5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente.

A conservación do medio natural galego e os seus recursos, catástrofes ecolóxicas, perigos, etc.
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente.

Mensagempor pilarmabel » sexta, 05 jun 2009, 14:41

Na loita contra a crise ambiental ninguén pode ficar á marxe. Debemos artellar propostas comezando dende o eido local para conquerir reducir os efeitos perniciosos do cambio climático, diminuir a nosa pegada ecolóxica, frear a deterioración dos recursos naturais e a perda da biodiversidade. Todos e todas debemos reaxir e asumir estes obxectivos, comezando por esixir ás administracións unha mudanza substancial das políticas públicas para incoporar criterios e indicadores de sustentabilidade, con compromisos reais cuantificábeis e temporalizados. Neste Día do Medio Ambiente, a cidadanía e as organizacións asinantes comprometémonos a poñer en marcha e seguir desenvolvendo iniciativas contra a actual crise ambiental. As medidas e políticas para facer fronte ao desafío do cambio climático están moi claras. Nós estamos a cumprir, agora tócalles as administracións estar á altura deste desafío para que, outra volta, non sexa a natureza a que acabe pagando a crise.

MANIFESTO DMMA 09: http://www.adega.info/files/DMMA/Manife ... 0final.pdf


Fuente:http://www.adega

Un saludo
Pilar

Voltar para “Ecoloxía en Galicia”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante