Volven a casa

Neste foro falamos de Historia de Galicia, antiga ou actual: desde o celtismo ata a Memoria Histórica, etc. Os temas relativos ás historias persoais ou familiares dos emigrados, as súas vivencias na emigración teñen outro espazo en "Historias da nosa emigración".
Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Volven a casa

Mensagempor rubi » domingo, 25 out 2009, 22:34

25/10/2009
Volven a casa os corpos dos cinco represaliados do Porriño.
A igrexa de Areas (Ponteareas) acolleu un emotivo acto no que os familiares recibiron os restos destes labregos republicanos asasinados no 1937.
Pasaron xa dous anos dende que os restos óseos de Saturnino Vila Quiroga, Serafín Rodríguez, Xosé Ramírez Vila, Manuel Pérez Vila e Xosé Rodríguez Carrera foran recuperados da foxa de Areas (Ponteareas). Mais foi o tempo necesario para a súa identificación, un traballo no que colaborou a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica e que correron a cargo dos voluntarios Francisco Exteberría, médico forense da Universidade do País Vasco, e Lourdes Herrasti, antropóloga da Sociedade de Ciencias Aranzadi.
Precisamente desta dilación no tempo quéixanse dende a Asociación Memoria do 36 de Ponteareas, o colectivo que este domingo celebrou a sentida homenaxe a estas vítimas da represión. \\\"Todo o proceso de exhumación e identificación dos restos dos represaliados durante o franquismo está en mans de voluntarios\\\", láiase Anxo Rodríguez Gallardo, presidente da asociación, \\\"é un proceso moi longo porque obedece ao interese dos propios interesados, sen apoio ningún das institucións\\\".
Rosas pola Memoria
Con todo, o adiamento destes últimos meses non fixo máis que prolongar un tempo de espera que suma xa 73 anos. Os corpos dos cinco veciños de Budiño (O Porriño) asasinados en setembro de 1937 foron entregados este domingo aos seus familiares no atrio da igrexa parroquial de Areas, no concello de Ponteareas. O lugar escollido para este motivo acto foi o da propia exhumación e agora o obxectivo é que as familias enterren ás súas vítimas en Porriño, nun acto institucional no que tomará parte o goberno municipal.
A Asociación pola Memoria do 36 homenaxeou a estes represaliados co seu tradicional acto de Rosas pola Memoria, unha honra que o ano pasado se adicara a Roxelio Grova. Estiveron presentes membros das cinco familias: fillos, netos e mesmo bisnetos dos fusilados que, en todo momento, seguiron o proceso de recuperación dos seus corpos. A día de hoxe e logo da identificación dos restos saben que faleceron a causa de \\\"traumatismos por disparos de armas de fogo\\\", asasinados por ser \\\"simples labregos republicanos\\\", en algúns casos afiliados a sindicatos agrarios. Co acto celebrado este domingo, estas cinco vítimas do franquismo iniciaron o camiño de regreso a Budiño, onde naceron, da man dos seus familiares. Unha viaxe para a que, desafortunadamente, tiveron que agardar sete décadas.
Fonte: www.vieiros.com

arisil
Mensagens: 48
Registado: terça, 08 jul 2008, 17:54

Volven a casa

Mensagempor arisil » quinta, 31 dez 2009, 21:39

Esta es otra demostración de tu parcialidad.
A ver, conste que estoy de acuerdo con que se busque a esa gente que fue fusilada y desaparecida durante y después de la guerra civil, y que sean entregadas a sus familiares, sabes, nadie puede estar en desacuerdo con eso, pero…..no te parece que deberian hacerlo con gente de derechas tambien??
Va!! Quizas para ti los que fusilaron los republicanos estaban bien fusilados, o piensas que no han hecho de las suyas tambien, a lo mejor crees que eran “Carmelitas descalzas”
Sabes me recuerdas algo que me conto mi padre, durante la guerra civil, los soldados le preguntaron al cura si matar era pecado que les contesto?? Pues no lo era siempre y cuando se matara a los republicanos, joder!!! Vaya cura este.
A ver si algun dia eres imparcial y publicas a favor o en contra, tanto sea de un lado como de otro, podre tener esperanzas??? Seguro que no.
Me pregunto ….por causalidad leiste el libro…….O llevaras luto por mi.
Como lo cortes no quita lo valiente, te deseo que el proximo año llegue con salud y lleno de felicidad para ti y toda tu familia.
Arisil.


Voltar para “Historia de Galicia e memoria histórica”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante