Ao fío da querela en Bos Aires, reclaman a detención de Manuel Fraga

Neste foro falamos de Historia de Galicia, antiga ou actual: desde o celtismo ata a Memoria Histórica, etc. Os temas relativos ás historias persoais ou familiares dos emigrados, as súas vivencias na emigración teñen outro espazo en "Historias da nosa emigración".
Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 358
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Ao fío da querela en Bos Aires, reclaman a detención de Manuel Fraga

Mensagempor rubi » quinta, 15 abr 2010, 13:50

Asociacións a prol da recuperación da memoria histórica impulsan unha iniciativa que chama a atención sobre o silencio cómplice no Estado español.
15/04/2010
En España segue a vivirse como durante os 40 anos da ditadura de Francisco Franco: Hai en certo modo un silencio cómplice. O camiño da concordia e da reconciliación non exclúe a xustiza nin implica o esquecemento.
Así o recolle un dos parágrafos da misiva asinada por Darío Rivas, quen na altura dos seus 90 anos se erixe nun dos demandantes que pulan para abrir nos tribunais arxentinos un xuízo polos crimes do franquismo. Na lista de responsábeis aos que o colectivo apunta aparece destacado un nome: o ex ministro franquista Manuel Fraga. Esquecer o pasado é cometer unha inxustiza coas vítimas da represión, coas xeracións futuras. A procura de xustiza histórica por dolorosa que sexa, non só é importante para España senón que ten ramais por toda Europa, exponse no documento elaborado por Rivas e lido por súa sobriña Ana Campos nun acto celebrado en Bos Aires.
Fuente: www.vieiros.com
Rubí
Buenos Aires-Argentina

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Ao fío da querela en Bos Aires, reclaman a detención de Manuel Fraga

Mensagempor cachafeiro » quinta, 15 abr 2010, 14:50

A ver se agora todos aqueles que se beneficiaron coas axudas de don Manuel téndenlle a man facendo unha colecta para pagarlle un avogado, porque cando houbo que comer, comeron das festas que o sr preparaba para a colectividade e cantos galegos puideron volver ver a terriña grazas ás viaxes que ofrecía ou sr desde a xunta
Isto todo sen ´ánimo de ofender.
É que che son boa e de caridade cristiá.
Alexandra Cachafeiro Camiña


Voltar para “Historia de Galicia e memoria histórica”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes