Página 1 de 1

Recuperemos a memoria!!

Enviado: sexta, 15 ago 2008, 16:04
por cachafeiro
Fragmentos dun poema de Rosalía de Castro (as partes que foron adaptadas por Amancio Prada), quen foi membro honorífico dunha asociación benéfica da Habana (entón provincia española de ultramar) dedicada á emigración galega. Recuperemos memoria:


¡Pra Habana!




Vendéronlle os bois,
vendéronlle as vacas,
o pote do caldo
i a manta da cama.

Véndéronlle o carro
i as leiras que tiña,
deixárono soio,
coa roupa vestida.

María, eu son mozo,
pedir non me é dado,
eu vou polo mundo
pra ver de ganalo.

Galicia está probe,
i á Habana me vou...
¡Adios, adios, prendas
do meu corazón!
¡Ánimo, compañeiros!
Toda a terra é dos homes.
Aquel que non veu nunca máis que a propria,
a iñorancia o consome.

¡Ánimo! ¡A quen se muda Dios o axuda!
¡E anque ora vamos de Galicia lonxe,
verés des que tornemos
o que medrano os robres!

¡E anque ora vamos de Galicia lonxe,
verés des que tornemos
o que medrano os robres!

¡Ánimo, compañeiros!
Toda a terra é dos homes.

Mañán é o día grande, ¡á mar amigos!
i Mañán, Dios nos acoche!
¡No sembrante a alegría,
no corazón o esforzo,
i a campana harmoniosa da esperanza,
lonxe, tocando a morto!

Este vaise i aquel vaise,
e todos, todos se van,

Galicia, sin homes quedas
que te poidan traballar.

Tés, en cambio, orfos e orfas
e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non tén pais.

E tés corazóns que sufren
longas ausencias mortás,
viudas de vivos e mortos
que ninguén consolará.

Viudas de vivos e mortos
que ninguén consolará.



é unha fermosa canciòn , espero gústelles !!!

Alexandra Cachafeiro Camiña

Recuperemos a memoria!!

Enviado: quarta, 20 ago 2008, 01:07
por lopez
Y a quien le guste las musicas gallegas, seencuentram muchas em http://www.crtvg.es/rg/directos/#