Muñeiras e Ruadas!!!!!

Para falarmos sobre a música galega (tradicional e moderna), os grupos, artistas, compositores... Tamén sobre as películas feitas en Galicia, sobre os actores e directores galegos, etc. Incluimos neste foro tamén as conversas sobre teatro galego.
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Muñeiras e Ruadas!!!!!

Mensagempor cachafeiro » segunda, 22 jun 2009, 17:31

Muñeiras


Tanto bailei - á porta d?o Cura

tanto bailei - que me deu calentura;

tanto bailei - á porta d?o forno

tanto bailei - que me dêron un bolo.


Ay como chôve - ay como trona,

como remolla - á miña xoroba:

por que son vello - y-acarrancado

quêres mandarme - pra outro lado.


Fún ó muíño - d?ô mêu compadre,

fun pol-o vênto - é vín pol-o aire:

parece cousa - d?encantamento

ir pól-ó aire - é vír pol-ó vênto.


Mormúranme - as miñas viciñas

qu?ando c?o Crêgo - debaixo d?as viñas:

arrenêgo - arrenêgo, arrenêgo

qu?estaba - debaixo d?o Crego.


Mormúranme - as miñas viciñas

qu?ando c?o Crêgo - debaixo d?as viñas:

á fortuna - non ê para min

qu?estaba ó Crêgo - enriba de min.


.................................


Vamos ruando á heito,

pois que levamol-á sona

levaremol-ó proveito.


Veña ó pandeiro á ruar

qu?estas son as mazarôcas

qu?hoxe teño de fiar




O pandeiro toca bên

as ferriñas fanlle ó son;

vivan os qu?amores tén.


Vivan as mozas gallegas

vivan as bonitas mozas

y-os galans d?a nosa térra.


Mociñas, á bailar todas;

mociños, arriba, arriba!

tí tamén, meu Furabolos.


Non t?asañes, non, rapaz,

qu?as nenas, son para ver,

os galans, para mirar.


Veña por onde quixêr;

toca, pandeiriño, toca

mais que ch?o coiro rabêe


Estira á cofia, Maruxa,

dobra as mangas d?a camisa

é qu?o denguiño se luza.


Ines, sacude ô mantélo,

pentéa bén que tí bén sabes

dalle ó brazo é xunta os dedos.


Entra meigo, non atruxes;

garda, Xan, as castañetas

é cóntame ond?hoxe fuches.


Alexandra Cachafeiro Camiña

Voltar para “Música, cinema e teatro galegos”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante