VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Para falarmos de calquera tema político fóra de Galicia ou Hispanoamérica: guerras, relacións internacionais, imperialismo, mundialización...
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Mensagempor cachafeiro » segunda, 24 ago 2009, 14:29

VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Mobilización para evitar a morte dunha iraniana acusada de adulterio

Amnistía Internacional intenta impedir a lapidación de Sakineh Mohammadi, que leva tres anos presa, acusada de terlle sido infiel á súa parella.

Redacción - 10:30 21/08/2009

Na prisión de Tabriz, no oeste de Irán, leva máis de tres anos Sakineh Mohammadi. Todo o delito que as autoridades lle apoñen a esta muller é ter unha ?relación ilícita?, polo que no seu día xa recibiu 99 lategazos. Poucos meses despois foi tamén acusada de ?adulterio estando casada?. Os xuíces non dubidaron en condenala a morte por lapidación. A pesar de que o seu avogado recorreu a sentenza dúas veces, a súa iniciativa non prosperou.

Dende Amnistía Internacional subliñan que Sakineh sufriu un xuízo inxusto e sen ningunha garantía. A súa defensa presentou un último recurso diante da Comisión de Amnistía e Indulto de Irán, se este órgano non atende a petición, a muller será lapidada.

Paralelamente a este último recurso, Amnistía Internacional ten en marcha unha campaña de sinaturas en liña para pedirlle ao goberno iraní que non permita a execución.


http://www.vieiros.com/nova/76023/mobil ... -adulterio

http://web.es.amnesty.org/iran-lapidaciones/

Alexandra Cachafeiro Camiña

Voltar para “Política internacional”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes