As trampas das mulleres

Para falarmos sobre a música galega (tradicional e moderna), os grupos, artistas, compositores... Tamén sobre as películas feitas en Galicia, sobre os actores e directores galegos, etc. Incluimos neste foro tamén as conversas sobre teatro galego.
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

As trampas das mulleres

Mensagempor cachafeiro » sábado, 02 jan 2010, 12:38

As trampas das mulleres
Omes e mozos solteiros
vinde todos a escoitar
as trampas que fan as mozas
cando se queren casar.
Pra que as queiran os mozos
xa non saben que facer
poñense de tal maneira
que se votan a perder.
Inda que os mozos non teñan
gana de cousa ningunha
poñense tan ben a xeito
que logo caen da burra.
Con esos novos peinados
moitas parecen o demo
pois levan unhas montañas
que logo chegan o ceo.
Trapos e medias non faltan
pra lles meter pol-o medio
parece que van pra feira
cargadas de estraperlo.
Agora veulles a moda
de esos vestidos tan guapos
que igual parece que van
metidas dentro de sacos.
Tan apretadiñas van
que apenas poden andar
como o género está caro
todo o fan por aforrar.
Mesmo parece que as pobres
levan as pernas atadas
pra subir una escaleira
teñen que subir a gatas.
Os mozos estan contentos
o velas de esa maneira
porque con eses vestidos
collense ben na carreira.
Non direi mais das mociñas
porque se van a enfadar
porque tamén os rapaces
teñen moito que rascar.
Apenas teñen quince anos
xa empezan a mocear
e cando están coas rapazas
aínda non saben falar.
Van fumando un cigarro
como que son moita cousa
e moitos de eles non teñen
con que tomar unha copa.
Todos son muy cariñosos
cando van a namorar
e con contos e mentiras
moi ben saben camelar.
Xuran que nunca na vida
as poderán olvidar
e en canto logran a súa
outras se van a buscar.
Primeiro piden un bico
e despois pouquiño a pouco
cando a moza se descuida
metenlle o merlo no souto.
Os mozos de hoxe en día
teñen a cara tan dura
que engañan a mais de un cento
e non cumplen con ningunha.
En canto ven que as rapazas
empeza na chocar fillos
xa non se lles ve o pelo
encima márchanse rindo.
Mentras que as pobres mociñas
quedan co regazo cheo
chorando pol-os caminos
as alegrías do inverno.
Cantos populares
Baldomero Iglesias Dobarrio (MERO) e Xosé Luís Rivas Cruz (MINI), levan vai dun cuarto de século pescudando nas tradicións, costumes, contos e cantos que as xentes deste País gardaron na memoria, para evitar a súa perda e poder transmitilas á posteridade.
De cegos e non cegos recolleron – por todo Galicia- milleiros de cantos dos que aquí se ofrece unha boa mostra.
Alexandra Cachafeiro Camiña

Voltar para “Música, cinema e teatro galegos”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante