Canciones galegas de Xil Ríos

Para falarmos sobre a música galega (tradicional e moderna), os grupos, artistas, compositores... Tamén sobre as películas feitas en Galicia, sobre os actores e directores galegos, etc. Incluimos neste foro tamén as conversas sobre teatro galego.
Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Canciones galegas de Xil Ríos

Mensagempor rubi » segunda, 14 dez 2009, 16:03

Falemos galego
Xa é tempo chegado
de sentirnos irmáns;
falemos todos a fala
dos nosos avós
Quen non fala á súa fala
é que desprecia á súa Nai;
na escola falen os pequenos;
na rúa falemos nós
Canta Pobo canta,
fala na túa lingua
Quen pode renegar,
dunha Nai tan sofrida?
Canta Pobo canta
dende o mar aos piñeiros
dos libros aos labregos,
dos labregos aos regos
e aos catru ventos irmáns galegos
E, e, e, e......... Falemos galego
E, e, e,e...........Falemos galego
E, e, e, e..........Falemos galego
E, e, e, e..........Falemos galego
Temos que camiñar
xuntos cada vez máis;
non podemos deixar
que o pobo rache máis
Con este canto irmáns
eu quero lembrar
que Galiza é a Patria,
non o esqueza máis!
Canta Pobo canta,
fala na túa lingua
Quen pode renegar,
dunha Nai tan sofrida?
Canta Pobo canta
dende o mar aos piñeiros
dos libros aos labregos,
dos labregos aos regos
e aos catru ventos irmáns galegos
E, e, e, e......... Falemos galego
E, e, e,e...........Falemos galego
E, e, e, e..........Falemos galego
A nosa fala é azul
coma o ceo que nos veu nacer;
é branca coma verdade
cos nosos avós falaron hastra morrer
Falemos a nosa fala
pra que os nosos fillos nunca deixen de falala!
E, e, e, e...........Falemos galego
E, e, e, e...........Falemos galego
E, e, e,e ...........Falemos galego
Para escuchar la canción ir a
http://www.youtube.com/watch?v=lJ89_setkfQ
Nosa Galicia
Cando penso neses fillos
que tes polo mundo adiante
como escravos traballando
sin ter o calor de naide e
morrendo de soidade
Galicia...
ti eres nosa nai,
abre as entranas,
amamanta os teus fillos,
non os deixes marchar!
Vanse polo mundo adiante
sufrindo mil calamidades
Non lles importa traballar
Non lles importa padecer
por manter
os seus fogares
Galicia...
por que nos deches a vida,
se sabes que todo é morriña ao estar lonxe de ti?
Míraios Nosa Nai, que vida levan
sempre lonxa da Terra,
terra nosa meiga
Para ganarse a vida van a donde sea
anque por dentro dollalle deixa-la Terra
Van un ano tras outro
non lle importa nin a edade
soio importa unha cousa:
que os fillos non sufran o que sufriron eles
Galicia...
xa os teus fillos van cansos
de tanto polo mundo andar
é hora xa de deixar
que volvan ao seu lar
Míraios Nosa Nai, que vida levan
sempre lonxa da Terra,
terra nosa meiga
Para ganarse a vida van a donde sea
anque por dentro dollalle deixa-la Terra
Galicia...
sendo tan fértil e fermosa
por que consites Nai Nosa,
que téñamos que marchar?
Rubí
Buenos Aires-Argentina

yagui
Mensagens: 81
Registado: segunda, 13 set 2004, 23:00

Canciones galegas de Xil Ríos

Mensagempor yagui » terça, 15 dez 2009, 15:31

Ás veces é a nai a que despreza os fillos, falando aos nenos unha lingua allea.

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Canciones galegas de Xil Ríos

Mensagempor rubi » quarta, 16 dez 2009, 14:08

Yagui dixo:
Ás veces é a nai a que despreza os fillos, falando aos nenos unha lingua allea.
Amigo Yagui: non sabes seica que en Galicia estivo prohibido durante a ditadura franquista o uso do idioma galego?
Que esa medida foi tomada como desquite e castigo cara a aquelas provincias que non apoiaran aos sublevados?
Que a pesar de ser o mesmo Franco galego, postergou o uso da súa lingua nai e só puideron seguir falándoa dentro da suas casas e falando baixiño para que ningún veciño renegado escoitase e denunciáseos. Ou non sabias que ás mulleres rapábanas se as escoitaban falando galego polas rúas?
O réxime non foi permisivo coa lingua galega, xa que non se podia usar na administración pública, nin se lle permitía aos médicos, avogados, profesores, etc.
Durante a II República o galego vivira a súa época de ouro na poesía e na prosa, pero en Galicia , que ten a literatura romance máis antiga da Península, durante o franquismo o galego se etiquetó como un simple dialecto do castelán. Famosos escritores tiveron que abandonar a súa lingua de orixe e pasarse ao castelán para non sufrir persecucións e ata mortes.
Creo que foi Alvaro Cunqueiro quen definiu a esta situacion como Longa noite de pedra, a longa noite de pedra que describe metafóricamente o que significou para a intelectualidade galega a ditadura.
A raiz de todo isto foi que moitos galegos non puideron ensinarlle aos seus fillos o seu idioma natal, tanto os que ficaron alá como aquelas persoas que tiveron que emigrar durante a Guerra Civil e logo durante a longa ditadura franquista, todo ésto obrigados a deixar de falar en galego e adoptar o castelán cando llegaron a os países que os acubillaron, sobre todo en Latinoamérica, porque ademais das maletas, trouxeron o medo, e ese medo estendéronllo aos seus fillos, e non como algúns din que era vergonza de falar o galego
Polo tanto amigo Yagui, non creo que a Nai Galicia desprece aos seus fillos, senón todo o contrario, fíxoo para salvalos da morte, ata que o tirano finalmente desapareceu da face da Terra...
Rubí
Buenos Aires-Argentina
FILLA DE GALEGOS EMIGRADOS


Voltar para “Música, cinema e teatro galegos”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante