1ro. Congreso Latinoamericano s/ Trata y Tráfico de Persoas

Para falarmos sobre a música galega (tradicional e moderna), os grupos, artistas, compositores... Tamén sobre as películas feitas en Galicia, sobre os actores e directores galegos, etc. Incluimos neste foro tamén as conversas sobre teatro galego.
grafondo
Mensagens: 23
Registado: terça, 06 set 2005, 04:53

1ro. Congreso Latinoamericano s/ Trata y Tráfico de Persoas

Mensagempor grafondo » segunda, 02 jun 2008, 14:26

Vai levarse a cabo na Arxentina o Primeiro Congreso Latinoamericano sobre Trata e Tráfico de Persoas

Faculdade de Ciencias Sociais, Universidade de Bos Aires, Arxentina

4, 5 e 6 de xuño de 2008


O comité organizador do Primeiro Congreso Latinoamericano sobre Trata e Tráfico de Persoas desexa informar-lles que o mesmo levarase a cabo os dias 4, 5 e 6 de xuño de 2008 na Faculdade de Ciencias Sociais -na Sede do Parque Centenario- Ramos Mejía 841, da Cidade de Bos Aires, Arxentina.

Este Congreso fundacional, que contará coa presenza de importantes especialistas internacionais do ámbito académico, institucional, social, político, etc., asi como coa participación de estudantes e estudantas e público en xeral, ten por finalidade facer visíbel a problemática da trata e o tráfico de seres humanos a escala mundial, con especial fincapé no caso Latinoamericano.

Por outra banda, tamén intenta destacar e estabelecer un debate tendente á loitar contra este terríbel flaxelo. Por iso, o abordaxe de estudo deste Congreso, está centrado na perspectiva de xénero e os problemas de violencia física e simbólica, que fan que principalmente as mulleres, e as nenas e nenos en situación de pobreza e vulnerabilidade, sexan transformados en obxectos susceptíbeis de mercantilización.

Por isto último, apelamos ao compromiso de toda a sociedade neste debate, que á sua vez, é unha forma de tomar conciencia do problema para transformar a situación de desigualdade social e sexual á que se ve sometida unha parte importante da nosa humanidade.



Programa do Congreso:
http://congresotrata2008.wordpress.com/mesas-y-paneles/

Auspicia: Foeminas Revista Virtual de Xénero da Casa da Muller do Concello de Lugo

Cobertura gráfica do Congreso: www.foeminas.lugo.es


Ver tamén: http://www.blogoteca.com/xuntanza/index.php?cod=40350

Voltar para “Música, cinema e teatro galegos”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes