Que é o BNG?

Xunta de Galicia, nacionalismo galego, política sobre emigración e retorno, etc.
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Que é o BNG?

Mensagempor casdeiro » quarta, 12 mar 2008, 23:31

Gostaríame encetar un debate aquí sobre o que é, o que foi e o que pode ser no futuro o BNG, con estas palabras de Darío Xohán Cabana publicada nunha recente entrevista:

O BNG non é independentista, nin o foi nunca. Incluso o seu nacionalismo foi esmorecendo, pero máis esmoreceu aínda a súa condición de esquerdas. Un estado plurinacional -federal- podería mesmo ser unha solución posible, pero sempre que a nación estivese no posto de mando, non con ese pseudofederalismo que é o chamado "estado das autonomías", por moito que falen de afondar nel. A política actual do BNG paréceme máis autonomista ca outra cousa, e carece mesmo da radicalidade doutros partidos centristas coma CIU, e xa non digamos o PNV.

xorxelois
Mensagens: 40
Registado: domingo, 29 jun 2003, 23:00

Que é o BNG?

Mensagempor xorxelois » quinta, 13 mar 2008, 14:26

O mellor que atopei sobre o asunto, estimado Manoel, é isto:

"Dentro do nacionalismo galego podemos atopar dúas correntes ideolóxicas principais:

- Unha, a maioritaria que avoga por unha gran autonomía, ou a transformación de España nun estado federal ou confederal.
- Outra, a da esquerda independentista, que aposta polo rompemento co estado español e co modelo de sociedade capitalista. (A FPG ???, pregunto eu, Xurxo).

¿Acaso non se pode ser autonomista, non federalista e nacionalista?

A miña lectura da realidade é diferente. Se o nacionalismo é unha corrente cultural, social e/ou (e non e como di o artigo) política que propugna o recoñecemento de Galiza como nación, o concepto de partido nacionalista -outrora válido, pois outrora os partidos centrais (PSOE...) non aceptaban que Galicia fose unha nación nin o propugnaban abertamente- está desfasado e pasou a ter un pobre valor, o de oposición cos partidos centrais, pero con moita menos carga ideolóxica. Non se pode dicir que o BNG é a bandeira do nacionalismo galego. O nacionalismo galego pertence ó pobo, non ó BNG, o BNG non é o representante do nacionalismo, simplemente é nacionalista. O nacionalismo é unha realidade (concepto, esperiencia,...) moito máis ampla actualmente e historicamente do que a perspectiva do BNG achega..."

Fonte:http://gl.wikipedia.org/wiki/Conversa:Nacionalismo_galego

Unha aperta dende Bos Aires
Xurxo Lois


Voltar para “Política galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 5 visitantes