Unha historia esquencida do exilio

Neste foro falamos de Historia de Galicia, antiga ou actual: desde o celtismo ata a Memoria Histórica, etc. Os temas relativos ás historias persoais ou familiares dos emigrados, as súas vivencias na emigración teñen outro espazo en "".
mariab
Mensagens: 41
Registado: quinta, 04 jan 2007, 10:49

Unha historia esquencida do exilio

Mensagempor mariab » quinta, 01 out 2009, 12:17

Eu até hai ben pouco non coñecía a historia de José Almoina e Pilar Fidalgo. Afortunadamente, cada vez hai máis xente que traballa para que coñezamos estas historias que nunca deberiamos esquencer.
\"Almoina e Fidalgo: os dous grandes esquecidos da memoria do exilio
Xurxo Martínez Crespo presenta este venres na Galería Sargadelos de Lugo o libro \'José Almoina&Pilar Fidalgo exilio. Dominicana, México\'
José Almoina e a súa muller Pilar Fidalgo son os grandes esquecidos da memoria histórica do exilio galego. Unha débeda que o libro José Almoina&Pilar Fidalgo exilio. Dominicana, México, de Xurxo Martínez Crespo, pretende saldar.
Almoina, que naceu na cidade de Lugo, era funcionario de Correos en Benavente cando comezou a guerra. A Fidalgo e a súa filla Helena, con 15 días de nacida, detéñenas en pleno conflito e pasan 10 meses encarceradas. O seu testemuño, escrito en 1937 en Francia e recuperado para este libro en galego, é o primeiro dunha muller sobre as torturas e a represión franquista nos cárceres durante a guerra.
En 1939, Almoina, diplomático da República en Niza, marcha a Dominicana coa súa familia. Alí chegara a ser profesor universitario e tamén mestre particular do fillo do ditador Trujillo e despois, o seu secretario.
A aceptación do posto valeulle a expulsión do PSOE no exilio. Almoina foxe de Trujillo e marcha para México coa súa familia. Durante o tempo que permanece no goberno do ditador, apenas uns meses, realiza un informe secreto sobre as actividades desestabilizadoras de Trujillo en Cuba e Venezuela. Así que chega a México presenta o informe aos gobernos cubano e venezolano.
A súa vida crúzase coa do exiliado vasco, do PNV, Jesús de Galíndez en Dominicana. Galíndez, informante a soldo dos servizos de intelixencia estadounidenses, será secuestrado en Nova York e asasinado en 1956 por Trujillo. A historia, inxusta, fará de Galíndez un heroe e de Almoina un colaborador.
Este libro rompe con ese tópico ao mostrarnos un Almoina que non só xogou a súa vida, senón a de toda a súa familia, fuxindo durante máis de 12 anos dos sicarios do ditador dominicano, até que un día morre asasinado en México por dous pistoleiros cubanos, o 5 de maio de 1960, un día despois de ser atropelado e baleado. As súas derradeiras palabras foron: \"Foi Trujillo\".
Presentación este venres
José Almoina&Pilar Fidalgo exilio. Dominicana, México está coeditado pola CIG e a Federación Galega de Asociacións de Emigrantes Retornados en Edicións A Nosa Terra. Na súa presentación, este venres ás 20.00 horas na Galería Sargadelos de Lugo, participarán o profesor, escritor e poeta Claudio Rodríguez Fer, o escritor e xornalista Afonso Eiré e o autor da obra e colaborador de Vieiros, Xurxo Martínez Crespo.
http://www.vieiros.com/nova/76581/almoi ... -do-exilio

Voltar para “Historia de Galicia e memoria histórica”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante