\'Árdeme o eixe!\'

Para falarmos sobre a música galega (tradicional e moderna), os grupos, artistas, compositores... Tamén sobre as películas feitas en Galicia, sobre os actores e directores galegos, etc. Incluimos neste foro tamén as conversas sobre teatro galego.
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

\'Árdeme o eixe!\'

Mensagempor cachafeiro » sábado, 05 jun 2010, 17:58

Eu trato de porlle \"onda\" a xuventude, e sobre todo á hora de estimulalos na creatividade artistica, pero hai necesidade de roubarlle un \"anaco\" da letra de Xil Rios?
Penso que se lles acabou o combustible no titulo da canción, porque venian ben!!
Alexandra Cachafeiro Camiña
A Polo Ghit 2010
Atención ao rural-porno-espacial: \'Árdeme o eixe!\'
Con ritmo electrotamborileiro achegamos esta quinta feira un novo ghit argallado pola banda \'Carrero Bianco\'
\"Ardeme o eixe: Canción rural-porno-espacial de toques tecnofuturistas, dende Xil Ríos ao espacio interestelar, que trata de quenturas insatisfeitas e sentimentos encontrados. Aventuras sexuais moceando dende o palleiro e lanzada ao espacio exterior. Sempre é a mesma historia, dende o rural profundo ata o recuncho mais afastado da Galaxia\".
Así nos presentan a A Polo Ghit 2010 a xente de \'Carrero Bianco\' esta súa peza. Con menos dun ano de vida os Carrero Bianco lanzáronse a tocar e facer cousas entre o naif e o metafísico para superar todas as crises sen deixar de bailar... xa tocaron con grupazos coma T.A.B ou Tarántula, ou o Festival do norte 2010, ademais de ser ben recibidos no fogar dos Franc3s.... \"o seu reino non e deste mundo\".
Un cuarteto este, Carrero Bianco, que xunta unha \"irresistíbel\" electro-tamborileira, cun membro fundador dos \'Triángulo de amor bizarro\' e un \"neno prodixio\" que liderou os \'Bonitos del norte\' a finais dos oitenta. Completa a ecuación do \"pop perfecto\" un dj emblemático do activismo indie galego \"aqueixado pola febre dos sintetizadores vintage\". Carrero Bianco son: Rocío Bianco (batería electrónica e voces), Blas Bianco (baixo e voces), Joaquín Bianco (guitarra, microkorg, voces), Agostinho Bianco (teclados varios e microkorg)
LETRA: \"Árdeme o eixe\"
¡Jei!...muller
¡ah!¡ah!
¡Jei!...chuchamel
!Ah!...eres millo
¡Oh! ¡Oh!
que eu...vou moer ¡eh!...
...e xirarei como a roda,
xirarei e xirarei,
como a roda do muiño, xirarei...
¡Ah!...muller, ai, ai..perdín o eixe,
¡Ah!...muller, ai, ai...árdeme o eixe, ¡eh!
...e xirarei como a roda,
xirarei e xirarei,
como a roda do muiño, xirarei...
¡jei, jei!
¡jei, jei!
over and over again...
http://www.vieiros.com/nova/79829/atenc ... eme-o-eixe

Voltar para “Música, cinema e teatro galegos”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes