O PP bota a Xurxo Souto!!

Para falarmos sobre a música galega (tradicional e moderna), os grupos, artistas, compositores... Tamén sobre as películas feitas en Galicia, sobre os actores e directores galegos, etc. Incluimos neste foro tamén as conversas sobre teatro galego.
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

O PP bota a Xurxo Souto!!

Mensagempor casdeiro » quarta, 03 jun 2009, 19:31

Acabo de enteirarme!!!

O luns 1 de xuño os novos xestores da radio pública de Galiza, a Radio Galega, decidían que Xurxo Souto non continuaría á fronte do programa.

http://www.vieiros.com/nova/74534/a-mus ... r-reformas

}:-@

anavilat
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 441
Registado: quarta, 17 mai 2006, 14:29

O PP bota a Xurxo Souto!!

Mensagempor anavilat » quarta, 03 jun 2009, 19:37

Pero que me estas contando!!!!!
Bueno.... por favor!!!
Seica lle molesta a xente que sabe falar, sabe do que fala... claro, como eles non teñen nin idea!!!!
Deixasme coa boa aberta!!!!!
puffff.... imos a peor, esto cada día vai a peor!!!!!!!!

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

O PP bota a Xurxo Souto!!

Mensagempor cachafeiro » quarta, 03 jun 2009, 19:44

Podemos darlle unha man a Xurxo???, porque isto recien empeza.

Alexandra

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

O PP bota a Xurxo Souto!!

Mensagempor casdeiro » quarta, 03 jun 2009, 19:49

A censura e o calar bocas parece que é o que mellor se lle dá a este goberno.

Menos mal que querían consensuar todo o que tivese que ver coa CRTVG!! ...chispa os coma.

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

O PP bota a Xurxo Souto!!

Mensagempor casdeiro » quarta, 03 jun 2009, 19:51

cachafeiro Escribeu:Podemos darlle unha man a Xurxo???, porque isto recien empeza.

Alexandra

Eu penso que debería comezar un programa de radio na Rede, que ademais chegaría alén mar... e que despois fose retrasmitido por radios locais libres por toda Galiza e tamén na Diáspora. Quen sabe! Ata pode que tivese máis audiencia!

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

O PP bota a Xurxo Souto!!

Mensagempor casdeiro » quarta, 03 jun 2009, 19:54

Se os medios públicos quedan en mans de xente que non atende o interese do público, cómpre que o público se dote de medios propios. Construamos a comunicación desde abaixo!!! http://www.kaosenlared.net/seccion.php?id_seccion=1


pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

O PP bota a Xurxo Souto!!

Mensagempor pilarmabel » quinta, 11 jun 2009, 18:38

EN KOMUNIKANDO.NET

Xa se pode asinar o 'Manifesto contra a censura e a marxinación da música galega'
Reivindica que se restableza na radio pública un programa diario que dea conta das novidades musicais editadas en galego.



O manifesto, que se pode asinar na páxina de Komunikando.net, comeza lembrando, ao igual que o facían Fanny&Alexander en Vieiros hai uns días, a obriga legal que os medios públicos do país teñen "na promoción e difusión da cultura e lingua galega". Sobre esta base denuncia a "eliminación da música galega do programa Aberto por Reformas" e a "deformación e perversion dos seus contidos" e conclúe demandando "que se restabeleza un programa diario que dea conta dos traballos musicais editados en galego e que conte cos seus protagonistas" e así mesmo "que a nova programación non elimine contidos culturais propios en todas as súas variantes: música, cine, libros e arte en xeral


http://www.komunikando.net/komunikajoom ... Itemid,66/

http://media.vieiros.com/vieiros/manifesto.pdf


Fuente:http://www.vieiros.com



Un saludo
Pilar

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

O PP bota a Xurxo Souto!!

Mensagempor cachafeiro » quinta, 02 jul 2009, 14:53

Portada | CULTURA

Outro programa cultural fóra da CRTVG

'A casa do vagabundo' tamén fóra da grella da radio

Redacción . A voz de Rivadulla Corcón convidábanos cada sábado, ás 14.30, a entrarmos nesta casa que 'non ten nin paredes nin portas, tampouco xanelas nin tellado e pode emprazarse en calquera lugar do mundo onde alguén teña a intención de ler un libro feito con palabras na fermosa lingua dos galegos', di el mesmo nunha carta. Este verán deixa de emitirse.

25.06.2009

Xosé Rivadulla Corcón Logo de Aberto por reformas, Onda curta e Libro aberto, a CRTVG queda un pouco máis orfa de cultura: O escritor Xosé Rivadulla Corcón levaba este espazo radiofónico dedicado ao mundo do libro dende o 14 de xaneiro do 2006. O 20 de xuño, o pasado sábado, "despois de 172 emisións e que pasasen pola casa 120 profesionais do libro", foi a última emisión, polo de agora. "O espazo tivo continuidade todos os veráns", explica o escritor nunha carta, "pero no que está por chegar non será así, sen ter a certeza de que a volta do outono poderemos emprazar de novo a casa na Radio Galega". Sinala que "o asunto quedou pendente de conversa cos responsábeis da programación da emisora".


Rivadulla conta que cando se lle comunicou a decisión xa non foi poíbel gravar e emitir un novo programa "no que puidera despedirme como debera, agradecendo o cariño de toda a familia do libro galego". Así e todo, despídese mediante unha carta, que podemos atopar no blog de Manuel Bragado, director de Edicións Xerais: "Declaro que fun feliz facendo este programa porque cada persoa que veu á casa fíxome vivir un momento inesquecíbel. Cada un dos 172 programas son unha lembranza que perdurará por sempre".


"Pode parecer que A casa do vagabundo era un programa de radio, pero foi realmente un espazo para facer amigos. Coñecín alí por vez primeira a moitos dos convidados que por el pasaron e nesa breve media hora de conversa construíuse unha amizade con cada un deles", afirma, e remata "ás veces emociónome e non me importa que así sexa, por isto non podo elaborar un aséptico escrito de despedida, así que mellor remato.Grazas a todos e desculpas aos que non deu tempo que viñeran á casa.Grazas en especial a Xurxo Souto que foi quen me pediu un día que fixera para a Radio Galega un programa sobre libros".

http://www.anosaterra.org/nova/a-casa-d ... radio.html

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

O PP bota a Xurxo Souto!!

Mensagempor cachafeiro » quinta, 02 jul 2009, 14:59

É o programa máis veterano da emisora

Elimínase a opinión do 'Diario Cultural' da Radio Galega

Redacción . A CRTVG continúa a eliminar contidos culturais da súa grella. Segundo nos comunica nun correo electrónico remitido pola profesora Helena González, quen emitía o seu comentario de opinión os luns no 'Diario Cultural', da Radio Galega, decidiuse prescindir desta sección 'por motivos económicos'.

02.07.2009 | 10:50 TAGS: CRTVG , Diario Cultural ,

Segundo a profesora de lingua e literatura galega da Universitat de Barcelona, "por "motivos económicos" a Radio Galega decidiu prescindir das colaboracións de opinión no Diario Cultural". Neste programa que se emite de luns a venres entre as 15.05 e as 16.00, os últimos minutos estaban dedicados a un espazo de opinión sobre cultura: Helena González falaba os luns, o escritor Bieito Iglesias os martes, Xosé Carlos Caneiro os mércores, a xornalista Débora Campos o xoves, e Miguel Anxo Murado os venres.

González expresa no seu correo o seu agradecemento á directora do programa, Ana Romaní (recentemente premiada co Marisa Soto, premio de honra dos María Casares, polo seu labor á fronte deste programa, e o premio da AELG), e ao seu equipo de xornalistas, "que desde hai anos veñen facendo posíbel unha excelente información cultural, atenta ao que acontece en Galiza e no mundo, plural e publicamente recoñecida".

Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos de radiodifusión galega: comezou na temporada 1990-1991 cun formato que conxuga características dos informativos e mais da revista. O programa concíbese como un espazo de información, plataforma de divulgación cultural e foro de reflexión e debate atento ás novas fórmulas artísticas e creativas. González remata o seu correo afirmando "Xa que non me foi posíbel facelo nas ondas, coa derradeira entrega que se emitiu, despídome desta navegación, convencida da necesidade de manter o obxectivo que me propuxen: catar e debater a cultura, desde o feminismo, é dicir, criticamente". Os seus comentarios poden consultarse no blog Das orixes de marzo.

http://www.anosaterra.org/nova/eliminas ... alega.html


Alexandra Cachafeiro Camiña


Voltar para “Música, cinema e teatro galegos”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante