Galicia es una mierda!!!!!!!

Para falarmos sobre a música galega (tradicional e moderna), os grupos, artistas, compositores... Tamén sobre as películas feitas en Galicia, sobre os actores e directores galegos, etc. Incluimos neste foro tamén as conversas sobre teatro galego.
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Galicia es una mierda!!!!!!!

Mensagempor casdeiro » terça, 01 jul 2008, 16:35

jorgegustavot Escribeu:No es mucho lo que entiendo del gallego falado y menos cantado, pero el tema en sí me provoca...nauseas...

Pois usa un dicionario, ho!!! Aquí tes parte da letra cantada en galego. O resto, en castelán, non creo que teñas problema.

Teñamos un pouquiño de vergonza antes de criticar o que non entendemos, por favor.

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Galicia es una mierda!!!!!!!

Mensagempor casdeiro » terça, 01 jul 2008, 16:39

Galicia é unha merda? A que o título do disco?

É un título contraditorio porque nós cantamos todo en galego, e ademais imos tocar a sitios nos que seguramente non comparten esa afirmación, pero que o digamos nós non significa que sexa certo... Por iso hai unha compoñente irónica no título, e unha compoñente real, tamén, de que Galiza non é nada, e Galiza será o que a xente con conciencia de construción nacional queira. O título remite primeiro ao tema do autoodio, que aínda segue vixente, e por iso está en español. O autoodio asóciase coa vergonza de falar galego, e está relacionado tamén cun complexo de inferioridade.

Carallo: quérelo máis claro?

Autoodio + retranca + crítica social-nacional + visión dos de fóra = "Galicia es una mierda"

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Galicia es una mierda!!!!!!!

Mensagempor casdeiro » terça, 01 jul 2008, 16:45

jorgegustavot Escribeu:ESTA BIEN YA ENTENDI LO QUE QUIERE DECIR RETRANCA... DE TODAS MANERAS SI QUERES MI OPINION NO ME GUSTA Y SI EN REALIDAD DEFIENDEN LO GALLEGO NI SE NOTA....YA TE DIGO ESTARE VIEJO PARA ENTENDER ESTAS FORMAS DE EXPRESARSE.

Para a túa información son os vellos galegos os que mellor comprenden e practican a retranca. Paréceche cousa de modernos? Pois machiño, acude ao mestre Castelao, le algo de cultura galega, por Deus, antes de nos avergonzar a todos cos teus intolerantes berros de ignorancia.

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Galicia es una mierda!!!!!!!

Mensagempor casdeiro » terça, 01 jul 2008, 16:50

jorgegustavot Escribeu:.Un titulo muy agresivo, yo soy argentino descendiente de gallegos , ahora anda a explicarles a los viejitos gallegos ese titulo a ver que te dicen....me parece que vas a estar horas explicandole tu retranca.....

Por favor, Jorge Gustavo, deixa de poñerte en ridículo. A quen llo hai que explicar é a ti, que polo visto nunca captaches o verdadeiro ser do galego. A eles non creo que llelo teñas que explicar. Ademais non sería xogar limpo sacar fóra de contexto o título: se lles dis que hai unha canción que di que "Galicia es una mierda", dilles a letra enteira, ou mellor deixa que a escoiten eles porque igual co teu galego non llela trasmites correctamente. Dilles que os autores son galegos e galeguistas e logo han comprender... sen necesidade dun curso acelerado de rock bravú.

Se están ao tanto da situación lingüística, social, cultural e politica galega comprenderano moito mellor, claro.

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Galicia es una mierda!!!!!!!

Mensagempor casdeiro » terça, 01 jul 2008, 16:57

Para a educación galega de Jorge Gustavo, velaquí deixo unha mostra caralluda de crítica retranqueira por sobreidentificación. O autor, un dos mellores escritores e xornalistas galegos de hoxendía, Suso de Toro:

Os 20 oprimidos

Por Suso de Toro

É coñecido o drama que vive a lingua inglesa no mundo, acosada e desprezada, perseguida descaradamente polos nacionalistas de aquí ou alí, os seus falantes atopan dificultades doquiera van. Non menos dramática é a situación da lingua castelá, a nosa, a común. Unha lingua que se estendeu polo mundo sen imposición e con benevolencia, grazas a que galegos, cataláns, vascuences e aboríxenes americanos desexaban con vehemencia coñecela, falala e aínda escribila, abandonando os seus torpes e infantís chapurreos pero que hoxe, ai!, vive horas amargas. É certo que os nosos avós falaban a lingua galega, pero facíano sen mala fe, era por ignorancia da lingua común, a verdadeira. Nós hoxe, grazas sexan dadas, falamos e escribimos correctamente o castelán e os nosos fillos xa saben conxugar o pretérito perfecto, "dixen", cando para nós, antes, o perfecto era indefinido, "dixen". Desde a secular ignorancia galega non deixamos de progresar, falaremos ao fin como en Chamberí, "el Madrí ha ganao" (repitan). Aínda que, por culpa da ditosa Constitución que recoñece ás nacionalidades históricas e as súas linguas, e da autonomía aínda vixente, os nosos fillos son obrigados a estudar a lingua autonómica, que non é a común. Menos mal que non é obrigatorio coñecela, a diferenza da verdadeira. (Generalísimo, volve. Estamos orfos, a mercé deses nacionalistas. Antes había un só nacionalismo, o común, e chegábanos!) Pero se na terriña vivimos cuitas que non vivirán as persoas máis sensibles, os mellores, eses intelectuais que padecen no seu Madrid as insidias dos insidiosos nacionalistas. Son intelectuais que teñen a pel máis sensible, as antenas máis alerta e por iso sofren máis e detectan antes as asechanzas á lingua común, a de toda a súa vida. Vinte deles, sen dúbida a vangarda, rebeláronse contra tanto descaro e levantaron a bandeira da verdadeira España, a de sempre. "Non máis ultraxes á lingua común!, Xa abonda!", clamaron e exclamado (ou é "clamaron" e "exclamaron"? Malditos antepasados nosos que tardaron tanto en pasarse á lingua común, transmitíronnos as súas dúbidas e incertezas indefinidas). E é que viven hostigados. Parece ser que cando se achegan a un quiosco de prensa no barrio de Salamanca só achan prensa escrita en linguas que non son a común. Alí están xornais deportivos escritos en catalán, condenados polacos!, diarios xeneralistas escritos en balbuceos vascongados e revistas do corazón no torpe gruñir dos galegos, esa fala de pastorcillos apta para falar aos animais. Cando acenden os seus televisores emerxen linguas non comúns, resúltalles imposible ouvir a un presentador do telexornal ou a un anunciante na lingua común, a boa, a nosa, a verdadeira, a de alí. Están invadidos e acosados. Mesmo a información deportiva está pervertida polos nacionalistas non comúns, aí están as seleccións vascas, catalás, galegas, coas súas bandeiras e as súas exclamacións autonómicas. Que dicir das películas, se até as americanas tradúcenas todas ao galego! Contan que na mesma Praza de Colón, insignia da Hispanidade!, levantaron un gran mastro coas bandeiras das nacionalidades. Todo Madrid está invadido de ideoloxía autonómica e non hai taxista que non che fale vasco nin camareiro que non che conteste en catalán cando un lle inquiere en correcto castelán. Se falas a lingua verdadeira míranche mal e exposche a un desgusto, tal é o encanallamiento ao que se chegou no odio á nosa lingua común. Que non sufran en balde! Pois se sacrifican por nós para que non recaiamos nos vicios dos nosos avós. eles, por non ser cataláns, vascos nin galegos ou por selo pero terse curado os seus antepasados a tempo, non herdaron as nosas máculas, están limpos. Son os comúns, un exemplo a imitar. Escoitemos a súa voz e admiremos o seu xesto gallardo. Alí están no seu Madrid rodeados por autonómicos varios, defendendo a lingua común, hoxe en perigo no mundo como confirman todas as estatísticas. Heroes solitarios necesitan apoio! Asinemos e que saían os nosos vástagos con petos á rúa para recadar fondos solidarios (A culpa é de Zapatero, sábeo ben Rosa Díez).

jorgegustavot
Ex-membro
Mensagens: 165
Registado: terça, 04 mar 2008, 19:23

Galicia es una mierda!!!!!!!

Mensagempor jorgegustavot » terça, 01 jul 2008, 18:38

me molesta bastante la forma en que desautorizas lo que yo expreso, la verdad no creo que ese conjunto punk como ellos mismos se identifican sean la representacion de la cultura gallega y vos tampoco...A mi me parece un titulo agresivo por mas que ellos digan que no quieren decir eso y la musica tampoco me gusta te parezca bien a vos o no!!!La verdad soy libre de opinar lo que me gusta o no!!! Tampoco me pongo en ridiculo y no veo que seas vos quien me lo diga, te parecera a vos eso, a mi no, o vos representas a los miles de gallegos que viven en España y en la diáspora. yo no saco de contexto nada el titulo es clarisimo y asi lo dice, que me decis que lo saco de contexto.!!! Ahora si a vos te representa ese conjunto, cosa tuya, no tenes porque burlarte de lo que yo pienso. Mis intolerantes berros de ignorancia????intolerantes berros de ignorancia son los tuyos que no soportas otra opinion....
Si en algo tenes razon es que llegue aqui buscando mis raices gallegas, la verdad que mis abuelos no practicaban ese tipo de retranca y antes de decir Galicia es una mierda se hubieran quemado la boca.

josecelguti
Mensagens: 5
Registado: quarta, 15 nov 2006, 12:42

Galicia es una mierda!!!!!!!

Mensagempor josecelguti » terça, 01 jul 2008, 20:21

Estimado Jorgegustavot:

No me extraña en absoluto que el tema discurra por estos lados, lo que sí me parece raro es que todavía no te hayas dado cuenta, ya que de la misma forma que hoy, te corrigen, te censuran y te dan a más no poder, fue así hace tiempo y a lo lejos, de manera tal, que muchos de nosotros,
colísteros que nos encontramos en esta página, nos fueramos de la misma forma que entramos, sin dar ni un céntimo por ella y llevándonos solamente lo que nos sirve, que es la cantidad de amigos y gente linda que en ella se encuentra.

No te gastes.... en esta página, si pensás y decís y hacés tal y como al creador de ella le convenga , todo bien, si no es así, chauuuuu, estás listo.

Aparte no te olvides, que tiene un séquito que hace tiempo los comparaban con Alí Babá. Así están, como el penado 14, entre ellos nomás.

Allá ellos.... Nosotros, aunque les pese, seguimos siendo gallegos, y mantenemos esa sangre en nuestras venas y no nos hece ni más ni mejores el hecho de participar entre quienes la van de abiertos a todo, cuando en realidad, son más fachos que el que tiene los yuyos hasta el moño (Gracias a Dios)

anavilat
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 441
Registado: quarta, 17 mai 2006, 14:29

Galicia es una mierda!!!!!!!

Mensagempor anavilat » terça, 01 jul 2008, 21:59

Bueno, o que ai que ler por non ser analfabeto!!!!!!!!
Non sei, non me parece nin medio normal o que esta a pasar.
Facedes de un gran de area unha montaña enteira!!!!!!!!
Sacades de contexto todo o que non vos soe a rosas. Cousa delicada, mimadriña!!!!!!

Jorgegustavot, creo que sabes que nunca tiven ningún problema contigo, que sempre respetei todo o que dixeches e que tan só unha vez intervin para comentarche algo que non me gustaba. Hoxe cando vin a túa mensaxe, escrita en maiúsculas, non me gustou nada, pero nadiña, por que non sei se sabes que escribir en maiúsculas e como esta berrando con alguén, máis non che dixen nada e deixeino pasar. Pero non me gusta a maneira que tes de enfrentarte a Casdeiro, non creo que estivese a desautorizar nada do que ti expresabas nos teus comentarios... non sei se te das conta de que o que fixo, foi o mesmo que eu intentei explicarche... que é a retranca. De verdade, que me parece penoso que un debate tan bó como se podia quitar de este tema leve este camiño.
Sempre levamos as cousas a terreos persoais e asi non se aprende nunca... nunca deixamos lugar a razoamentos... sempre son; porque feriches os meus sentimentos, porque tentaches menosprezarme, porque non me gusta como dis as cousas (realmente sabedes como di ou quere expresar algo o que esta detrás da pantalla?, acaso sodes seres máxicos que teñen unha ventaiña para saber a maldade que levan os escritos sen faciana?)

Saúdos.

anavilat
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 441
Registado: quarta, 17 mai 2006, 14:29

Galicia es una mierda!!!!!!!

Mensagempor anavilat » terça, 01 jul 2008, 22:22

josecelguti Escribeu:Estimado Jorgegustavot:

No me extraña en absoluto que el tema discurra por estos lados,


Claro con xente coma ti intervindo,
que en vez de paz buscan meter máis cicaña!!!!

josecelguti Escribeu:lo que sí me parece raro es que todavía no te hayas dado cuenta, ya que de la misma forma que hoy, te corrigen, te censuran y te dan a más no poder, fue así hace tiempo y a lo lejos,


Non creo que Jorgegustavot, precise de ti para que lle abras os ollos... leva o tempo suficiente aqui como para darse conta de moitas cousas, e se tan malos malisimos somos, non sei como é que non ten marchado xa. Non sera que se sinte a gusto!?!?!?!

josecelguti Escribeu:de manera tal, que muchos de nosotros,
colísteros que nos encontramos en esta página, nos fueramos de la misma forma que entramos, sin dar ni un céntimo por ella


E se te marchaches, como é que ainda te vexo por aqui!?!?!? e po lo que vexo con ganas de máis!?!?!?

josecelguti Escribeu:que es la cantidad de amigos y gente linda que en ella se encuentra.


Ai si que che teño que dar a razón, por unha vez!!!!

josecelguti Escribeu:No te gastes.... en esta página, si pensás y decís y hacés tal y como al creador de ella le convenga , todo bien, si no es así, chauuuuu, estás listo.


Que noxo me dan este tipo de comentarios sen pés nin cabeza!!!!!!!!!!!!!!
A ver se por unha vez na vida, abres os ollos!!!!!!!!!! Fillos non é un.. somos milleiros!!!!!

josecelguti Escribeu:Aparte no te olvides, que tiene un séquito que hace tiempo los comparaban con Alí Babá. Así están, como el penado 14, entre ellos nomás.



Que engañado vives!!!!!!!!!!! E si, encantame ser parte de ese sequito de Alí Babá, formamos parte de unha grande familia!!!!!!!!!!

josecelguti Escribeu:Allá ellos.... Nosotros, aunque les pese, seguimos siendo gallegos, y mantenemos esa sangre en nuestras venas y no nos hece ni más ni mejores el hecho de participar entre quienes la van de abiertos a todo, cuando en realidad, son más fachos que el que tiene los yuyos hasta el moño (Gracias a Dios)

E que queres que che diga para rematar!?!?!?!
Alá ti, e que che vai ben!!!!
E a ver se é verdade eso de que vas e non volves!!!!!!!!!!! Que co tempo que levas despedindote xa van sendo horas de que marches!!!!

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Galicia es una mierda!!!!!!!

Mensagempor casdeiro » quarta, 02 jul 2008, 10:42

Alí Babá?!?!?

José, estás chamado ladrón a alguén? Porque se é así non te andes polas ponlas e dío, ho.


Voltar para “Música, cinema e teatro galegos”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante