Xuntanza e homenaxe

Neste foro falamos de Historia de Galicia, antiga ou actual: desde o celtismo ata a Memoria Histórica, etc. Os temas relativos ás historias persoais ou familiares dos emigrados, as súas vivencias na emigración teñen outro espazo en "Historias da nosa emigración".
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Xuntanza e homenaxe

Mensagempor pilarmabel » sábado, 18 jul 2009, 13:56

San Simón recupera a memoria outro 18 de xullo
Colectivos a prol da recuperación e da divulgación da memoria histórica reúnense na illa, onde tamén lembrarán as vítimas da represión



Colectivos pola recuperación e a divulgación da memoria histórica xúntanse este sábado na Illa de San Simón para tomar contacto e renderlles homenaxe ás vítimas da represión franquista. De feito, o lugar e a data son ben simbólicos: o do comezo do golpe de estado de 1936 e o lugar que se converteu en cárcere para xente republicana dende aquel momento.

Dende o ano 2006, véñense xuntando, arredor desta data e no mesmo lugar, colectivos e asociacións culturais que converteron a illa nun espazo simbólico e referente para a recuperación da memoria histórica en Galiza. Deste xeito, este 2009, asociacións a prol da memoria, investigadores e investigadoras e membros do Consello Pola Memoria manterán unha reunión ordinaria para tratar temas de actualidade e, ademais, impulsar unha sinxela homenaxe coas persoas represaliadas.

Está previsto que cheguen á illa arredor das 11 da mañá. Segundo explicou Rubén Afonso Lobato, do Comité para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, farase unha valoración da situación social e institucional da recuperación e da divulgación da memoria histórica, dos seus proxectos e das carencias, como o proceso de exhumacións ou a simboloxía franquista que aínda existe. Por volta das 13 horas terá lugar a homenaxe ás vítimas.
Como cada un dos colectivos ten a súa propia axenda, segundo as súas prioridades a nivel local, a xuntanza servirá como posta en común


Fuente:http://www.vieiros.com


Un saludo
Pilar

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Xuntanza e homenaxe

Mensagempor cachafeiro » sábado, 18 jul 2009, 14:51

Polo meu pai que foi un dos miles de presos da Illa de San Simón, durante tres anos.
Polos miles de presos e represaliados da infame guerra facista.
Polo nosos heroes anónimos.
Para que tanto sufrimento non fose en balde.
De pé, coa fronte no alto e a viva voz:

VIVA A REPÚBLICA!!!!

aqui atoparán un resumo de testemuños dos protagonistas do horror, nas súas caras e nas súas voces, vexo e escoito ao meu pai JESUS MANUEL CACHAFEIRO CAMPOS

http://www.youtube.com/watch?v=XgksA5P7WJw


Alexandra Cachafeiro Camiña

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Xuntanza e homenaxe

Mensagempor rubi » domingo, 19 jul 2009, 20:57

POESIA SOBRE LA GUERRA CIVIL

Rostro angelical.


Rostro angelical de un niño de doce años,

de un niño que no sabe lo que es la guerra

de un niño rubio, de pelo ondulado con la mirada perdida.

Su cuerpo sentado descansa contra el árbol

más alto de su jardín, el árbol que lo vio crecer.

Rostro angelical de un niño que no entiende

porque él está apoltronado sobre los nudos retorcidos

de lo que mañana será madera, leña o fuego,

de lo que mañana no existirá

de lo que mañana será ceniza.

Rostro angelical de un niño que hace un rato

jugaba con sus amigos a la gallinita ciega

y ahora está reclinado sobre un tronco que le muele la espalda

y le tapa la carnicería que hicieron unos militares

que dispararon sobre algo que se movía.

Rostro angelical de un niño que llora de dolor

cuando ve que sus padres fallecieron hace un instante,

que sus hermanas se desangran en un banco,

y que a él poco le queda

porque su hermano de leche acaba de dispararle en el pecho...

Autor: H. Botella Chaves



Rubí
Buenos Aires-Argentina

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Xuntanza e homenaxe

Mensagempor cachafeiro » domingo, 26 jul 2009, 17:19

Que vai pasar coa Illa de San Simón?
Este 18 de xullo pasado, non houbo actos en San Simón, agás o que realizaron diversas asociacións.

Enviada por GonzaloAmoedo o 23/07/2009 14:17
Este 18 de xullo pasado, agás a xuntanza que diversas asociacións deste país, a título privado, fixeron na illa de San Simón, non houbo actos lembrando o golpe de estado de 1936 ou, sequera, aínda sen tanto simbolismo político, ás vítimas. O día pasou sen pena nin gloria nas illas.

A nova Xunta, mentres, debía de estar a preparar outras cousas que lle pareceron máis interesantes. ¡Quen sabe se non estaría argallando algo para que o novo Presidente se desprazase a Valencia en Audi ou nun taxi, a cooperar con dona Rita Barberá e coa Conferencia Episcopal, tan preocupados por levar adiante esa monumental basilica criptofascista! ¡Quen sabe se o novo Conselleiro de Cultura, tan preocupado pola globalización, non estará argallando algún acto lúdico festivo con Elton John, Madonna ou algún outro cantante de sona internacional, que abra as illas ao mundo anglosaxón e sexa patrocinado pola Coca Cola!

Tampouco, en todo o mes, se abriron as portas de San Simón para que a visitase quen quixera, con ou sen guía. A propia oficina municipal de Turismo de Redondela parece non ter moita idea de que vai pasar nese recinto que tanto representa para tantos, xa non só galegos ou españois, senón incluso doutros afastados lugares que, non polas mesmas razóns dos que fan o Camiño de Santiago, si emprendían estoutro camiño con moito afán, pescudando as raiceiras familiares ou procurando atopar o simbolismo histórico que impregna a todo o recinto, que, finalmente, nin sequera a outra Xunta bipartita fora quen de reconstruír en condicións, sempre cheíña de medos e procurando quedar a metade de camiño, para non cabrear moito aos outros, pero finalmente cabreando aos que deberamos de apoialos?se houbesen tido a valentía de iren un pouco máis aló en tantas cousas. Do concello de Redondela, partícipe na Fundación Illa de San Simón, mentres estea presidido por quen está presidido, o insípido e socialista de carné Xaime Rei, nada se pode agardar, nin sequera unha couce.

É facilmente entendible a actitude do actual goberno do PP. Non van tirar para diante co que foi denominado, para min non moi acertadamente, Memoria Histórica. Se os outros, que serían os herdeiros simbólicos e ideolóxicos daqueloutros que morreron nas illas non foron capaces de deixar o seu traballo máis que a medias, ¿qué se vai agardar destoutros? Eu non agardo nada. Así que, conforme lles molesta e pesa a lingua galega, conforme lles pesa a sanidade en mans públicas, conforme lles pesa a escola pública e lles pesa o acordar novos estatutos de autonomía que afonden no autogoberno, coido moi posible que este ano desapareza, tamén, o pouco e pobre que a outra Xunta deixou en San Simón. Polo de pronto, moita xente que se achegou ata Redondela en xullo, dende ben lonxe algúns, co obxecto de visitar San Simón, non puideron acceder ás illas para visitalas e saber algo máis sobre do lugar onde os seus avós estiveron presos ou morreron.

Non sei como, pero parece que finalmente sempre gañan eles, manda carallo.


http://www.vieiros.com/open/amosar/808/ ... -san-simon


Alexandra Cachafeiro Camiña


Voltar para “Historia de Galicia e memoria histórica”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante