Homenaxe ao Xestal en Carballo

Para falarmos sobre a música galega (tradicional e moderna), os grupos, artistas, compositores... Tamén sobre as películas feitas en Galicia, sobre os actores e directores galegos, etc. Incluimos neste foro tamén as conversas sobre teatro galego.
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Homenaxe ao Xestal en Carballo

Mensagempor pilarmabel » sábado, 30 jan 2010, 01:33

Participan Xurxo Souto, Xico de Cariño e Treixadura
Máis de quince anos despois da morte do músico, improvisador e contador de contos Carlos Díaz \'O Xestal\', O Pazo da Cultura de Carballo acolle mañá o festival de homenaxe á súa figura. No acto participarán, entre outros, Cándido Pazó, Xurxo Souto, Toniño e Xan López do grupo Treixadura, o Colectivo O Xestal, Xico de Carinho e o Coro Aires de Bergantiños, do que \'O Xestal\' foi fundador.
Carballo celebra mañá no Pazo da Cultura un festival de homenaxe ao músico e improvisador Carlos O Xestal, autor de discos como O Xestal cos seus gaiteiros, Grupo folclórico O Xestal, O San Fins do Castro, Unha vella ruxumeira ou As tres nenas. O acto, que comezará a partir das 21h00, contará coa participación de Cándido Pazó, Xurxo Souto, os membros de Treixadura Toniño e Xan López e Xico de Cariño, entre outros. Tamén actuará o Coro Aires de Bergantiños fundado polo propio Xestal en 1985 e no que el mesmo tocaba o bombo e o baixo, asumindo ás veces as tarefas de dirección.
Carlos Díaz O Xestal naceu o 8 de agosto de 1933 no barrio de Monte Alto. Comezou como contista na romaría de Santa Margarita, participou no programa de Radio Nacional Desfile de Estrellas e recibiu en 1964 a Medalla ao Mérito Turístico do Ministerio de Información e Turismo. Musicalmente comezou no coro Brétemas e raiolas como barítono e participou en agrupacións folclóricas como Os do Couto, Cantigas da Terra, Follas Novas, Aturuxo e Toxos e Froles. Tamén estivo no Ballet Rei de Viana e fundou o Coro da Casa de Galicia en Harnen (Holanda).
A finais dos sesenta instalouse na parroquia carballesa de Lema onde desenvolveu a súa faceta de improvisador e onde participou activamente nas mobilizacións labregas e veciñais. Até a súa morte en 1993, tivo moita influencia en grupos como Treixadura, que lle dedicou varias pezas, entre elas Lembranza do Xestal.
Todas as gravacións do Xestal pódense consultar aquí:
http://folkloregalego.blogspot.com/sear ... O%20Xestal
Fuente:http://www.anosaterra.org
Un saludo
Pilar

Voltar para “Música, cinema e teatro galegos”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes