Página 1 de 1

FolkAntas 2008

Enviado: quarta, 06 ago 2008, 20:28
por antas
Este ano, a festa folk do Centro Xeográfico de Galicia -en Antas de Ulla- vai ser o día 14 de agosto.
Arredor das dez e media da noite, subirán ao escenario de Antas os grupos Berrogüetto e Ruxe-Ruxe.
Con eles, e con todos vos, emitiremos ondas folkeiras para todo o país.

Hai unha proxecto de Xuntanza de Fillos con este motivo; de xeito que este ano non tedes pretexto para non vir.

Non faltedes!

Imagem

FolkAntas 2008

Enviado: quinta, 07 ago 2008, 07:46
por casdeiro
Conta comigo e con Ana, ho! Habemos facer o imposible por estar alá... No Festigal quedámonos a medio ver aos Berrogüetto e aos Ruxe-Ruxe ha estar moi ben volvelos ver despois do Castañazo Rock de Chantada.

Espero que o cartel sexa atraínte para máis socios e membros e poidamos aproveitar para compartir un bo serán e noitiña alá no centro xeográfico do país.

FolkAntas 2008

Enviado: quinta, 07 ago 2008, 14:07
por xorxelois
Un que está tan lonxe non sente mais que envexa !!!

Mais, Manoel, aproveito para unha inquietude terminolóxica: serán e noitiña (e aínda "luscofusco"), non son a mesma cousa???

Unha aperta dende o sur do continente americano.

Xurxo lois
Bois Aires

FolkAntas 2008

Enviado: quinta, 07 ago 2008, 14:28
por lopez
Em portugues hablamos mucho "luscofusco", nó sabia que tambien se hablava en galego.