¡Terra a nosa!

Para comentar libros galegos e falar de autores, clásicos e modernos.
mary556
Mensagens: 287
Registado: quinta, 20 fev 2003, 00:00

¡Terra a nosa!

Mensagempor mary556 » quinta, 09 ago 2007, 16:44

Releyendo las poesías de nuestra entrañable Rosalía, en contré ésta, que me llega especialmente. "¡Terra a nosa!"


¡TERRA A NOSA!

I

Baixo a prácida sombra dos castaños
do noso bon país;
baixo aquelas frondosas carballeiras
que fan doce o vivir;
cabe a figueira da paterna casa, que anos conta sin fin,
¡qué contos pracenteiros, qué amorosas falas se din alí!
¡Risas que se oien nas seráns tranquilas
do cariñoso abril!
E tamén ¡qué tristísimos adioses
se acostuman a oír!

II


O forno está sin pan, o lar sin leña,
non canta o grilo alí
e se non é coa pena que o consome,
o probe soio está co seu sofrir.
Sin qué comer e sin abrigo tembra, porque os ventos sutils
húmedos inda, silban entre as pedras
i as portas fan xemir.
¡Qué ha de facer, Señor, si o desamparo
ten ó redor de sí!
¿Deixar a terra en que nacéu i a casa
en que espera ter fin?
¡Non,non,que o inverno xa pasóu i a hermosa
primadera vai vir!
¡Xa os árbores abrochan na horta súa,
xa chega o mes de abril,
i anque a torrentes ahove en horas tristes,
en outras o sol ri;
xa a terra pode traballarse; a fame
dos probes vai fuxir!
¡Ai!, O QUE EN TI NACÉU, GALICIA HERMOSA,
QUERRE MORRIR EN TI.

VII

Que te aman os teus fillos...; que os consome
do teu chan se apartar;
que ximen sin consolo, si a outras terras
de lonxe a morar van;
que aló está o corpo nas rexiós alleas
i o esprito sempre acá,
que só viven, só alentan cas lembranzas
do seu país natal
e coa esperanza, coa esperanza ardente
de a Galicia tornar...
E ¡cómo no adorarte deste modo,
santa e querida nai,
cómo non morrer lonxe daquel seio
que mel de meles dá,
i é groria i é contento i é paraíso
no mundo terreal!


Rosalía de Castro
Follas Novas

lopez
Ex-membro
Mensagens: 478
Registado: sábado, 19 out 2002, 23:00

¡Terra a nosa!

Mensagempor lopez » terça, 05 ago 2008, 02:36

¡VIVA GALICIA!
¡Ai terriña, terriña!
Se non fora porque che quero tanto,
íate mandar á merdiña,
porque buscarse a vida aquí
é un espanto.
Pois mentras algúns se saben ben nutrir,
outros pouco menos que andan
a pan pedir.
Quen me dera darlle unha patada a unha pedra
e que quedara esmagada en cartos.
A ver si así entendía ós que lle sobran,
e non quedan fartos.
¡Ai terriña, terriña!
Vasme mandar outravez polo mundo adiante,
desahuciado coma se fora un mangante.
Mentres outros se atiborranm
sen coñece-lo traballo,
eu téñome que largar por non mandalos ó carallo.
¡Ai terriña, terriña!
para vivir nesta terra barrenta,
hai que andar ó vaivén do sol que
máis quenta.
Ou te-la sorte dun lazariño,
e non andar moi tacaño
á hora de solta-lo bolsillo.
Máis, de largarme eu,
non dixo nada a televisión.
E este menda quédase eiquí
que é onde están os grelos e o lacón.
Que fóra daquí non fago nada,
pola miña terriña, Muros
e aquí atibórrome de empanada,
e non teño que pasar morriña nin apuros.

Roque.


http://www.louro.org/eiroaelectronica/poemas/poema3.htm


Voltar para “Literatura galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes