Galicia converterá a gastronomía nun reclamo turístico

Intercambio de receitas da cociña galega de sempre.
Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Galicia converterá a gastronomía nun reclamo turístico

Mensagempor rubi » quarta, 22 jul 2009, 12:45

A Xunta fará das comidas típicas de cada lugar un elemento desestacionalizador

A Xunta de Galicia emprenderá un programa de promoción e difusión de diferentes puntos da xeografía da comunidade a través da gastronomía típica de cada lugar e empregará este aspecto como "elemento desestacionalizador" do turismo. Así o explicou onte a secretaria xeral para Turismo, Carmen Pardo, tras a súa intervención na segunda reunión preparatoria do I Congreso Europeo de Turismo e Gastronomía, que se celebrará en abril en Madrid. O acto, que tivo lugar no Hostal do Reis Católicos de Compostela, serviu para deseñar as liñas de actuación deste evento.

Pardo apuntou os beneficios que a cultura gastronómica pode ter na mellora do turismo que se despraza a Galicia e, sobre todo, como "elemento desestacionalizador", xa que os visitantes poderían acudir á comunidade para degustar diferentes produtos típicos de cada época do ano. Ademais, a secretaria xeral asegurou que o seu departamento "auditará" as festas e celebracións gastronómicas para estudar o seu potencial e a súa distribución e porá en marcha acciones para "estimular a compra e o consumo de produtos galegos".

Pola súa banda, o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, destacou a relevancia da gastronomía na oferta turística de Galicia, ó ser "un recurso de primeira orde que a Consellería debe seguir potenciando". Varela definiu a gastronomía como "un elemento diferencial que temos que pór de relevancia", dixo.


Fuente: www.galiciahoxe.com

Rubí
Buenos Aires-Argentina

Voltar para “Gastronomía”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes