Página 1 de 1

Quen carallo entende o himno?

Enviado: quinta, 20 dez 2007, 17:41
por casdeiro
Hoxe fanse nin máis nin menos que 100 anos da primeira interpretación do Himno Galego, acontecemento que sucedeu na diáspora, e do cal podemos estar fachendosos (do feito, non digo eu do himno!), e gustaríame aproveitar esa efeméride para falarmos un chisquiño del:

- Que vos trasmite o himno?
- Quen carallo era Breogán tan importante para ser citado 2 veces no himno? En que outro himno se cita 2 veces a algunha personaxe histórica ou lendaria?
- Que pasa polas cabeciñas dos nacionalistas españois (léase PP e PSOE) cando cantan esa parte final de "nación de Breogán"?
- Alguén realmente entende todo o léxico e a retorta gramática?
- Por que o tiveron que reciclar ás présas dun retal dos Pinos (sic) de Pondal, cando se supón que ía escribir un expresamente para ser himno?

Ala, a esbardarllarmos! ;-)

Quen carallo entende o himno?

Enviado: quinta, 20 dez 2007, 17:54
por fridamarga
Concerteza já conheces isto http://www.himnogallego.com/galego.htm colocado por anamp?????

Quen carallo entende o himno?

Enviado: quinta, 20 dez 2007, 17:55
por casdeiro
ah, por certo, como andades algún a preguntar no batepapo, velaquí tedes artigos sobre o himno no portal onde poderedes ver a letra:

http://www.fillos.org/galicia/modules.p ... le&sid=405
http://www.fillos.org/galicia/modules.p ... le&sid=574

Quen carallo entende o himno?

Enviado: quinta, 20 dez 2007, 17:58
por casdeiro
HimnoGallego punto COM(ercial)???? :-D O que faltaba.

Quen carallo entende o himno?

Enviado: quinta, 20 dez 2007, 19:22
por dannycas
Gustame o hino, pero para min pareceme demasiado poético.

Quen carallo entende o himno?

Enviado: sexta, 21 dez 2007, 11:04
por xestor
Paréceme interesante traer aquí a opinión da poetisa Yolanda Castaño:

O himno galego non é orgásmico para Yolanda Castaño
Xornal Galicia | Miércoles, 12 Septiembre, 2007 - 07:06 PM

No saco do himno collen a bandeira e os sinais de identidade. A progresía de Yolanda Castaño di que non se sente identificada con ?ningunha afectación patriótica?. Que non lle ve ?graza ningunha nin a lemas nin a bandeiras?, que non se identifica... que, di ela, ?non me pon?. Esta progresía é tolerante, de ?esquerdas?, ?culta?, ?sensíbel? e ?sublime?.

Séntense, din eles ?ridículos? cantando o himno, malia ter ?letra de poema?. Que aman Galiza, malia o himno e se cadra, a bandeira?

Esta progresía di que ?adoran os poemas sen donos e sen bandeiras?. A progresía anticlerical, porque non se poder ser progresista neste país sen ser anticlerical, din que o himno galego lles lembra demasiado a cando no colexio ?cantábamos cancións de misa que loaban a Cristo?.

Din que non cren que sexa máis valente cantar un himno, nin que se ame con máis forza un lugar por querer cantalo. Remata a alegación anti himno con que prefiren cantar calquera cousa, ?algo de Marful, de Nadadora. Pero himnos non. Paso de himnos? di a poeta, moi chea, Yolanda Castaño na derradeira páxina do Galicia Hoxe do domingo 9 de setembro de 2007.

Esta alegación contra o himno, pobre alegación por certo, é de xente que ?defende? a nosa cultura. O himno, como a bandeira, o idioma, o pasaporte ou o DNI non os temos por cuestións de gusto, de que queden bonitos ou que teñan unha combinación de cores axeitada. Así como o poder constituínte se presupón á Constitución, a dotación duns sinais de identidade non é cuestión de poñelos ou elixilos porque ?quedan ben? son ?bonitos?, ?riman?, ?coñezo a letra?, ?son guais?.

O filósofo inglés Bertón Russell no seu libro Eloxio do coñecemento inútil dicía que despois de coñecer a orixe de certas pequenas laranxas que adoitaba comer, procedentes da China, non lle sabían igual, senón mellor.

A min o himno galego, fillo da emigración, non me sabe igual que a certas poetas ?progres? que gustan máis de Marful ou Nadadora. A bandeira non é branca cunha franxa azul senón, coma as laranxiñas de Russell, representa unha viaxe dentro da miña vida da que aínda non voltei.

Fomos moitos os que aprendemos o himno galego na emigración en América. Fomos moitos os que soubemos que tiñamos un himno e unha bandeira na emigración, moita xente do país descoñecíao. Eu relaciono o himno cunha parte importante dese esforzo de xente que non era da ?progresía? senón da miseria e do analfabetismo que viron a necesidade e importancia de ser na distancia.

Do himno podería eu dicir que mo ensinou, a primeira estrofa, a miña avoa. Lémbroo moi ben. Pero a historia que máis me vén á miña cabeza cando oio o himno galego é a do exiliado político en Venezuela, Manuel Vilariño Santomé que, desterrado nas illas Canarias despois de tres anos na cadea (1936-1939) e do fusilamento dos seus irmáns, marchou nun veleiro durante 80 días con 61 persoas para fuxir da ditadura franquista. Chegado a Venezuela, foi internado no campo de concentración de Guasina, lugar en que recibiu unha cornada dun touro. Era o ano de 1949. Ingresado no hospital, Vilariño recibiu a visita dun misioneiro, o Padre Barral, que se identificou como galego. Vilariño non lle creu. Contoume Vilariño que o Padre Barral empezou a cantar o himno en proba da súa galeguidade (e non a Marful nin a Nadadora), e que el sentiu algo especial e cantou co Padre Barral.

Máis que a Nazón de Breogán, eu vexo a Vilariño, ao Padre Barral, a Castelao na Arxentina. A bandeira tamén a vexo pero a través do que me contara Xosé Sesto en Caracas, cando me narrara que pasara os derradeiros momentos de vida con Alexandre Bóveda rezando na cela; ?Sestiño, ven comigo a rezar?.

A derradeira vontade de Bóveda ao Tribunal fascista que o matou foi que o enterraran coa bandeira galega. O xuíz militar aceptou, mais cando Sesto levou a bandeira do Casino de Pontevedra (a primeira bandeira galega izada en Pontevedra) para envolver o cadáver, impedíronllo os soldados. Contoume que, correndo, foi falar coa que despois sería a súa muller, e bordaron unha bandeira pequeniña e metérona debaixo da chaqueta ensanguentada de Bóveda.

As bandeiras e os himnos teñen iso, en si son letras e trapos, detrás esforzos e vidas de homes e mulleres. A banalización e bananización do noso contorno fai que xa nada se respecte, e dígoo porque sen ir moi lonxe pedía Javier Marías na prensa ?aulas de urbanidade? para os españois que asistían a competencias deportivas internacionais porque ?non sabían respectar os himnos dos países estranxeiros?, aquel que non se respecta a si mesmo, malamente poder respectar aos demais.

A min conmóveme o meu himno, a miña bandeira. Os domingos en Caracas, cando ondeaba baixo o tórrido sol do Caribe pensaba as veces en tantas cousas. A ausencia e a presenza de todo o que pode coller nun anaco de trapo... tantas historias de xente que xa non está connosco fisicamente.

Xurxo Martínez Crespo.

Quen carallo entende o himno?

Enviado: sexta, 21 dez 2007, 11:10
por xestor
Alguén ten as declaracións orixinais da Castaño? Porque nese texto que copie aí están "de segunda man" vía a crítica de Xurxo Martínez.

Quen carallo entende o himno?

Enviado: sábado, 22 dez 2007, 01:19
por codosedo
Hay una leyenda irlandesa que dice que BREOGAN fue un rey celta de galicia.que mandó construir una torre tan alta, que desde ella sus hijos ITH y BILE podian ver una lejana tierra,que era irlanda.ITH viajó hasta alli, y fue asesinado.En venganza sus familiares viajaron a dicha tierra y la conquistaron.Hay historiadores que dicen que dicha torre puede ser la de HERCULES.

Quen carallo entende o himno?

Enviado: domingo, 23 dez 2007, 00:19
por xana
Admin Escribeu:Alguén ten as declaracións orixinais da Castaño? Porque nese texto que copie aí están "de segunda man" vía a crítica de Xurxo Martínez.

Meu dito, meu feito: .

Pasen, pasen?
YOLANDA CASTAÑO

Paso dos himnos

A min os himnos non me gustan. Sinto declaralo con tal rotundidade. Pero por non gustar non me gusta nin o de Ruanda. Non é nada irado, visceral nin con saña ningunha. Non me sinto identificada con ningunha afectación patriota. Non lle vexo graza ningunha nin a lemas nin a bandeiras. Non me identifico. Non me pon. Nos actos paso o trance de que me vexan calar a boca mentres outros/as fan o ­playback ata o "fogar de Breogán, de Breogán, de Breogán" (só aí é cando lle petan, Carlos Blanco dixit, e dixit con boa razón). Pero é que prefiro ese desaire ao ridícula que me sinto cantando un himno, por belo que sexa, aínda que teña letra de poema. Non me vai o dos himnos por moito que me empeñe. Ningún himno. Nin sequera o da miña terra que é a terra que eu amo. Adoro os poemas, sen donos nin bandeiras. Os himnos lémbranme demasiado a cando no colexio cantabamos cancións de misa que louvaban a Cristo. Non creo que sexa valente cantar un himno, nin que se ame con máis forza a un lugar por querer cantalo. Non me sinto orgullosa de cantar himno ningún. Prefiro cantar calquera outra cousa. Algo de Marful, de Nadadora. Pero himnos non. Paso de himnos.

Quen carallo entende o himno?

Enviado: segunda, 24 dez 2007, 14:44
por zasmania
Pois eu gosto do noso himno e por certo, paréceme penoso que Yolanda Castaño fale contra el sen ter, polo menos, un mínimo coñecemento do mesmo, ou iso é o que reflite; lóxico por outra banda, se nos decatamos de que é especialista en filoloxía hispánica, aínda que por aquilo da sonoridade lle guste escribir en galego...
Breogán simboliza o noso celtismo !!! a nosa diferenciación !!!
Manuel Ferreiro é especialosta en textos de pondal e de feito, no himno do cal fixo varios e profudos estudos... sería bó botarelles unha ollada.