a hora de escribir fagámolo de tal xeito que non ofendamos a ninguén, temos tempo de facelo pois ata que non se envía a mensaxe pódese corrixir. Se temos dúbida de que podemos ofender o mellor é borralo. As cousas pódense dicir sen ofender.
Sei que hai xente cunha axilidade mental, que por certo admiro, que están de volta cando outros aínda van, que saben ler entre liñas e que lles gusta sacar punta as cousas máis alá do que realmente se quere expresar.
Por favor, polo ben de todos, pensemos nos outros.
Pidamos aquí desculpas uns ós outros e empecemos de novo... contando ata dez 1, 2, 3...9, 10.

Pola miña banda xa pido dende agora desculpas por se este escrito pode ofender a alguén, non é a miña intención.

Saúdos, apertas e bicos para todos


Voltar para “A nosa Comunidade Virtual”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 4 visitantes