A Gaita de Cristovo - Cantos, Coplas e Cantares de Cego

Para falarmos sobre a música galega (tradicional e moderna), os grupos, artistas, compositores... Tamén sobre as películas feitas en Galicia, sobre os actores e directores galegos, etc. Incluimos neste foro tamén as conversas sobre teatro galego.
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

A Gaita de Cristovo - Cantos, Coplas e Cantares de Cego

Mensagempor cachafeiro » terça, 30 jun 2009, 18:57

Ola a todos os amantes das coplas galegas.
Hoxe vou mudar de xénero.
que lles parece "Cantares de Cego"?

A Gaita de Cristovo

Voulles dicir unha cousa
que os hei de facer rir
un gaiteiro moi gracioso
un día do mes d?abril.

il chamábase Cristovo
i-a súa muller Micaiela
tocaba nas romerías
fuliadas e nas festas.

Ganaba moito diñeiro
tocando a súa gaitiña
homes, rapaces e vellos
rabeaban por oila.

Cristovo na foliada
bebeu de máis unha pinga
e despois vendeu a gaita
sin sabe-lo que facía.

E cando chegou á casa
borracho com?on pelexo
¿que lle fixeches á gaita?
Cristovo que non cha vexo.

A miña gaita vendina
á noite na foliada
porque estaba acabadiña
vella xa non tocaba.

Sácate d'eí Cristovo
sinvergonza e porcalleiro
pra que vendiche-la gaita
s'eu sin gaita non te quero.

Cristovo qu?aquelo dixo
salió ca cabeza baixa
decindo: válgame Dios
pra qu?eu vendería a gaita.

Cristovo ó ver aquello
comprou outra nova gaita
entrou pola casa adiante
tocando unha ribeirana.

Miña Mica, Micaiela
podes estar contentiña
tráioche outra gaita nova
moito millor cá que tiña.

Micaiela ó ver aquello
botoulle as maus ó punteiro
e dixo bailando sola
tiruliro, meu gaiteiro.

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

A Gaita de Cristovo - Cantos, Coplas e Cantares de Cego

Mensagempor cachafeiro » terça, 30 jun 2009, 19:01

Alá cando era bon mozo


Alá cando era bon mozo,
tiña doce anos cumplidos,
fun ver unha nena guapa
filla do Xan dos Despidos.

Levaba un pau tan largo
coma o timón dun arado
e unhas zocas chinelas,
fumando nun gran cigarro.

Emprendín as boas noites,
sale o can moi apurado,
rompeume o calzón de estrena
e mais tiroume deitado.

Levántase a ama da casa,
ai que can máis condanado
que me bateu nas costelas,
que me deixou desmaiado.

E díxolle o señor Xan:
é bon milagro, muller,
que este can éche escolleito,
mal carne non val pra comer.

A rapaza non estaba,
disque iba nun viaxiño,
eu salín pra esperala
ó alboio dun veciño.
Saliume outro can tan feo
como a cabeza dun sapo,
arrastroume pola lama
igual que se fora un sapo

Desque o can ladraba tanto
salen todos os veciños,
con fungueiros, paus e fouces,
e as mulleres con fouciños.

Desde que vin tanta xente
tirei cas zocas chinelas,
e pra que non me pillaran,
din máis sebo ás canelas.

Cuando chego á miña casa,
miña mai deume boas sopas,
cantoume as corenta en bastos
e ademais as vinte en copas.

Meu pai que estaba presente
pra me calentar as moas,
deume sete bofetadas,
iencima de mel, filloas!

Iba polo cuarto adiante,
iba medio condenado
rabeoso coma un can
polas que tiña levado.


Alexandra Cachafeiro Camiña


Voltar para “Música, cinema e teatro galegos”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante