Página 1 de 2

Grelos

Enviado: segunda, 28 jul 2008, 18:54
por crisanto
Ola amigos de Fillos

Quérovos falar un pouco dos grelos, esa verdura que os galegos sabemos aprobeitar dos nabos.

Dos nabos cóllense as "nabizas" que son as follas dos nabos e os "grelos" que son a flor do nabo que ainda non abrollou por completo.
Cando se collen os grelos cortanse ca man a parte alta da flor (unhos 15 cm).Os grelos ó cortalos tamén levan as follas tenras preto do grelo.

Eu teño grelos todo o ano. para iso os merco no xaneiro. Hai a vendelos en mañuzos nas feiras ou nas tendas a un prezo razoable.

Logo de escollelos e lavalos, os escaldo en auga fervente ata que bota a ferver de novo; despois de escurrilos os meto en bolsas de conxelar e cando xa esfriaron van ó conxelador.

Para comelos os preparo deste xeito:

Poño auga a quetar e cando ferve engadolle os grelos conxelados e espero a que volvan a ferver para engadir o sal e unhos chourizos. Con 15 ou 20 minutos xa é dabondo. Logo de escoalos(premelos un pouco para que solten ben a auga), póñense nunha fonte. pícanse un ou dous dentes de allo en láminas e aceitanse ben con oliva. Di a miña mai que o gaiteiro (o aceite) ten que tocar ben.

Cozo unhas patacas en cachelos que acompaño co chourizo e cos grelos.

A min sábenme a gloria ata o amargor dos grelos.

Saudos, apertas e bicos

Fernando

Grelos

Enviado: segunda, 28 jul 2008, 19:12
por anavilat
Miña nai coce os grelos, coas patacas, un anaquiño de touciño (carne de mollar como lle chamabamos meu irmán e eu cando eramos pequenos, que ben sabia aquel touciño esmagado co pan!!!) e os chourizos de carne ou de cebola, unha vez escurridos faille un rústrido de touciño cortado en dadiños e aceite.
Sabe a gloria!!! como dicía miña bisavóa. ;)
Uiiii!!! que fame me esta entrando!!!


Ai moita xente que non lle quita o verde ( non os escoce antes) pero na nosa casa sempre se lle fixo... a min non me gusta o sabor tan forte que teñen se non estan escocidos.
Grazas, crisanto, por lembrarme tantas e tantas tarde apallando os grelos na leira... tempos aqueles!!! agora os días xa non chegan a nada, xa non son coma os de antes!!

Grelos

Enviado: segunda, 28 jul 2008, 23:47
por lopez
Pero Fernando y Ana, eso nó se hace coño. Recordar esas cosas, nó teneis corazon. Eso és matar de morriña a este galego.

Grelos

Enviado: terça, 29 jul 2008, 08:21
por casdeiro
Lopez, se xa non son tan restritivos na alfándega de teu país (que lle pregunten a Marcia!) poderás mercar grelos deshidratados. Haiche unha empresa galega que os comercializa e co seu pouco peso poderías mercalos e desfrutalos no Brasil.

Grelos

Enviado: terça, 29 jul 2008, 17:31
por lopez
Pero mira home, que a miña amiga non me conta nada. Vou ter uña conversa moi seria cando a encontre cara a cara. Nin ao menos me invitou pra sentir o cheiro. Marcia xa me pagarás rsrsrsrsrsrsrsrsr.

Grelos

Enviado: quarta, 30 jul 2008, 23:11
por anavilat
Lopez!!!! Que o conto non che é asi!!! ;)
A pobre da Marcia tampouco catou nin grelos, nin ningunha comida que mandaran de aqui. Os da alfándega (aduana) devolvían os paquetes que lle enviaban dende aquí. O que creo que che quería decir Casdeiro era que comprobases que na alfándega non seguen a ser tan restitivos, por que cando foi o de Marcia non deixaron pasar o paquete.
Pensamos que cos grelos desidratados igual non tes ese problema... o malo vai ser que non che podemos enviar o lacón... pero digo eu que en Brasil tamén haberá porcos!!! ;) e senón esperade as eleccións que seguro que vos van algúns dos nosos politicos galegos X-D

Grelos

Enviado: quarta, 30 jul 2008, 23:39
por lopez
A mi ya me parecia que a Marcinha nó me daria tal disgusto. Claro que ya comi aca en Brasil, o lacon con grelos, que mi madre hacia. Nó tendra el mismo sabor que con los grelos da Galicia, pero de todas las maneras era mui bueno. Mi madre hasta hacia en casa el unto que la da un sabor especial al caldo gallego. De todas las maneras Ana, a ver si consigues que eses politicos nos manden algunas desas cosas de Galicia rsrsrsrsrs. Apertas miña amiga y a Blas y ahora ao teu Manuel.

Grelos

Enviado: quinta, 31 jul 2008, 07:36
por casdeiro
Coido que non vas ter sorte, meu!

vendemos nuestros productos en toda España y Portugal, estando previsto aumentar próximamente nuestra área de ventas a otros paises de la U. E.

...de América nin traza!!! :-( Seica non consideran interesante o mercado da diáspora ou será polas trabas cos envíos de comida?

Veremos maneira de axudarte, ho, que a empresa ten a sede moi pretiño de nós.

Grelos

Enviado: quinta, 31 jul 2008, 07:46
por casdeiro
A empresa que os produce non está cerca (é de Palas de Rei e chámase Milhulloa) pero temos unha que se dedica a distribuir entroutros, este produto.

Grelos

Enviado: sexta, 01 ago 2008, 22:15
por lopez
Bueno, quen non ten can, caza con gato. Gracias Manuel, vou me remediando como podo.