COPLAS GALEGAS!!!!!

Para falarmos sobre a música galega (tradicional e moderna), os grupos, artistas, compositores... Tamén sobre as películas feitas en Galicia, sobre os actores e directores galegos, etc. Incluimos neste foro tamén as conversas sobre teatro galego.
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

COPLAS GALEGAS!!!!!

Mensagempor cachafeiro » sábado, 27 jun 2009, 23:31

A miña nai é de Figueroa, Cerdedo.
Aqui van unhas coplas para ela.

Cerdediño ten a sona
Cerdediño a sona ten,
Cerdediño ten a sona
de cantar e bailar ben.


Cerdediño, Cerdediño
Cerdediño p´rós amores
a fonte na carretera
e San Xoán no medio das torres.


Canteiriños de Cerdedo
veñen polo Paraño arriba
neniñas de Vilapouca
tédelle a carne cocida.


Alexandra Cachafeiro Camiña

latuneiro
Mensagens: 24
Registado: segunda, 05 jan 2009, 23:47

COPLAS GALEGAS!!!!!

Mensagempor latuneiro » sábado, 27 jun 2009, 23:48

Costureiera,
non a queiras.
Non a queiras meu irman,
que ten as pernas tolleitas,
de estar sentada no chan.

Non te cases co ferreiro,
que e muy malo de lavare.
Casate co mariñeiro
que ven lavado do mare.

Unha noite no muiño,
unha noite non e nada.
Unha semaniña enteira,
eso si que e muiñada.

O meu home foi ao muiño,
e veu cheo de fariña.
El muiñeiro no e,
a quen diaño se me arrima?

Eu queríame casare,
miña nai non teño roupa.
Casa miña filla casa,
c`unha perna tapa a outra.

Eu queríame casare,
miña nai dime que e cedo.
Ela como está casada,
non sabe as ganas que eu teño.

Fuches ti, fuches ti;
O que fuches cagar ao palleiro.
Fuches ti, fuches ti;
Que levebas as pallas alí.

A miña casa non quero que veñas,
sempre me fodes, nunca me empreñas.
Ou que non podes, ou que non sabes,
ou que perdiches as habilidades.

Fuches tu, fuches tu;
o que fuches cagar ao palleiro.
Fuches tu, fuches tu;
que levabas as pallas no cu.

.

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

COPLAS GALEGAS!!!!!

Mensagempor cachafeiro » domingo, 28 jun 2009, 02:03

O meu avó Ramon Cachafeiro era de Folgoso, tamben en Cerdedo.
Ao dedícolle esta Muiñeira.

Muiñeira de Forcarei



Oigan señores a historia
Nas montañas do Cebreiro
Dunha rapaciña nova
Que casou con un gaiteiro.

A el chamábanlle Cristobo
Pero un día vendeu a gaita
E a rapaciña choraba
Seica lle facía falta.

-"Ai non chores máis, muller
Porque che vendín a gaita
Vendina porque era vella
E estaba toda estragada"

-"Pois boa cousa fixeches,
¿seica te tentou o demo?
Vaite durmir ó palleiro,
Que eu sen gaita non te quero"

E ó outro día o Cristobo
Vindo de volta para a casa,
Saíulle a muller ó camiño
Por ver se traía a gaita

E así que lle viu a nova,
Botoulle as maos ó punteiro,
E dixo moi contenta ela:
-"Tiruliru meu gaiteiro"

"Esta si que che é ben feita,
Pois parece unha monada,
Vaia punteiro máis fino,
Que cousa máis axustada"

-"Pois esta noite, muller,
habémola tocar un pouco
bailarémo-la jotiña,
se o permite o santo Antonio"

E é que pouco máis
Ten unha ca outra;
Pero o que vale,
É TER GAITA!.

http://www.youtube.com/watch?v=9lNJw1zFRdA


Alexandra

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

COPLAS GALEGAS!!!!!

Mensagempor cachafeiro » segunda, 29 jun 2009, 00:35

Latuneiro, aqui funlle a pedir axuda á miña nai e algo asi acórdase:

Era o viño meu ben, era o viño.

Era o viño que por min falaba.

Era o viño meu ben, era o viño

era o viño que me emborrachaba.

Era o viño meu ben, era o viño,

era viño, que non che era auga.


e tamben estoutra:

Era o viño meu ben era o viño,

era a coisa que eu mais adorava.

Só por morte meu ben só por morte,

só por morte eu o viño deixava.

Era o viño meu ben era o viño,

era viño, que non che era auga.


se alguén se acorda doutra versión, Latuneiro e mais eu, agradecerémosllo.


Alexandra Cachafeiro Camiña

latuneiro
Mensagens: 24
Registado: segunda, 05 jan 2009, 23:47

COPLAS GALEGAS!!!!!

Mensagempor latuneiro » terça, 30 jun 2009, 20:05

Moitas grazas Cachafeiro:
Esta para a tua nai.

Un mes antes de eu nacere
miña nai , ainda iba a feria.
Un cesto cheo de queixos,
ben nevara ou ben chovera.

Empapadiña de auga
desde os pes hasta a cabeza.
Releando e releando
para gañar duas pesetas.

As mulleres de Galicia
son as mais traballadoras...
Van a feira ,fan o caldo,
e tamen son labradoras...


Voltar para “Música, cinema e teatro galegos”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante