Amnesia da nosa identidade histórica.

Neste foro falamos de Historia de Galicia, antiga ou actual: desde o celtismo ata a Memoria Histórica, etc. Os temas relativos ás historias persoais ou familiares dos emigrados, as súas vivencias na emigración teñen outro espazo en "".
Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Amnesia da nosa identidade histórica.

Mensagempor rubi » sexta, 04 set 2009, 12:40

Grazas amigos por animarme a seguir intentando aprender a miña lingua nai.
Creo que SI corresponde dicilo neste fío, xa que xustamente trátase diso, de "curarme da amnesia da miña identidade histórica".
Ao entrar a Fillos de Galicia comecei a sentir a necesidade de aprender a falar en galego e aos poucos, alentada por Alexandra, Ana e Crisanto (quen se tomou a molestia de enviarme cursos de galego) vou logrando dar os meus primeiros pasos na aprendizaxe desta fermosa e amada lingua.
Seguramente estou cometendo erros gramaticais, pero practicando é como se aprende, e non me ofendo se me corrixen, todo o contrario, voullos a agradecer.

Moitas grazas amigos !!!

Unha aperta...

Rubí
Buenos Aires-Argentina

Avatar do Utilizador
crisanto
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 211
Registado: sexta, 29 fev 2008, 11:11

Amnesia da nosa identidade histórica.

Mensagempor crisanto » sexta, 04 set 2009, 14:45

Rubí, o teu galego de momento non está mal non hai ou hai pouco que corrixir, é moi que moi aceptable. Sigue así. Parece que Alexandra mellorou o seu galego, parece que é cousa de practicalo. Eu cada día aprendo algo novo, algunha verba, algunha expresión galega que non coñecía...
Valeria, se ti queres pódoche enviar o mesmo curso de galego que enviei a Rubí. Non teñas medo por falar ou escribir en galego aínda que sexa mal, pouco a pouco irás aprendendo. Os nenos pequenos non aprenden andar de corrido, primeiro gatean e cando votan andar fano con pouca seguridade, pero ai, logo non hai quen os apañe.
Saúdos, apertas e bicos, Crisanto

mariaisabelmoucocastro
Mensagens: 16
Registado: domingo, 01 mar 2009, 03:04

Amnesia da nosa identidade histórica.

Mensagempor mariaisabelmoucocastro » domingo, 06 set 2009, 02:20

Felicidades para los que pueden y se atreven!!! los que estamos lejos y escuchamos el gallego desde pequeños sentimos la nesecidad de seguir oyéndolo, es por eso que repito nuevamente, gracias a Fillos que me permite de alguna manera sentir muy viva en mí, por vuestro medio, miña lingua nai, (aunque no me atreva a escribirla). A seguir Galleguiños de Dios, que nos aprendemos de ustedes!!!!!!
.UNA APERTA!!!!

gallaecia
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 28
Registado: segunda, 15 dez 2003, 00:00

Amnesia da nosa identidade histórica.

Mensagempor gallaecia » terça, 06 out 2009, 11:17

Quen teña un neno galego 1º que o queira como o maior tesouro que é, e 2º que lle dea a maior cousa que os adultos podémoslle dar ós nosos nenos: coñecemento é liberdade pra escoller!
Cousas todas elas que non nos foron permitidas durante séculos ó noso pobo, e iso, lembrar é unha cousa que non deberiamos olvidar de decirlles. A nosa Historia é tamén parte de nós.
saudos, Gallaecia


Voltar para “Historia de Galicia e memoria histórica”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes