Página 1 de 1

Berrogüetto presenta o single \'Danza de Meirol\'

Enviado: sábado, 28 nov 2009, 16:20
por pilarmabel
Pode descargarse de balde a partir do 26 de novembro
Berrogüetto presenta o single \'Danza de Meirol\'
Redacción . Berrogüetto presentará en 2010 o seu quinto disco, \'Kosmogonías\' do que dará a coñecer mañá en www.mundo-R.com o single \'Danza de Meirol\'. A canción poderase descargar de balde nesa dirección.
Kosmogonías é o quinto traballo de Berrogüetto co que viaxe ao seu punto de partida por excelencia, ao Big-Bang, ao triunfo da materia sobre a antimateria. Este quinto traballo no que Xabier Díaz pon a voz en clave masculina, é unha reflexión entre a humanidade e o universo, unha chamada chea de optimismo cara a consecución dun sistema de organización máis xusto no que a agrupación reúne todas as vontades colectivas ou individuais que cos seus xestos e actitudes traballan para mellorar o seu entorno.
Avance na web de R
O primeiro single que se extraerá de Kosmogonías será Danza de Meirol, que se poderá descargar de xeito gratuíto na web de R www.mundo-R.com dende o 26 de novembro. Esta peza está baseada na tradición e recuperada grazas ao traballo de campo habitual de Berrogüetto, mediante o que compila os sons e as voces de Galiza, en moitas ocasión vivos só de maneira oral.
Fuente:http://anosaterra.org