Compro casa en Melide (para restaurar)

Versión 5 do noso taboleiro específico para anuncios persoais clasificados. Tamén para o troco de galeuros.
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Compro casa en Melide (para restaurar)

Mensagempor casdeiro » sexta, 03 out 2008, 08:11

Estou interesado en casas que se vendan nos arredores de Melide, de pedra, con finca para cultivo de horta.

Enviádeme mensaxe privada se sabedes dalgunha. Tamén poderían valer nos arredores de Melide: Boimorto, Arzúa, Sobrado... pero ten preferencia Melide. ;-)

Tamén podería interesarme finca sen casa pero con permiso para construir, dependendo da ubicación concreta que teña.

Grazas.

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Compro casa en Melide (para restaurar)

Mensagempor casdeiro » domingo, 31 mai 2009, 10:15

Amplío e detallo as posibilidades do que busco. Se non é unha casiña vella de pedra para restaurar, tamén me interesaría unha finca (terreno, leira, parcela...) que fose urbanizable (edificable parcial ou totalmente) e cultivable, tanto en Boimorto (preferentemente), como nos arredores (Sobrado, Melide, Arzúa, Vilasantar, Mesía, Frades...). O tamaño ideal: media hectárea. Que dispoña de auga propia (a ser posible mina de auga ou manacial) potable. En entorno o máis natural posible, pero non moi separada de núcleos rurais habitados. Valorarase que dispoña de árbores (autóctonas e/ou froiteiras).

Quen queira ofrecerme algo destas características ou similares que me escriba por medio do portal ou a

Código: Selecionar todos

casdeiro ARROBA degalicia PUNTIÑO org

;-)

PS: Non descarto outras ubicacións xeográficas, sempre e cando as características da finca e o prezo sexan axeitadas ao que busco e podo permitirme.


Voltar para “Anuncios Clasificados: Compra, venda, traballo, etc.”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante