Página 1 de 1

A nosa música no mundo - Hermandad Gallega de Venezuela

Enviado: sexta, 11 jun 2010, 19:33
por cachafeiro
Hermandad Gallega de Venezuela
Foi un 12 de outubro de 1960, data aniversario do encontro entre dous mundos, cando os galegos de Venezuela descubriron tamén que na unión está a forza e que o encontro, a converxencia en Maripérez, na sede do ata entón Club Casabranca, dos membros procedentes dos tres centros galegos exi ...stentes propiciarían o inicio dunha singradura por rutas de progreso nunca antes coñecidas e que hoxe, ao socaire de porto seguro, representa a máxima realización colectiva da Galicia Exterior en América.
Cuba, Arxentina, México ou o Uruguai deran con anterioridade exemplos meritorios da vocación asociativa e capacidade de realización dos galegos no exterior. Algunhas das institucións e centros por eles creados seguen activos e puxantes, outros languidecen porque deixaron de recibir os nutrientes do fluxo migratorio, e o Centro Galego da Habana, por exemplo, quedou, soamente, para testemuño dun pasado esplendoroso.
En Venezuela, os galegos empezamos un pouco máis tarde, pero logramos sortear dificultades e crear a maior realización colectiva no seu xénero existente en América e o mundo. Ningunha outra entidade agrupa a tantos galegos, mantén en uso e goce dúas sedes (unha citadina en Caracas e outra campestre nos arredores), presta tantos servizos, exerce certo liderado no país, e sitúase na cima como referente do quefacer colectivo de diáspora galega no planeta.
Á Irmandade Galega de Venezuela fáltalle, como a todas as institucións da súa índole establecidas en América, a savia renovadora de novos continxentes migratorios por pasar España de ser país emisor a receptor de emigración, pero soubo incorporar aos integrantes da segunda e terceira xeración, facéndoos continuadores da obra dos seus antepasados.
Desde aquel 12 de outubro de 1960. cando se produciu a fusión que uniu aos galegos de Venezuela, a nosa Irmandade Galega non cesou de ir complementándose como obra colectiva inacabada porque as xeracións de substitución sempre teñen e terán algo valioso que achegar.
Hoxe queda xa moi pouco, case nada, da fisionomía e instalacións daquel Club Casabranca do cal tomamos posesión o 12 de outubro de 1961, na céntrica urbanización caraqueña de Maripérez. Aquí discorreu, discorre e discorrerá boa parte do noso quefacer colectivo. Aquí asistimos ao desenvolvemento dun continuo programa de reformas e construción de novas instalacións, así como ao incremento de actividades e servizos dos que gozan os asociados.
http://www.youtube.com/watch?v=pKbe2QT2d0w
Alexandra Cachafeiro Camiña