Ninguén lles dixo nada

Neste foro falamos de Historia de Galicia, antiga ou actual: desde o celtismo ata a Memoria Histórica, etc. Os temas relativos ás historias persoais ou familiares dos emigrados, as súas vivencias na emigración teñen outro espazo en "".
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Ninguén lles dixo nada

Mensagempor casdeiro » sábado, 10 mai 2008, 11:07

Teño o pracer de compartir convosco este anaco dunha obra emotiva, da que , grazas a que , co que xa tiña intercambiado algunhas mensaxes de correo. Este texto pertence ao capítulo As outras vítimas, do citado libro Boimorto, memoria dun silencio, e é reproducido co permiso do autor, xa que segundo me dixo é algo que pertence ao pobo.

Ninguén lles dixo nada

Hai dous anos que entrevistei á sra. Dolores Felpete en Santarandel. Unha tarde de inverno, desas tardes escuras, húmidas, con esa chuvia maina e mesta que o molla todo, que ameaza con non parar para dar un pequeno respiro, entrei na súa casa. Só sabía que tiña noventa anos e que estaba disposta a partillar comigo os seus recordos, as lembranzas amargas dos seus dezasete-dezaoito anos. Cando a deixaron orfa de pai e de ilusións. Eu, desacougado, ía enfrentarme cunha conversa que sabía que produciría unha inmensa dolor. Esa dolor que reverdece ó remexer en fondas feridas que nunca sanaron a pesar do paso dos anos. De setenta longos anos.

Contoumo todo. Tal e como o vivira. Estaban para mallar cando recibíu o aviso. El non desconfiou. Xa foran chamados outra vez e non pasara nada. Vestiu a roupa os domingos. Dixéronlle que tiña que ir ó Concello a facer non sei que dilixencias... Era concelleiro. Dos da República. Nunca máis volveu. Sóubose que os levaron ó cárcere de Sobrado e que mallaron neles con saña de feras... Logo apareceu xunto cos seus compañeiros nunha estrada de Ortoño, nos Batáns, paseado. Sen xuizo. Sen clemencia. Sen xustificación. Sen razón ninguna para a morte.

Entre saloucos, agarrando con forza o pano de man, debullou os seus rocordos. Debullou a impotencia e o silencio obrigado de tantos anos. A inercia da vida que a levou a seguir vivindo sen comprender o por que. Mostroume unha fotografía, que cobre de bicos a cada pouco, de seu pai morto. Fusilado. Aparecido a cincuenta quilómetros da súa casa, na veira dunha estrada fría. Con todo calculado para que os visen. Para que desen escarmento e terror. Para que ninguén se atrevese a pensar. Para que o medo sobrecollera as conciencias.

Non lles deixaron velo nin visita-la súa tumba, a foxa común onde lles deron terra. A palabra facistas nomea ós culpables do asasinato, e ela pronunciaa unha vez e outra e, non sabía nin sabe, o significado desa palabra que repite con esa inociencia que xunta ós vellos cos nenos.

O relato foi entrando en detalles. Seu pai non sabía ler nin escribir. Era tratante de gando nas feiras. Home moi coñecido. Despois de levárllelo aínda volveren varias veces. Ameazantes. Con arrogancia. Insultantes. Mantendo a nova orde.

E no ambiente da conversa estaba a pregunta que ninguén preguntaba. ¿Por que? No ambiente ía e viña a dúbida mantida durante anos de mentiras: "Algo faría..." Neste mundo rural nada acontece porque si. Os asasinos materiais e os que incitaron, alentaron, protexeron ou consentiron os asasinatos tiveron anos e anos para xustificárense con mentiras, con patrañas que de tanto repetilas acabaron sementando a dúbida sobre o que fora algún día verdade nidia. Construiron e instaláronse nun mundo de podre moralidade que aínda dura.

E, contra o final, despois de hora e media longa de conversa monologada por ela, entre saloucos, repetindo os feitos unha e outra vez coa memoria que vai e vén dos vellos... eu fixen a pregunta: ¿E vostede sabe por que llo mataron?

Ela encolleu os hombros. Ela sabe... Ela mamou da cultura agraria, que nunca hai xustifícación para unha morte alevosa, fría e sen xeito. Pero dubida. A sombra dos anos, dos comentarios calados, das marmuracións malintencionadas, das conversas en voz alta dos asasinos que se tornaron en persoas respeitadas e de moral moralizante e exemnlar... A dúbida...

E eu conteille. Eu. Pobre de min, que sei desto por oídas, por estudio e por referencias... Eu non puiden aguantar a dolor da dúbida que aniñaba desde tanto atrás nela. Conteilleque houbo un tempo en que no corazón de moitos homes aniñou a ilusión dun mundo mellor, máis xusto, onde non habería nin amos nin escravos. Que en abril do ano 31 esa ilusión tiña un nome: República. E que eses homes, servos, prendáronse dese nome de muller: República. E que a esperanza comezou a tomar realidade e traballaron por ela. El, seu pai, tamén sentiu ese amor. A República significaba oue os nenos terían escolas, os caseiros terían mellor vida, habería carreteras, os labregos non pagarían foros nin rendas abusivas... que a democracía iría vindo... E fixeron concello. E fixeron camiños, e fundaron escolas. E soñaron un novo mundo máis xusto. E faleille que os amos non permitiron que iso fose adiante. Eses amos que ela coñeceu ó longo da súa vida. E que un 18 de xullo, en nome de grandes palabras como patria, orde, deus, moralidade... afogaron en sangue a democracia e instauraron o terror e a morte.

E asegureille que seu pai non cometerá delicto ningún. Que unha vez máis os lobos baixaran a atemorizar o rabaño para deixaren ben claro quen mandaba e quen tiña que obedecer. E que fixeron sangue entre os mellores... Tamén lle dixen que eran termpos tardíos, pero tempos de recupera-la memoria. Sen vinganza, pero recupérala enteira, nidia, limpa... Para todos nós. Para que descansen en paz eles e nós.

Despedínme dela. Prestoume a fotografía de seu pai morto no chan. E aínda me agasallou cunhas cantigas falada das co riso nos labios e as derradeiras bágoas nas fatulas. Cando saín continuaba a chover pero xa non estaba a tarde escura. Eu comprendín, e de que maneira, que ninguén lies dixera nada. Nunca chegaran a saberen por que os mataran. Que sempre estivera ai esa condanada dúbida, esa lousa, esa incertidume: "Algo farían cando os mataron..." E non. O seu delicio fora atreverse a soñar e comezar a materializar o soño.

A Sra. Dolores morreu hai pouco. Apagóuselle a vela pouco a pouco, a modiño, aloumiñada polos seus. Na súa casa. No seu mundo.

¡Teremos que aprender a soñar unha miga máis do que o facemos!

fabiana
Mensagens: 63
Registado: quarta, 12 jul 2006, 20:02

Ninguén lles dixo nada

Mensagempor fabiana » sexta, 05 set 2008, 18:20

Hola:
Mi abuela, AURORA PAIS VIETO, natural de Logrosa (Negreira), me contaba que iba caminando a Santiago desde Negreira, para vender parte de su cosecha, comprar o intercambiar, cosas que a ella le faltaban, muchas veces no llego a Santiago, regresaba de vuelta a Negreira, e iba casa por casa, avisando a las familias, de los que estaban tirados en las cunetas, ella, misma, junto con madres y esposas, trasladaban por la noche, los restos de los soldados fusilados, para ser enterrados en sus parroquias, hoy no recuerdo, los lugares que ella mencionaba, pero si quedo muy grabado en mi mente, aquella proeza, de esas mujeres.
Yo no tengo historia, al menos de momento, en mi familia, llevamos 70 años buscando los restos de mi abuelo MANUEL CAAMAÑO LAGO, natural de Ortoño-Ames, con 27 años, no llego a conocer a su hija, mi madre.
Comenzó mi abuela, su esposa, hasta que falleció, recorrió, todas las instituciones militares, realizo numerosos escritos, sin resultados, luego continuo mi madre y hoy ya hace varios años, continuo yo.
Mi abuela falleció, con la pena de no poder traer a casa los restos de su marido, los militares, jamás le dieron los ascensos de mi abuelo, por que según ellos se habían quemado los archivos y no constaba en ningún sitio, mi madre continúa con la misma pena y yo, no he consigo nada todavía.
Los militares, después de mucho insistirles, (según ellos se habían quemado los archivos) me envían un certificado de defunción, en ningún momento mencionan donde están los restos, pero si dice muy clarito, que falleció en la enfermería de un hospital de Asturias, por heridas de guerra, el día 05 de Marzo de 1937, viéndolo un forense el 30 de Marzo del mismo año y siendo testigos un medico y un empleado del hospital.
Yo les hice la misma pregunta que supongo vosotros os estaréis haciendo, en época de guerra, en 1937, si un soldado fallece, ¿en que cámara frigorífica, tendrían a esa persona 25 días?, No puedo creerlo. NO ME HAN CONTESTADO.
Inscribí su nombre en todos los foros, de victimas de la guerra, tan solo en el Foro por la Memoria, me han contestado, de que seguirán el caso, pero de esto ya hace mucho tiempo, y no recibo ninguna noticia.
De mi abuelo Manuel, solo tengo una foto, cartas a mi abuela, y una postal de la Virgen del Pilar, diciendo que se encontraba en Asturias, (algo raro, ¿no?)
Solo quería aportar mi granito de arena, y mi apoyo a todos los que buscan a sus familiares.

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Ninguén lles dixo nada

Mensagempor cachafeiro » sexta, 05 set 2008, 20:41

Fai catro meses que Casdeiro publico o testemuño da señora Dolores e nunca puiden terminar de leelo, nin sequera chegaba á metade que se me pechaba a garganta, non era por non querer saber, senón porque xa imaxinaba o resto da historia, historias tantas veces escoitadas na miña casa.
Pero fuè agora, ao ler o testemuño do avó de Fabiana, que tomè a coraxe e terminè de ler a nota na súa totalidade.
E non estaba errada, era unha desas historias tan sabidas, tan feitas carne en mìn.
E son miles.
Entendo perfectamente a dor de Fabiana e a súa nai.
É a dor de non atopar Xustiza pola morte, injustificable, dos nosos familiares.
Só quédanos o poder contalo, niso poder atopar un pouco alivio, tan só un pouco, á angustia que levamos como herdanza.
Espero que ninguén se ofenda polo poema que vou publicar, pero ao ler a historia de Fabiana, veume á memoria.
É de Lamas Carvajal, poeta galego.


DESCONSOLO DE NAI.





Eu ben o vin; co seu morral n'o lombo
Cara a Cudeiro ben 'o vin marchar...
Leváronmo pra guerra... ¡Ay probe fillo...;
Ay probe fillo!! ¡¡Coitadiña nay!!
Eu xa non teño quen console agora
As penas que m' afrixen; sin il son
Sér que morre do dóor e soedades,
Alma sin sonos é xardin sin frór.
Inda hoxe o recordo, e inda teño
Gardadas n'o meu triste curazon,
As vágoas d' os seus ollos, as palabras
Que me dixo o meu ben cando se fói.
Miña nay, miña nay, cále, non chore,
Dixo o probe, morrendo de pesar,
Diume unha apreta logo e dispidíuse,
Fóise despois, e non 'o vin xá mais.
A miña xoya, 'o meu tesouro, 'o fillo
Que con moitos traballos eu criéi
¿Onde s'atopará? ¿morréu, ou vive?
¿Eu morrereime sin volvélo a ver?

Anduriñas voadoras que traspóndes
Os espacios, si o vedes, por piedá
Faládelle de min, qu'o quero moito
Que veña aixiña, aixiña pr'o lugar...

¡Ay! e ninguen responde, todo cála,...
Soedades..., dóor..., ¡e lonxe d'íl!
Sí xá non vivo sin meu probe fillo,
¿Ondo estás morte, que non vés por min?


Alexandra Cachafeiro Camiña


Pra todos eles, meu corazòn.

esperanzataboadasurribas
Mensagens: 48
Registado: domingo, 06 nov 2005, 23:14

Ninguén lles dixo nada

Mensagempor esperanzataboadasurribas » sexta, 05 set 2008, 20:44

queridos amigos eu tamen me uno a vos ,en solidaridade ,cos que perdestes familia na guerra,dous de os meus tios estiveron en ela o hirman mais vello de miña nai yo siguente ningun morreu nela o mais vello tibo que liscar pra Bos Aires casi escapando segun conta miña nai,estubo tres anos no frente fixo de praticante e de cornetin de ordenes eso que non tiña nin idea,conta miña nai que escribiu un diario,nel contaba as cousas que via,pero estibo enfermo nun convento e cantaba moi ven e as monxas no deisaban que marchara a cambio a superiora pidille o diario e deullo non sabedes que lastima me deu,no ter ese cuaderno,eu non o conocin pois moreu en Bos Aires a edade de 42 deixou muller e dous fillos ua meniña de 3 anos ion bebe de 6 meses.O outro meu tio conta miña nai,que salvou un compañeiro que estaba feridoe pediulle por dios que non o deixara morrer soo,he levouno o lombo ata que os socorreron,pasou o tempo e meu tio estibera na casa de permiso yo dia que voltava o frente topouse co compañeiro que axudara el era sobriño dun mandamais e dixolle que il non volvia o frente asi foi,amigos como vedes non soo oubo cousas tremendas sinon tamen bonitas e tiernas,miña aboa pasou moitos anos rezando he chorando polos fillos pero tubo a sua recompesa aunque o mais vello non chegou a selo,espero que vos guste a miña historia ,he pensai que si ocurren asi as cousas con algun fin he bicos a todos Espe....

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Ninguén lles dixo nada

Mensagempor cachafeiro » sexta, 05 set 2008, 20:45

Fabiana, o que ti aportas non é un granito de area. É unha montaña.

Moitas grazas!!!

Alexandra Cachafeiro Camiña

fabiana
Mensagens: 63
Registado: quarta, 12 jul 2006, 20:02

Ninguén lles dixo nada

Mensagempor fabiana » sexta, 05 set 2008, 20:47

Alejandra, he leído todos los testimonios y más, te aseguro, que nadie podrá ofenderse, con este poema, que me hizo llorar y estremecer de dolor, gracias Alejandra por este aporte.
Fabiana Estévez

silvine
Ex-membro
Mensagens: 159
Registado: quinta, 06 mar 2008, 02:59

Ninguén lles dixo nada

Mensagempor silvine » sexta, 05 set 2008, 21:12

Veo a muchos conectados en este momento, en especial a Fabiana, Alexandra y Esperanza, y no puedo menos que agradecer que hayan compartido el dolor de sus historias de vida, y hacerles llegar mi más profundo respeto por esa búsqueda de quienes fueron ilegalmente desaparecidos, injustamente perseguidos y exterminados.

A la pena por la pérdida se une la desazón de no saber, de ignorar el cómo, dónde y cuándo fueron muertos esos seres tan queridos. El porqué, también, ha quedado para esos seres preciosos como la señora Dolores, como incógnita..., pues en verdad, ¿se puede explicar tamaño crueldad? ¿Se puede decir por qué alguien "merece" terminar sus días en manos de "los lobos negros" en una negra noche de terror?

También, como Alexandra, terminé de leer la historia de la señora Dolores extraída como ejemplo del libro que nos propone a la lectura Manuel... No había terminado.

Parece que tenía que llegar mi tiempo en Fillos para poder compartir testimonios con personas que se acercan a este lugar para cerrar una estrecha vinculación con los héroes de la Guerra "llamada" Civil española, que empezó en mi adolescencia.

Alexandra, Fabiana, Esperanza, gracias por mantener viva la memoria. No es verdad que "ya todo pasó", si sigue viva la herida por el ser amado que no se sabe dónde ir a llorarlo simplemente porque no nos dicen la verdad.

Un abrazo fuerte y fraterno.

Silvia

pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Ninguén lles dixo nada

Mensagempor pilarmabel » domingo, 07 set 2008, 00:03

Mi más profundo respeto por todas las victimas y sus familiares.
Reafirmando lo dicho por Silvine que no es verdad que ?ya todo pasó? , nada es tiempo pasado hasta que no se tenga un lugar donde llorar a los nuestros, hasta no sean trasladados a sus parroquias y sepultados dignamente.


Comparto esto que lei hace unos días. La noticia es del día 2/09/08.
No tengo palabras para decir lo que me produjo leerlo.

Recuperación de la Memoria Histórica
Cientos de cadáveres de la Batalla del Ebro permanecen a la intemperie
La ausencia de una Ley de fosas impide enterrarlos en un osario
En esta sierra de Tarragona se vivieron los episodios más sangrientos del conflicto
.

En la sierra de Fatarella yacen los restos de cientos de combatientes de la Batalla del Ebro. Una iniciativa
ciudadana, en colaboración con la Iglesia y la Generalitat, construyó un osario para darles digna sepultura. Sin embargo, vacíos legales en la Ley de la Memoria Histórica y la ausencia de una Ley de Fosas impiden que este fin se pueda llevar a cabo. Los vecinos de la zona, así como ciudadanos que buscan los restos de sus familiares, esperan que con la iniciativa de Garzón acabe su pesadilla
Es una zona boscosa, de difícil acceso, con varios puntos escarpados. Hay que caminar un par de horas para llegar, pero el hallazgo compensa el esfuerzo. Son los restos humanos de cientos de soldados de la Batalla del Ebro. Se encuentran a la intemperie, tal cual murieron. Entre sus restos están sus enseres. Carteras, latas de sardinas, cantimploras, armamento... se hallan en Fatarella, Tarragona, uno de los puntos donde se vivieron los combates más duros de la batalla que decidió la Guerra Civil.
Setenta años después, ciudadanos como Antoni acuden aquí a buscar los restos de sus familiares. En su caso, se trata de su tío. Lleva cuatro años tras su pista. Exige lo que muchas otras personas que perdieron a los suyos en la guerra, un entierro digno para poner punto y final al tema. Al contrario que los fallecidos por el bando nacional, que recibieron sepultura durante el régimen franquista, buena parte de los republicanos aún esperan que las instituciones democráticas hagan lo propio. Maria Jesús Bono, de la Oficina de la Memoria Democrática de la Generalitat, asegura que el Gobierno regional trabaja con ese fin, aunque son los familiares los que tienen que solicitarlo. El problema es que, con los restos humanos esparcidos y descuidados en el campo, hay un parque eólico planificado para la zona.

Testimonio de la Historia

El 19 de Agosto de 1938, los generales de Franco, Juan Yagüe y García Valiño, atacaron la Sierra de Fatarella y la de Cavalls. Su operación estaba enmarcada en la contraofensiva nacional tras el paso del Ebro por parte del Ejército Popular Republicano. La táctica de guerra empleada fue la precursora de lo que luego los historiadores llamaron 'blitzkrieg' o 'guerra relámpago'. Aunque en España a Yagüe se le recuerde más por explicar al periodista americano John T. Whitaker en el 36 que fusiló a cuatro mil ciudadanos en Badajoz porque sus columnas "avanzaban contrareloj".
La guerra moderna llegó a esta serranía que ya contaba con múltiples cicatrices. La guerra de la Independencia, las carlistas, los bandoleros, o en el siglo XX los propios campesinos opuestos a la colectivización de sus tierras decretada por los anarquistas, habían teñido el terreno de sangre. Sin embargo, nunca como en ese verano, cuando los cazas alemanes 'Messerschmitt Bf 109', los que habían bombardeado Guernica, los que fueron pieza fundamental de la Luttwaffe en la II Guerra Mundial, hostigaban a las tropas republicanas sin descanso.
En inferioridad aérea, las tropas leales fueron brutalmente hostigadas mientras trataban de impedir que los rebeldes llegasen al Ebro, misión que lograron en pocos días. Para cuando el teniente coronel republicano Juan Modesto ordenó la retirada, ya habían muerto miles de hombres. Unos recibieron sepultura improvisada; otros, durante décadas, no se han movido de donde cayeron.

Cadáveres 'velados' por los agricultores

Los agricultores se encontraban restos humanos cuando trabajaban sus tierras. Normalmente, los volvían a enterrar más hondo, pero tiempo más tarde aparecían otra vez.
Sin embargo, durante los últimos años, por iniciativa del Consorcio Memorial de la Batalla del Ebro y la Generalitat de Cataluña, se construyó el Memorial de Camposines, un osario para dar sepultura a los restos de combatientes esparcidos por el territorio. La idea era reunir todos los cuerpos que fueron quemados o malamente enterrados con independencia de su signo político. No en vano, para empezar, el terreno fue cedido por el Obispado de Tortosa. Por ahora sólo es un museo. Está pendiente de que el Gobierno, tal y como ha reclamado Amnistía Internacional, elabore un mapa de fosas y un protocolo de exhumación de los cadáveres.


Fuente: http://www.telecinco.es/informativos/so ... ntemperie+


Un saludo
Pilar

fabiana
Mensagens: 63
Registado: quarta, 12 jul 2006, 20:02

Ninguén lles dixo nada

Mensagempor fabiana » segunda, 08 set 2008, 10:52

Gracias Pilar, por unirte al dolor, de todos los que seguimos buscando a los nuestros.
La noticia que nos expones, la hemos visto en España con mucho estupor, personalmente cuando la vi, no podía creerlo.
70 años, han pasado, sin que ninguna autoridad, diese orden de enterrar a esos seres humanos tirados en montes, nunca pensé que ocurrirá semejante barbarie.
La ultima noticia verbal que yo recibí de mi abuelo, es que había fallecido en la Batalla del Ebro, ¿quién me dice a mi, que uno de esos seres humanos, no es él?
Personalmente, como creo, que para todos los que buscamos, ha sido de las noticias mas duras y cruentas que hemos visto sobre la guerra, no he tenido el coraje de transmitirlo textualmente, como tú lo hiciste.
Nos cuesta mucho, ver, leer, indagar, pero sabemos, que es la única forma, en la que podremos, aclarar donde yacen nuestros seres queridos.
Fabiana Estévez

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Ninguén lles dixo nada

Mensagempor rubi » segunda, 08 set 2008, 13:27

Me uno al dolor que sufren mis hermanos y hermanas de Fillos de Galicia que aún hoy siguen buscando los restos de sus seres queridos muertos durante la Guerra Civil Española.
En un artículo publicado la semana pasada en el Diario Clarin de Buenos Aires, se informa que el Juez Baltasar Garzón ha iniciado la que puede ser una histórica investigación, de una enorme magnitud judicial, al reclamar a diversas instituciones la más amplia información sobre los miles de desaparecidos durante la Guerra Civil y la posterior represión de la dictadura franquista.
Garzón trata de forzar una acción desde el Estado para realizar un censo de los asesinados y enterrados en fosas comunes sin ninguna identificación.
El objeto del magistrado es reponder a las demandas presentadas por ocho asociaciones de familiares de desaparecidos reclamando que la justicia investigue para identificar los restos de sus seres queridos.
Ya se han realizado trabajos en diversas sepulturas en las que quedaron al descubierto esqueletos de civiles que fueron asesinados por grupos franquistas y enterrados en fosas comunes.
Las especulaciones sobre cuántas son las víctimas sin nombre oscila entre las cien y las doscientas mil personas.
Garzón ha dado un plazo de quince días para que las asociaciones querellantes les informen de todos los antecedentes que tienen sobre los desaparecidos y la ubicación de las fosas comunes donde fueron enterrados.
La Ley de Memoria Histórica aprobada hace nueve meses, dispone que se realice un mapa con las fosas comunes en las que yacerían más de 40.000 muertos por la dictadura.

A pesar de los años transcurridos desde aquel horror, nunca es tarde para que los familiares de los muertos sientan que podrán al fin descansar en paz...


Voltar para “Historia de Galicia e memoria histórica”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante