Xenreira - Mil nove 36

Para falarmos sobre a música galega (tradicional e moderna), os grupos, artistas, compositores... Tamén sobre as películas feitas en Galicia, sobre os actores e directores galegos, etc. Incluimos neste foro tamén as conversas sobre teatro galego.
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Xenreira - Mil nove 36

Mensagempor cachafeiro » domingo, 13 dez 2009, 15:25

Mil nove 36
A longa luita pola que deixarom vida
a dura pátria que recorre o coraçom
há muita gente que resultou falecida
e a minha alma que nom acadará perdom.
Nom tenhas medo polos disparos da noite
seguro que algum dia há sair o sol
deixade à gente que pola sua terra luite
Galiza nunca há de apagar o seu fol
Nom podes esquencer o que passou
Mil nove 36, onde quedou
Nom podes esquencer o que passou
Mil nove 36, onde quedou
Berram os montes pola morte sementada
ferve-che o rio pola sangue que bebeu
rincham as leiras polas almas que fugirom
ceiva o teu choro que eu já despedim o meu
Os pretos corvos que destroçam o teu corpo
Mais os raposos que os estám a ajudar
Sigamos sempre nas ideias que pensamos
Há muito tempo para segui-los a caçar
Buscade a luita no sufrimento da gente
Nom o busquedes no coraçom do invasor
Dade-lhe lume até que o corpo revente
se el é tam odio o nosso escudo é o amor
Mais todos falam dumha nova esperança
Mais todas falam desse novo mencer
Onde o vermelho signifique umha victoria
Duro caminho que ainda está por percorrer
http://www.youtube.com/watch?v=fw53vJba ... r2-2r-1-HM
Alexandra Cachafeiro Camiña

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Xenreira - Mil nove 36

Mensagempor cachafeiro » domingo, 13 dez 2009, 15:28

Xenreira (grupo)
Xenreira foi un grupo musical galego xurdido a mediados dos 90 dentro do movemento cultural e musical contemporáneo ao rock bravú. Apesar da súas múltiples coincidencias con este fenómeno, onde algúns críticos non dubidan en clasificalos, os seus integrantes consideráronse representantes do rock irmandiño, unha música moito máis comprometida politicamente e con raíces en distintos estilos musicais, entre os que se conta o Rock Radikal Basco, o Ská, e tamén a canción protesta galega, especialmente o grupo Fuxan Os Ventos.
A carreira discográfica en solitario de Xenreira resúmese nun único disco: Érguete!!, de 1997, que supuxo unha forte influencia noutros proxetos musicais galegos, tanto da época como posteriores. As súas letras estiveron marcadas por un forte compromiso político independentista, e nelas aludíase á memoria da Guerra Civil Española (\"Mil Nove 36\"), as mobilizacións dos anos 70 (\"Onde a loita se chama Encrobas\"), á situación das persoas presas (\"Recluso 241\"), á desobediencia civil (\"Érguete\", \"Ozono\"), ou ao sentimento de internacionalismo solidario coa loita da independencia irlandesa (\"Mesmo berce, mesma loita\"). Tamén puxeron música ao himno de Acción Gallega, escrito por Ramón Cabanillas. O disco contou coa participación, entre outras persoas, de Ugia Pedreira e Ramom Pinheiro \"Chito\", (por aquel entón ambos membros de Chouteira), así como do histórico membro de Fuxan Os Ventos, Mini, por aquel entón n\'A Quenlla. O disco estaba producido por Kaki Arkarazo, un histórico do Rock Radikal Basco e ex-compoñente de Negu Gorriak e Nación Reixa, entre outros.
Ademais de Érguete!!, Xenreira colaborou en varios discos colectivos.
No disco Selección Xa!, promovido pola revista Bravú para reivindicar unha selección nacional galega. Nel interpretaban a canción \"Selección ská\", xunto co futbolista da S.D. Compostela Nacho. Tamén aparecen en Unión Bravú (1996) co tema \"¡Presente!\".
Xenreira disolvéronse no mesmo 1997. Desde entón, Marcos Payno, un dos seus membros, ten colaborado noutros proxetos musicais, como A Matraca Perversa, Galegoz, ou Le Glamour Grotesque.
http://gl.wikipedia.org/wiki/Xenreira_(grupo)
Alexandra Cachafeiro Camiña


Voltar para “Música, cinema e teatro galegos”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante