O goberno da desmemoria!

Neste foro falamos de Historia de Galicia, antiga ou actual: desde o celtismo ata a Memoria Histórica, etc. Os temas relativos ás historias persoais ou familiares dos emigrados, as súas vivencias na emigración teñen outro espazo en "Historias da nosa emigración".
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

O goberno da desmemoria!

Mensagempor casdeiro » terça, 16 jun 2009, 15:50

O PP pecha o web do proxecto de recuperación da memoria histórica:

http://chuza.org/historia/cultura-fecha ... -historica

}:-@

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

O goberno da desmemoria!

Mensagempor rubi » terça, 16 jun 2009, 23:41

O BNG denuncia o peche da web 'Ano da memoria'
A deputada do BNG Ana Pontón denunciou o peche por parte da Consellaría de Cultura da web sobre a recuperación da memoria histórica -www.anodamemoria.com-, algo que considera un 'novo caso de censura e cinismo político do PP'.
Pontón recordou que os populares votaron a favor na pasada lexislatura dunha proposición non de lei do BNG na que se condenaba o franquismo e, por iso, cualificou de "cinismo político" que agora a consellaría "queira silenciar o conxunto da sociedade galega esta etapa, pretendendo condenar ao esquecemento a todas as persoas que sufriron a represión e até pagaron coas vidas por defender as súas ideas".

Ademais, a deputada nacionalista asegurou que "todo apunta a que o PP vai romper con todas as liñas de apoio á recuperación da memoria histórica en Galiza" e lamentou que a Consellaría non poña en marcha "ningún proxecto". "Unicamente dedícase a destruír o que se fixo na pasada lexislatura", censurou.

Neste contexto, a viceportavoz do grupo do BNG esixirá "responsabilidades" polo peche da páxina web e solicitará que se manteñan as liñas de axudas para a recuperación da memoria histórica en Galiza.

Fuente: www.anosaterra.org

Rubí
Buenos Aires-Argentina


Voltar para “Historia de Galicia e memoria histórica”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes