
Esta sección anteriormente estaba destinado exclusivamente aos :
Sección para o troco de galeuros (a nosa moeda virtual). Se tes galeuros e queres cambialos por diñeiro ou por produtos ou servizos con outros membros de Fillos, ou se precisas galeuros e queres pedirllos a outro membro que teña, este é o lugar.
Debido aos problemas técnicos que sufrira a nosa anterior sección de clasificados, tras as modificacións na configuración técnica realizadas tras ataques de malware nas nosas páxinas, buscamos unha simplificación do sistema. Optamos por utilizar o Taboleiro, xa coñecido da maioría dos nosos usuarios e que recibe moitísimas visitas, para ubicar nel tamén estes temas, permitindo así un funcionamento máis áxil e eficaz.
As mesmas normas que rexían na v. 2 dos nosos anuncios clasificados, son normas específicas nesta nova ubicación, isto é:
Fillos de Galicia presenta a súa nova sección onde os membros da Comunidade Virtual poden deixar os seus anuncios sobre diversos temas. Están prohibidas as mensaxes de empresas (para estas ofrecemos unha que axudará a financiar a nosas actividades). Os editores resérvanse o dereito de borraren calquiera anuncio que non sexa entre particulares ou que contraveña as normas do web ou a consideren non axeitada, sospeitosa u ofensiva.
Tentaremos trasladar aquí . Pregamos desculpas se algún deles non pode ser correctamente trasladado.
Se tedes dúbidas sobre o funcionamento desta sección podedes deixalas como resposta a esta mensaxe.
Grazas e sorte cos vosos anuncios!
