Un libro "Gallego"

Para comentar libros galegos e falar de autores, clásicos e modernos.
anavilat
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 441
Registado: quarta, 17 mai 2006, 14:29

Un libro "Gallego"

Mensagempor anavilat » quarta, 08 ago 2007, 21:40

Non me quixen meter neste berenxenal ata o de agora...
Ata que me tocaron a fibra sensible... son galega, falo galego e estou moi orgullosa de iso... estas son as miñas raices, a herdanza que me deixaron os meus...
Se alguén non entende isto é que non o sinte así, non falo por aqueles que non tiveron quen lle ensinara, pero se tan galegos se sinten un pouquiño de esforzo pola súa parte non viría mal, e non acordarse de que son galegos cando lles convén.
O que non entenda que pregunte e o que non lle guste o galego, pois mira, problema del... a min encantame.
Encantoume o teu escrito, Bershky, de verdade que si, concordo punto por punto con el.
Mil bicos, e morra o conto....

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

Un libro "Gallego"

Mensagempor bershky » quarta, 08 ago 2007, 22:14

    







   
   Fabiana, ola outra vez.

Quero engadir un pormenor moi importante a lembrarmos todos

O Web de Fillos, coma ben ti dis, foi feito para descendentes de galegos.

Xana falao máis acertada : Es una web por y para amantes de Galicia, en el sentido más amplio de la palabra.

E dicir, para os galegos e amantes de Galiza espallados polo orbe terrestre.

- seica pra ti, o mundo é Arxentina, non è?

Olla, os galegos estamos esparexidos polo mundo adiante.
Hainos onde se cadra, soamente aprenderon a lingua do país onde residen, máis o pouco galego que escoitan na casa ( o mesmo que vos pasou a vós, os arxentinos ) Agora quero que penses antes de responderme :

- Que facemos no caso que apareza un sueco-galego e nos esixa de escribirlle na súa lingua?

- Tradúcesllo ti?

Outro exemplo que nos atinxe máis cerca: os galegos residentes no Brasil que non coñecen o castelán... Víchelos reclamar ou esixir?, è por riba hainos que sonche Socios de Fillos.

- tradúceslle ti?

Outro máis, os Socios portugueses , que se sinten identificados connosco e non entenden a vosa lingua, ti víchelos algunha vez abrilo bico por mor do castelán?

a ver logo, se deixades o EGO, pendurado da percha antes de conectarvos?

Repito que escribo galego porque me apaixona, mais tamén por una razón de principios . Estamos nun Web para galegos , e deduzo que os que entran aquí, buscan Galiza na ampla acepción da palabra e Galiza non è Arxentina, Galiza évos o mundo .

Fabiana Escribeu:me alegro que tu abuelo te enseñase el gallego
Meo avó tendeume a man, e eu agarreilla o máis forte que puiden, en vez vós, estamos vola estendendo e fuxindes dela.

Fabiana Escribeu:¿leyó aunque fuese por encima el gallego de bershky?, en donde nos mezcla, gallego, italiano, portugués, ingles, sinceramente no pertenece a la REAL ACADEMIA DA LINGUA GALEGA, y yo no lo critique.
A resposta ía dirixida pra unha cosmopolita, coñecedora de tales linguas
que ela mesma mencionou, e que verdadeiramente a min nin me importaba.



Ducias de bicos, para tódolos amantes da miña fala.

Bershky


Voltar para “Literatura galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 5 visitantes