Página 1 de 1

11 de agosto Festival FolkAntas

Enviado: sexta, 03 ago 2007, 19:36
por antas
Resulta para min un pracer poder anunciarvos neste foro, a celebración da IVª Edición do Festival FolkAntas, que terá lugar na vila luguesa de Antas de Ulla.
O Festival Folk será este ano o día 11 de agosto, con un cartel de luxo:

- Xochilmica
- Milladoiro
- Cuchufellos

Un extraordinario pretexto para visitar o Centro Xeográfico de Galiza, á vez que disfrutamos da esencia das nosas músicas.

(Se queredes ver o cartaz, botádelle un ollo a http://www.festivalfolkantas.blogspot.com )

Unha aperta e...vémonos en Antas de Ulla!!!!

11 de agosto Festival FolkAntas

Enviado: sexta, 03 ago 2007, 19:44
por casdeiro
:'-( Que mágoa non estar por alá... e ademais coñecerte por fin en persoa nesa tremenda foliada... Espero que para o ano que vén xa non se me escape... Apertas e que o desfrutedes e sexa todo un éxito esta nova edición.

(E logo por que non insertas aquí a imaxe, así como isto... ) ;-)

Imagem

11 de agosto Festival FolkAntas

Enviado: domingo, 05 ago 2007, 16:57
por antas
Graciñas pola inserción, Manuel.
Á que é bonito o noso logo?.

Casdeiro ten disculpa para non vir este ano; os demáis...todos en Antas o día 11 :-)

E velaquí o cartel:

Imagem
[/img]

11 de agosto Festival FolkAntas

Enviado: segunda, 06 ago 2007, 22:37
por antas
Díxenvos que esta marabilla era de balde?
Comenteivos que a cervexa sabe moito mellor en Antas?
Quén vai faltar?