"SARAIBAS"

Para falarmos sobre a música galega (tradicional e moderna), os grupos, artistas, compositores... Tamén sobre as películas feitas en Galicia, sobre os actores e directores galegos, etc. Incluimos neste foro tamén as conversas sobre teatro galego.
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

"SARAIBAS"

Mensagempor cachafeiro » quinta, 18 set 2008, 19:14

Ola a todos:
Quixese compartir con vostedes un pouco de mùsica folk galega.
É un grupo que acabo de coñecer, pero que levan facendo historia fai xa moitos anos, desde 1978, son os SARAIBAS e que teñen como obxectivo a defenda da nosa lingua e cultura.
Eles dan mùsica a textos de poetas clàsicos e crean novas cancións.
O contido habitual de todo-los textos fan referencia a cuestións sociais e políticas da nosa terra tentando darlle nalgunhas un "toque picante", e tamén sen esquecer outras temáticas.
Aquì déixolles a letra dun dos seus temas, asegúrolles que escoitalos é moito mellor, pero non encontrè nungùn video.
Espero gústelles.


GALEGO NA ESCOLA

Letra e música: Miguel Angel Sanjurjo Sixto.



Deixaron ó neno deprender a andare,

deixaron que o peixe puidera nadare,

e legalizaron que o trono tronare,

¡e os nenos galegos, galego falare!

Xa pode na fonte a auga nacere,

pode no campeiro a herba medrare,

e legalizaron que as froles frorecen,

¡e os nenos galegos, galego falare!

Deixaron que a lúa na noite brilara,

e legalizaron mareas no mare,

e con un "decreto" os Ministros mandaron

¡òs nenos galegos, galego falare!

Quedoulles a testa moi ben descansada,

oitocentos anos oindo unha fala,

ensino en galego prós nenos que o falan,

¡ise é o "decreto" que facía falla!



Alexandra Cachafeiro Camiña

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

"SARAIBAS"

Mensagempor cachafeiro » quarta, 26 ago 2009, 23:15

Pra ti Ana, e moitas grazas!!!!



OS APROVEITADOS DA FALA

Letra: Miguel Angel Sanjurjo Sixto

Música: Miguel Angel Sanjurjo Sixto

Se buscas traballo que seña do Estado, fala castellano "que es más educado",

somente en galego poderas falare, cando veña o tempo de irmos votare.

Se fas un escrito pra o "Gobernadore", soio castellano entende o señore,

e si en galego o queres facer...., dalle garantías dos votos que ha ter.

O falar galego está mui ben visto, pois tamén o falan algunhos ministros,

non é que lles naza é que lles convén, pra busca-los votos de quen-os mantén.

E así queconsiguen o que eles querían, esquenceulles todo o que prometían,

falan castellano por moitas razóns, e o galego queda pra outras eleccións.

Algún "señorito" que o fala hoxendía, é por destacarse dunha minoría,

son ovellas negras da nosa nación, son os que nos foden cando hai ocasión.

A Patria galega terá nova vida, canto todos falen como Rosalía,

a fala galega ha ser a primeira, pra que Galicia non seña extranxeira.




http://www.youtube.com/watch?v=M04wdUcaBZc


Alexandra Cachafeiro Camiña


Voltar para “Música, cinema e teatro galegos”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante