A nosa música no mundo - Centro Gallego de Mexico

Para falarmos sobre a música galega (tradicional e moderna), os grupos, artistas, compositores... Tamén sobre as películas feitas en Galicia, sobre os actores e directores galegos, etc. Incluimos neste foro tamén as conversas sobre teatro galego.
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

A nosa música no mundo - Centro Gallego de Mexico

Mensagempor cachafeiro » sexta, 11 jun 2010, 19:38

Con estas entregas quero mostrarlles aos galegos nativos como, os fillos e netos de galegos, difundimos a cultura dos nosos devanceiros.
Onde hai un galego no mundo, hai un centro galego.
O Centro Gallego de México é unha organización de inmigrantes galegos fundada en 1975 na Cidade de México.Aínda existe maior número de galegos noutras nacións americanas como Arxentina, Cuba, Uruguai, Venezuela ou Brasil, mais os galegos lograron ter unha destacada presenza no México e moito en particular no centro do ...país.As súas oficinas centrais encóntranse en Colima 194, Colonia Roma, da Cidade de México. Promove a difusión da cultura galega e publica unha Gaceta mensual chamada Anduriña.O centro galego de México é unha asociación civil sen fins de lucro co fin de dar sitio de reunión aos inmigrantes e descendentes de inmigrantes galegos en México.Na actualidade o Centro Gallego de México ten a segunda sede en Iztapalapa onde se realizaron diversas actividades deportivas e culturais como os torneos de voleibol, baloncesto, ou a romaría de San Martiño.
http://www.youtube.com/watch?v=FZE-knCXD30
http://www.youtube.com/watch?v=l5yVi9SPbRU
http://www.youtube.com/watch?v=tpDcMLNliy4
Alexandra Cachafeiro Camiña

Voltar para “Música, cinema e teatro galegos”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes