Página 1 de 1

IRMÂUS!!

Enviado: segunda, 08 set 2008, 18:21
por cachafeiro
Longa noite de pedra


Irmàus


Camiñan ao meu rente moitos homes.
Nonos coñezo. Sonme estranos.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e ti negro e eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos sonos son igoales,
coma un irmáu che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmáu che falo.

Celso Emilio Ferreiro naceu en Celanova no ano 1912
Cando estalou a guerra Celso Emilio foi obrigado a se incorporar ao exército franquista. Estivo condenado a morte e, nas catro noites que pasou na cadea até a familia conseguir o indulto, escribiu "Longa noite de pedra".

Alexandra Cachafeiro Camiña

IRMÂUS!!

Enviado: terça, 09 set 2008, 15:15
por cachafeiro
Pra os que queiran gozar este fermoso poema nas inigualables voces de FUXAN VOS VENTOS, aqui déixolles o video



http://www.youtube.com/watch?v=EBFZxhCjgyo



E se queren comentalo ou agradecelo, non hai problema, poden facelo.

Grazas.

Alexandra Cachafeiro Camiña

PD:Teñen que ter paciencia, pois tarda un pouco en cargar o video, pero vale a pena.

IRMÂUS!!

Enviado: domingo, 09 ago 2009, 17:50
por gallaecia
pra que suceda... nunca máis!!!!