Grelos

Intercambio de receitas da cociña galega de sempre.
lopez
Ex-membro
Mensagens: 478
Registado: sábado, 19 out 2002, 23:00

Grelos

Mensagempor lopez » sábado, 16 ago 2008, 23:02

CALIDADE
Os grelos van ser este ano Indicación Xeográfica Protexida
Medio Rural espera que a UE os inclúa no rexistro comunitario de Denominacións
REDACCIÓN
A Consellería do Medio Rural ten previsto aprobar este ano un regulamento de protección transitoria da Indicación Xeográfica Protexida Grelos de Galicia, co obxectivo de que este produto poida comercializarse con este selo de calidade diferenciada dentro do mercado estatal, á espera de que a UE aprobe a súa inclusión no Rexistro Comunitario das Denominacións de Orixe e Indicacións Xeográficas Protexidas.

Precisamente, coa intención de informar e facer un chamamento a todos os produtores de grelos do País para que se adhiran a esta IXP, a Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria e mais o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal), tamén dependente do Medio Rural, convocan dúas charlas informativas nas zonas de maior concentración de produción deste produto. A primeira delas terá lugar no Centro Comarcal de Ordes, o 27 de agosto ás 17:00 horas, e a outra o xoves 28, no Centro Comarcal da Mariña Central, en Mondoñedo, á mesma hora. Segundo se recolle no prego de prescricións técnicas aprobado pola Xunta, a Indicación Xeográfica Protexida Grelos de Galicia amparará as dúas variedades comerciais rexistradas desta especie: grelos de Santiago e mais globo branco de Lugo, que se poderán distribuír en tres presentacións comerciais: fresco, conxelado e en conserva. A zona xeográfica de produción, transformación e envasado dos grelos certificados abarcará todos os concellos de Galicia.

Responsables da Consellería do Medio Rural amósanse convencidos de que o recoñecemento desta IXP servirá "para incrementar o valor engadido dun dos produtos de horta máis singulares e típicos do noso país, así como para mellorar as rendas da venda".
Publicado en el diário GALICIA HOXE 16/08


Voltar para “Gastronomía”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 5 visitantes