OS GARCEIRAS

Para falarmos sobre a música galega (tradicional e moderna), os grupos, artistas, compositores... Tamén sobre as películas feitas en Galicia, sobre os actores e directores galegos, etc. Incluimos neste foro tamén as conversas sobre teatro galego.
lopez
Ex-membro
Mensagens: 478
Registado: sábado, 19 out 2002, 23:00

OS GARCEIRAS

Mensagempor lopez » domingo, 07 set 2008, 15:56

IMPORTANCIA DE "OS GARCEIRAS" NA MÚSICA TRADICIONAL DA GAITA
(Por Xosé Domingos Fuciños)
É mérito moi grande, xa que en tempos difíciles (guerra e posguerra) cando a cultura tradicional pasou por unha longa noite de pedra, eles termaron e divulgaron a nosa música tradicional.

OS GARCEIRAS tiñan o sobrio estilo de montaña do interior da Galiza. Cunha afinación exquisita e unha forza expresiva (gaitas en Si b e uso da ronqueta),tiñan sona de encher o ar coa nosa música dun xeito forte, e cun estilo sobrio, liso, máis ó tempo elegante. Nos concursos sempre levaron moi ben preparadas as partituras obrigatorias e contaron con grandes músicos asesores:D. Pastor Barral Camoiras, Emilio Otero Val, D. Andrés Sampayo Sixto etc.

Colaboraron cos colectivos culturais melidáns, grupos de teatro, coro "Aires de Melide", Festas Sta. Marta de Goretti.
De Gabriel digamos que, ademais de constructor, foi animador, mestre e director de "Froito Novo" e espello de moitos gaiteiros.Tamén a "Terra de Melide" débelles a "OS GARCEIRAS" o levaren o nome de Melide como os nosos mellores embaixadores.





GABRIEL MATO VARELA "GARCEIRAS"

O GAITEIRO DOS DEDOS MÁXICOS

Gabriel "Garceiras" naceu no ano 1922 no lugar de Garceiras (Santa María dos Ánxeles), viviu na Vista Alegre, Melide, pero de contado voltou para a súa parroquia natal.

Dotado dunha grande intelixencia natural e habilidade o traballo da madeira, fixo dende zocos ata, xa logo, as súas preciosas gaitas. Nun principio cun torno de pedal (que doou ao Museo Terra de Melide) e logo xa cun torno eléctrico.A súa faceta máis importante foi a de gaiteiro, pero coa categoría de MESTRE.

Gabriel "Garceiras" pasará á historia da música tradicional galega como un gaiteiro dos de antes, rexo, cuns dedos prodixiosos que arrincaban as notas máis fermosas que se lle poden sacar a un punteiro, e cunha afinación perfecta sempre na compaña de ronco e ronqueta, que soubo durante corenta anos leva-lo seu grupo ás cotas máis altas do nivel de interpretación da música tradicional, naquela Galiza dos 70 onde os gaiteiros escaseaban e non vivían nas condicións actuais.

Cunhas condicións excepcionais para a música, tocou o clarinete na Orquestra do Zapateiro e foi alma do grupo "Os Garceiras" educando ós seus irmáns e compañeiros de grupo para acadaren ese estilo interpretativo sobrio, da "Montaña". Cando ían tocar por cidades, vilas e aldeas, xa pola forza das gaitas e afinación, os veciños sen velos, sabían que eran "OS GARCEIRAS de Melide".

Foi dos bos e xenerosos da Xeración de Ricardo Portela, Oliveira, dos Morenos de Lavadores, dos Campaneiros de Solobeira - Vilagarcía - e tantos outros importantes gaiteiros, tamborileiros, pandeireteiras-os espallados pola fermosa xeografía musical da nosa terra galega.Home humilde e bondadoso, pero con chispa, foi paciente coma un ermitaño para sacar a "FROITO NOVO" como un grande grupo de gaitas.

Quedará perpetuada na nosa memoria a figura dunha persoa amable, de afable conversa, e un ronsel de música tradicional que seguirá a surcar a nosa terra e alén dela, sen desfacerse endexamais.

Xosé Vázquez Pintor dedicoulle a Gabriel este poema o día da homenaxe a "OS GARCEIRAS" en agosto do ano 92:

GAITEIRO GABRIEL
http://www.treixadura.com/galego/asnosas2.html

lopez
Ex-membro
Mensagens: 478
Registado: sábado, 19 out 2002, 23:00

OS GARCEIRAS

Mensagempor lopez » domingo, 07 set 2008, 15:58

En harmonía co sol e en toda circunstancia
mides o rostro do país en légoas
e proclamas a atención do sangue, ese retorno
da danza, a maxia, o brinquedo corazón que leva
lonxe lonxe a memoria de nós conforme avanza
alegre onde nos nace
esa mau amiga de Gabriel abrindo o buxo
aos paxaros sen fin, que sempre cantan.

lopez
Ex-membro
Mensagens: 478
Registado: sábado, 19 out 2002, 23:00

OS GARCEIRAS

Mensagempor lopez » domingo, 07 set 2008, 16:00

O nome de GARCEIRAS venlles por onde foron nados, lugar do mesmo nome da parroquia de Santa María de Os Ànxeles, Concello de Melide.Os pais dos irmáns Mato-Varela, a Sra Ermitas e o Sr. Cándido, tiveron oito fillos, seis varóns e dúas mulleres.
Foto recente do grupo
No ano 1934 Gabriel Mato Varela (alma máter deste grupo) cos seus irmáns Arturo e Suso comezaron a dar as súas primeiras notas nuns vellos punteiros. Mais tarde no ano 1938 sumáronselles outros tres irmáns: Ramón, Xosé e Emilio co que quedou constituído o grupo "IRMÁNS GARCEIRAS".

Dende o ano 1944 os contratos sucedíanse con periódicafrecuencia, ata os primeiros anos dos cincuenta en que, por mor do traballo e a emigración, o grupo contou con músicos coma: Manuel Rúa, Xesús González, Santiago Cea, Enrique dos Ánxeles, Antonio e Cándido Blanco, Xosé de "Martiño", Antonio "Silvela", Luis e Moncho Mato (fillos de Suso),Enrique "O Rubio" e Eduardo Costolla.

Debido a calidade interpretativa que foron acadando, xunto cunha perfecta afinación e o renome que xa tiñan fóronse presentando ós diversos concursos de gaiteiros que se organizaban nas principais cidades galegas acadando sempre os primeiros premios e distintos galardóns.

No ano 1968 gravaron un disco de longa duración que tivo un grande éxito e foi reeditado sucesivas veces en casetes.
Rey de Viana, nos albores de "Ballet Galego" contou coa colaboración dos Garceiras.

lopez
Ex-membro
Mensagens: 478
Registado: sábado, 19 out 2002, 23:00

OS GARCEIRAS

Mensagempor lopez » domingo, 07 set 2008, 16:29



Voltar para “Música, cinema e teatro galegos”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes