Buscamos oficina en aluguer (ou compartida)

Versión 5 do noso taboleiro específico para anuncios persoais clasificados. Tamén para o troco de galeuros.
Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Buscamos oficina en aluguer (ou compartida)

Mensagempor xestor » sexta, 01 ago 2008, 17:08

Levamos tempo xa á procura dunha pequena oficina en Galiza onde desenvolver as actividades de xestión técnica da nosa asociación.

Por cuestión prácticas, loxísticas, etc. é preciso que sexa en Milladoiro (Ames), ou o máis achegado posible, ou se non en Compostela.

Superficie: aprox. 10 m2.
Non preciso a pé de rúa.
Mellor se pode ser cedida de balde, compartida nun local con outras asociacións e/ou pagado o aluguer con galeuros.

Preferible xa acondicionada, con luz, un par de mesas e cadeiras para traballar con ordenadores, armarios para arquivo e posibilidade de conexión a Internet por cable, e con luz natural.

É moi urxente!

Quen poida ofrecernos un local así que se poña en contacto connosco polos medios habituais ou respondendo a esta mensaxe. Grazas.

servando
Mensagens: 4
Registado: segunda, 23 abr 2007, 16:26

Buscamos oficina en aluguer (ou compartida)

Mensagempor servando » terça, 05 ago 2008, 23:26

Coñezo, pola miña filla q a Asoc. Cultural Radio Kalimera http://www.akalimera.org/ , dispón da "Casa Encantada" e cóstalles costealo. Dispón de espacio suficiente e está situado entre a estación de autobuses e o Colexio da Salle en Santiago.

Non teño contacto con eles e de contactar sería por medio da sua páxina, ou tamén comentarllo a miña filla.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Buscamos oficina en aluguer (ou compartida)

Mensagempor xestor » quarta, 06 ago 2008, 08:23

Moitas grazas, Servando!! Vou ver de me poñer en contacto con eles!!! Xa che contarei...

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Buscamos oficina en aluguer (ou compartida)

Mensagempor xestor » quarta, 06 ago 2008, 08:58

O mail que teñen en CausaEncantada.org non furrula: chégame devolto. Tentareino logo por medio dos Kalimeros...

servando
Mensagens: 4
Registado: segunda, 23 abr 2007, 16:26

Buscamos oficina en aluguer (ou compartida)

Mensagempor servando » quarta, 06 ago 2008, 16:27

Falei con ela e doume o seu correo: -------- ; para porse en contacto con ela. Ten en conta q descoñeze este portal, polo menos ate o de agora. Tes que explicarlle todo.

Si existira un problema de almacén, eu dispoño dun pequeno almacén, pero sería en Noia. Por suposto sin costo algún.

Un saudo

(NOTA do Admin: Servando, non creo que lle gustase que publiques o seu mail ao alcance dos spambots, así que modifico o teu texto para quitalo.)

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Buscamos oficina en aluguer (ou compartida)

Mensagempor xestor » quarta, 06 ago 2008, 17:31

Xa está, Servando. Xa lle mandei resumindo un pouco a cousa. A ver se hai sorte e encaixa no que precisamos e a eles lles convén.

E grazas polo do almacén. Si, precisamos ter onde almacenar unha morea impresionante de libros que aínda temos en Barakaldo, pero precisámolos ter a man para proceder cos envíos. Así que Noia nos pillaría un pouco lonxe se ao final temos a oficina por aquí por Compostela. Pero moi amable de todos xeitos a túa oferta! É moi de agradecer.


Voltar para “Anuncios Clasificados: Compra, venda, traballo, etc.”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes