Cousas curiosas

Para falarmos sobre a música galega (tradicional e moderna), os grupos, artistas, compositores... Tamén sobre as películas feitas en Galicia, sobre os actores e directores galegos, etc. Incluimos neste foro tamén as conversas sobre teatro galego.
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Cousas curiosas

Mensagempor cachafeiro » sexta, 04 jun 2010, 13:18

Hai cousas curiosas.
Un pode pensar: como din que o galego estase perdendo se hai cantantes non galegos, que cantan na nosa lingua?
E fano dun xeito tan pasional, que non se distenguen dun nativo ou dun descendente da nosa terra.
Os mais coñecidos son Juan Pardo e Amancio Prada, tamen temos a Serrat, Paloma San Vacilio, Pimpinela, etc.
Aqui déixolles algúns que eu nunca os habia escoitado e me gustaria compartir.
Sergio Dalma canta en galego - O TREN
http://www.youtube.com/watch?v=NyFhsXNY8Yc
O Tren
O tren que me leva pola veira do Miño
me leva, me leva polo meu camiño
e vai andando pasiño a pasiño
e vaime levando cara ao meu destiño
alguén pode ser que me espere na estación
da terra da felicidad
Todo o que sexa amor e paz o encontrarei
e volverei ca miña moza ó meu lar
O tren que me leva camiña, camiña
e vai botando fume e corre pola via
o rio vai feito un mar de ledicia
e pouco a pouco volto a miña Galicia
alguén pode ser que me espere na estación
da terra da felicidad
Todo o que sexa amor e paz o encontrarei
e volverei ca miña moza ó meu lar
Lolita Flores cantando Anduriñas ( a filla da Faraona)
http://www.youtube.com/watch?v=QjDYTlYHH1M
Anduriña
En Galicia un día eu escoitei,
unha vella historia, nun café.
Era dunha nena que da aldea, se escapou.
...Anduriña nova que vóou...
Choran ó pensar, ¿onde andará?
Mais ninguén a quere ir buscar.
Anduriña lle chamaron, os que alí deixou,
torna pronto ó porto, ¡por favor!...
Un velliño fala xunto ó lar,
di-me moi baixiño e sin maldade.
Anduriña e nova... Voltará, ¡xa-lo verán!
Probe paxariño, sen plumar...
Nun día calqueira, pousará.
Seu misterio, xa non o será.
O nome Anduriña, xa xamais, se llo dirán.
Pero mentres tanto, ¿onde vái?
Anduriña ¿onde vái?...
Apertas!!!!!!!
Alexandra Cachafeiro Camiña

Voltar para “Música, cinema e teatro galegos”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante